Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

25 de Xullo: Castelao Patriota Antifascista
25/07/2006

O presente traballo é un capítulo do ensáio de Manuel Rei Romeu ARTE E VERDADE (a obra de Daniel Castelao) Edicións do Cumio, 1991. Trata-se da primeira monografia sobre toda a obra de Castelao, porén, o importante é que apresenta unha visión do grande patriota afastada da imaxe que o poder nos quixo, e quer, vender: un Castelao artista, moi bon debuxante, un gran humorista,... esquecendo sempre o primordial: un nacionalista galego antifascista.

Produce-nos mágoa e raiva comprobar como o ideoloxismo máis españoleiro asulaga as mentes de muitos galegos que se din de esquerdas, ou mesmo comunistas e independentistas, e non teñen reparos en denigrar a figura de Castelao, tachando-o de direitista!, conservador! e demáis verbas polo estilo.
Que lonxe da realidade, que incapacidade de ter os pes no chan e luxar as mans na terra. Que señoritos pisa verde, iguais aos que Castelao axusticiaba nos seus debuxos e nas suas palvras.

Castelao, ao que todas as organizazóns políticas antifascistas da Guerra Civil chamaban para colaborar nos seus boletíns, desde a CNT até o PCE.

Un nacionalista galego que non tivo reparos en tomar a definizón de nazón da obra do presidente da URSS, Stalin, fuxindo de construzóns sentimentais e advogando por respostas científicas.

1. O compromiso político: “intelectual”/home de acción.

No Adro do Sempre en Galiza (SeG) adiviñase perfectamente que a entrega de Castelao ao activismo político non foi un camiño fácil, mais si unha necesidade de carácter altruísta que debe sentir todo galego. A concienciación galeguizadora e a dignificación política eran as tarefas urxentes a realizar e para iso facian falta homes de coraxe e dignidade, como o próprio Castelao. Non podemos consolarnos cunha postura contemplativa, teorizadora unicamente, xa que “o verdadeiro heroismo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos, pois crear unha doutrina non é apenas outra cousa que facer solitarios filosóficos, como loitar con nemigos no campo da polémica, pode ser, simplesmentes, un xogo de amor propio”.
Avogar por unha política de feitos e non de “promesas eleitoreiras”, unha política honrada ao servizo das clases populares non foi labor doado na galiza dos anos trinta. Mais por conciéncia solidária e altruísta, esta política do “bandullo”, da comenéncia e do egoísmo. Son estes últimos os que se alarman ante a aparición dunha “política honrada”: “A política é unha cochinada e ti mellor estarías na túa casa facendo arte”. Sen conciéncia da realidade social non se defende a língua (“porque esta necesidade non se sinte no bandullo”), non se pode ser patriota, nen ter confianza nunha política “desisnteresada”.
A experiéncia de Castelao en Badaxoz reafírmao na convición de que Galiza só se pode salvar ela mesma “Cun gran partido político nidiamente galego”. O contraste de realidades tan diferentes é unha experiéncia aleccionadora para alviscar a “desventura dos labregos de Galiza, que non son obreiros nin patróns, que non poden avencellar os seus problemas vitaes á preocupación dos grandes partidos de crase”... A capacidade de comprensión nun caso como o extremeño onde se reproduce a contradición traballo asalariado/capital e domínio da terra, non lle deixaria outro remédios que ser socialista. A particularidade de Galiza, non obstante, conleva outra actitude ideolóxica, que Castelao expresa axiomaticamente: “Sendo galego non debo ser máis que galeguista”.
A fin de defender a necesidade do “home de acción”, Castelao resúmenos a curiosa anécdota da catedral de Badaxoz, de marcado carácter simbólico. O organista que non fai uso do órgao nen permite que outros o usen, é como o intelectual que non pon en marcha a sua capacidade para axudar ao povo ao que se debe. O termo intelectual connótase pexorativamente ao situarse no plano da elucubración e da mera teorización e erudición: “eu quixera mello homes de aición, que loitasen polo engrandecimento da nosa Terra, sen medo ao fracaso, nin á censura, nin tansiquera ás pedradas”
Castelao é, en definitiva, unha boa mostra de filósofo da praxe, de home de acción que soubo conxugar teoria e práctica, con entusiasmo e optimismo, mesmo nos intres en que o “imperialismo meseteiro” abria unha fenda no Partido Galeguista dando paso á oportunistas escisión Dereita Galeguista, motivada por “escrupos de caráiter social e relixioso”, a raíz do desastre eleitoral de 1933 e tamén por comodidades persoais ante a “fervenza reacionaria que baixou da meseta castelán” É neste momento ou nas adversas circunstáncias da Guerra Civil e do exílio cando a sua firmeza idolóxica e a sua radicalización patriótica se deixan sentir con máis forza.

2. Nacionalismo.

O concepto de nación, tal e como nos foi legado no córpus doutrinal do SeG, mantén unha completa actualidade e eficácia ideolóxica. A situación, lamentabelmente, non ten mudado sustancialmente: o descoñecimento do feito nacional é moeda corrente entre amplas capas sociais, ao que contribue a maraña terminolóxica ocultadora que manexan adalides da democrácia burguesa española, coa utilización confusionista de rexión, nación, autonomia, nacionalidade histórica, país, etc.
A actitude progresista e libre de prexuízos de Castelao queda de manifesto ao botar man da definición que dá Stalin de nación, porque “é un autor libre de ofuscacións filosóficas”, iso é, afastado de idealismo e abstracción esencialistas:
“Ten Galiza un idioma proprio? Ten território diferente? Ten unha vida económica peculiar? Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha cultura autóctona? Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodetermiñación; é decir, o dereito a gobernar a sua vida. Non esquezamos que todos nós somos antiimperialistas”
Mais, ainda este talante progresita queda claro nos razoamentos conseguintes. En primeiro lugar, ao rexeitar o atributo de raza como factor constitutivo da nación: “A raza non é tansiquera un siño diferencial da nacionalidade, e non se pode fundar ningunha reivindicación nacional (...) invocando caraiterísticas de raza” Outra cousa é que por circunstáncias histórica de auxe do “nacionalsimo” racista e imperialista nos anos vinte e trinta fose oportuna a sustitución polo vocábulo galeguismo como sinónimo do anterior: “Non nos chamamos “nacionalistas” porque esta verba fíxose odiosa nos beizos de quén así se chama e non o é; pero nós seguimos sendo tan “nacionalistas” como en 1918”. Desde unha óptica materializante, claro está, “Para nós a patria non é esa ideia abstracta que defenden os imperialistas. Para nós a patria é un sentimento natural, inspirado en realidades sensibles aos cinco sentidos”.
En segundo lugar, nesta mesma perspectiva nacionalista, non mecanicista, liga o concepto de nación cun contido de clase: “Alí viven do traballo, sofrindo inxusticias, más de dous millóns de labregos e mariñeiros. Para éstes a Terra é unha nación asoballada con dereito a reclamar garnantías para o desenrolo normal da sua vida”. Pese a non ser nengun especialista en economia, a visión de síntese que nos fornece sobre a morfoloxia social do país é diáfana e radical:
“Pode decirse que Galiza é un país precapitalista, povoado por traballadores que viven dun mísero xornal, que eles mesmos sacan da terra ou do mar; sen indústrias dabondo para absorber o escedente de povoación labrega e mariñeira; cun paro forzoso e cun déficit pecuniario constante, que se resolve pacíficamente por meio da emigración. En fin, Galiza ten unha vida diferenciada dentro de Hespaña, cunha morfoloxía social i económica tan peculiares que, por plantear problemas minoritarios, queda sempre ao marxe da Lei xeral do Estado e das preocupacións xeraes que a loita de crases plantea no mundo capitalista”.
Ante a pergunta: que é unha nación?, Castelao invirte intelixentemente a resposta e indícanos que “esa entelequia que se vén chamando “nación hespañola”, non é tal nación. Ou deste outro xeito, non menos contundente: “Os nacionalistas galegos vemos que o Estado hespañol é unha organización teórica, un ente abstracto, sen pés nin cabeza”... O Estado español é un estado plurinacional, mais non se recoñece tal realidade baseada na diversidade, insistindo na teima unitarista. Mesmo se lle esixe ás nacións periféricas, Catalunya, Euzkadi e Galiza a demostración da sua vontade de existiren políticamente, condición que Castelao non considera requisito para a existéncia da nación. Pese a todo, procura en cada realidade histórica a explicación do grao de vontade política que as direréncia. As tres nacións foron asoballadeas violentamente, pero non ao mesmo tempo: Galiza primeiro, no século XV, Catalunya no XVIII e Euzkadi no XIX. Para Castelao o País Vasco era un “feito diferencial” impulsado pola memoria; Catalunya era un “feito” basado na vontade; Galiza era un “feito” creado pola intelixencia e impulsado pola imaxinación. Serian eles, os homes do Partido Galeguista, os primeiros en deixar constáncia da realidade nacional plasmada como feito histórico, compensando asi “o retraso en que collemos a nosa Terra, por culpa dos nosos devanceiros políticos, que non popularizaran as suas doutrinas nin organizaran a forza que debía difundilas”. Esta responsabilidade era a de Brañas e a de todos os rexionalistas que “fuxiron da aición” enon constituíron un partido político.
“Ademais, -razoa insistentemente Castelao- un povo que conserva as suas caracterísitcas diferenciais, como o galego, despois de séculos de violéncia asimilista, non está a demostrar dabondo a sua vontade? Máis ainda, cando nunca se medíu a vontade política do povo español para saber se España debe ou non ser independente! Por outra parte, “Creo que os digo verdade ao afirmar que unha Catalunya sen Barcelona –eso é a nosa Terra- seria un povo con menos vontade política que Galiza”.
Sobraban as razóns para plantexar, tactimente, a necesidade dun Estatuto, rudimento indispensábel para a posta en marcha do país, para a sua dignificación política e económica. Estaba orientado a ser a ferramenta que dese cobertura a un amplo conxunto de reivindicacións: organización territorial de Galiza co protagonismo da parróquia, desapareición do concello rural; transformación do sistema fiscal; supresión das deputacións; garantia de que a terra sexa para quen a traballe; criación e desenrolo de cooperativas “recollendo, no posible, os principios colectivistas da nosa tradición labrega e mariñeira”; regulamentación da edificación rural; transformación do réxime dos bens proprios e comunais para acabar co abandono en que se encontraban; concentración parcelária para evitar a excesiva fragmentación da terra; promoción de cultivos axeitados á fisionomia do agro galego..., etc.
Nun intre en que era preciso maniobrar con habilidade política, Castelao móstrase fiirme partidário da acción posíbel, sen renunciar ao fundamental, ainda que haxa que rebaixar presupostos, xa que “Galiza xa soñou e pensou dabondo”. O nacionalismo é a única posibilidade de salvación, a garantia de progreso, que se basea na riqueza forestal, gandeira e pesqueira, tal e como soña Castelao nunha emocionante síntese, de innegábeis baseamentos literários, ainda en plena Guerra Civil, colofón do Libro I. Por certo, algun esbirro defensor das transnacionais papeleiras, que intentan asentarse na comarca de Ferrol, recentemente apelaba a unha suposta defensa das celulosas por parte de Castelao, plasmada nestes textos, nun alarde de manipulación maquiavélico e deplorábel (La Voz de Galicia, 12-VIII-1990).
As condicións en que se plebiscitou o Estatuto de 1936 e os avatares que acompañaron a sua promulgacion, foron ignominiosos para Galiza, botón de mostra do talante unitarista dos axentes da República de 1931. Incomprensión que raiou no fanatismo máis totalitário algunhas veces, que reflexan as palabras lanzadas contra o noso patriota por un subsecretário de guerra da República: “¡En cuanto termine la guerra o vosotros acabáis con nosotros o nosotros con vosotros!” E aquel home falaba asi porque sabía que eu era galeguista, e desafiábame en nome do seu partido”... Pensamento que deixa traslucir a idea de que “para rexir unha Hespaña única resulta máis lóxico estabelecer unha dictadura persoal que unha democracia parlamentaria”. Non convén esquecer que para os repúblicos a auténtica besta negra eran as nacións periféricas, os Estatutos, neste caso, en definitiva os causantes da Guerra Civil. Ao mellor non está de máis lembrar tamén que, posteriormente, os que máis puxeron en entredito a Ditadura foron os nacionalistas; como polo demais, son os que poñen en entredito na actualidade a democrácia burguesa de corte europeu-occidental inspirada na alternáncia e no bipartidismo.
A conciéncia das limitacións do Estatuto obriga a rexeitar calquer inclinación ou veleidade autonomista en Castelao, que chegou a discurrir desta maneira inequívoca:
“o sistema de Estatutos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e vascos. Galiza, como Cataluña i Euzcadi, é unha nación, e, por conseguinte, ten dereito a federarse con outros povos igoaes a ela; e non recoñecerlle o dereito de autodetermiñación –inclusive para vivir con absoluta independencia- será sempre un acto tiránico e antiliberal”
A idea de superación deste estado de cousas vén da man dunha necesidade de toma de conciéncia por parte dos galegos, co fin de impoñermos respeto, “porque somentes ante un separador me podo eu sentir separatista”.

3. Federalismo, internacionalismo e antiimperialismo.

Posto que só caben duas opción, ou independéncia ou federación (...) considérase inmerso na onda dunha corrente de pensamento moderno, de solidariedade internacionalista, especialmente en voga a partir da primeira Guerra Mundial: “nós cremos que a interdependencia económica dos povos obrigará a constituír enorme federación, nas que o internacionalismo e o nacionalismo atopen, ao mesmo tempo, a súa solución normal”. Isto é, Castelao fai compatíbel a interconexión patriotismo internacionalismo, nunha conxunción de tintes verdadeiramente revolucionários, lonxe das misérias morais do cosmopolitismo. El plantexa a ruína dos estados imperialistas e a abolición do sistema capitalista, como condición prévia ao asentamento do federalismo internacional. Ainda que necesários na evolución do mundo, os estado unitários e imperialistas formáronse por acumulación de vellas nacións orpimidas e sistematicamente torturadas. É esclarecedora, por antieurocéntrica, a censuar que fai dunha Europa artificosa, onde “se deron cita os máis opulentos e corruptores imperios”. A idea duns Estados Unidos Europeos en que matinaba Castelao dista, sen dúbida, un abismo do que hoxe suón a mocroestrutura da CEE, a Europa dos mercaderes. Non hai máis que observar como Galiza ten que sacrificar os seus intereses e prosperidade aos desíginios arbitrários da política española, en aras dun ben comun abstracto, claramente desventaxoso para o sector agrícola-forestal e pesqueiro.
Castelao enxerga temas de pasmosa actualidade, razoando en torno ao problema da independéncia, a miúdo arma de dobre fio, promovida en ocasión pola política imperialista e só por cuestión de oportunismo, por iso non é recomendábel: estimamos que non se trata de facer de cada pequeno povo un Estado soberán, un ser civil independente, para velo dispois convertido en satélited e calisquera gran potencia, escravo de intereses forasteiros”. Podemos pensar, a este respeito, na polítca USA con relación aos kurdos, despois da guerra do Golfo Pérsico, en relación a Eritrea, etc.
Sabedor da coincidéncia entre nacionalismo e socialismo internacional, ambos defensores da “concordia das patrias”, non reparou en sinalar como modelo idóneo para o Estado español a URSS, nunca os Estados Unidos, moi afastados dos ideais de perfección. Mais, é premonitório ao advertir que o éxito da URSS radicará, non tanto no marxismo que alí se aplica, senón fundamentalmente en como se aplica, en saber previamente harmonizar a vida entre as repúblicas que conviven na unión, en respetar a soberania, base da solidariedade dos homes.
Que alternativa contempla Castelao para o Estado español? Pois unha estruturación federal, soberania e relación en pé de igualdade de Galiza, Euzkadi, Catalunya e Castela e unión con Portugal. Simbolicamente engade ao nome de Hespaña “unha letra de máis para facelo respetable aos nosos ollos, pois do seu goberno sóio se nos ocurre decir que é mais odioso por hipócrita que por tiránico. Sacámoslle á verba “España” todo canto ten de prosapia castelán (abonda engadirlle unha H para derivala de Hispania) e con ela abranguemos á Península enteira facéndoa sinónima de Iberia”.

(...)

Sustentando o estado unitário, -arestora tamén, pero de maneira formalmente máis disimulada- como elementos represivos e desencadeantes da Guerra Civil, encóntrase o militarismo, o clericalismo e o semifeudalismo que “representa o orgullo, a soberba e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre da Hespaña centralista”. Caricatura certeira e de elevado valor didáctivo pola sua forza expresiva, sinteticidade e perfecta simetria estrutural. do que se trataba na Guerra Civil –segundo Castelao- non era de extirpar o perigo “rojo”, senón o que se dera en chamar separatismo, que constituia a máis séria ameaza á “intanxible unidade da patria”. Acertadamente Castelao alvisca que a única garantia para lograr unha “España roja”, polo feito de que non se consolidaria, mentres que unha “rota”, ao consolidarse, demostraria basearse nun feito real e necesário. O que lle dá pé a traducir a frase de Calvo Sotelo nestra outra: “Só nunha España roxa subsistiría unha España roxa”. Isto é, noutras palabras, a garantia do direito á soberania nacional é a fase prévia ao socialismo.

4. Os males endémicos derivados do centralismo: caciquismo, emigracion, marxinalidade.

Derivados do Estado unitário e centralista hai, finalmente, unha série de males endémicos como son o caciquismo, a emigración, e a aldraxe sistemática aos galegos, corolário ou consecuéncia do papel marxinal que se lle asignou a Galiza. O caciquismo do home representativo da tribo, en quen o labrego procura amparo, é relativamente inofensivo, segundo Castelao; para extirpalo só fai falta lexislar conforme ás nocesidades de Galiza, xa que “a Lei é decote unha arma para castrar a cibdadanía dos labregos”. Peor é o caciquismo dos “mandóns” da política centralista, criado e fomentado a partir da Restauración como unha “necesidade vital da monarquía e do centralismo, para disimular os xeitos antigos con apariencias de democraia parlamentaria”; e “este caciquismo invertido, que ten as raíces enriba e as ponlas embaixo, é o puntal máis forte do sistema unitario, do que á súa vez, é parásito corruptor”.
As cualidades positivas que o galego ten como indivíduo, non se traducen colectivamente como povo. Asi aparecemos aos ollos do mundo como unha grea resignada e submisa, ainda que individualmente confiemos absolutamente para triunfar na medida das nosas forzas. A emigración é o resultado deste feito e “constitúe unha parte do noso problema económico-social, cicáis o máis acedo”, “¿Que pasóu para que os galegos emigren caladiñamente en vez de protestaren?”. Estando a piques de pisar chan arxentino, en xullo de 1940, Castelao reflexiona sobre a sua experiéncia vital, emblemática como emigrante, para demostrar a fatalidade e involuntariedade deste feito:
“Fai coarenta e cinco anos era un emigrante sen máis anceio que o de atopar a meu pai; agora son un refuxiado político, a quén lle negaron toda carta de cibdadanía. en ámbolos casos non intervén a miña vontade”.
Castelao, que viña de ollar a marxinalidade laboral dos traballadores galegos en Nova York, Filadelfia, Boston, Chicago, San Francisco, Detroit, Lackawana, Guantánamo, La Habana, etc., conclue:
“Vin o trunfo e a derrota de moitos galegos; pero endexamáis ollei a sua felicidade”. Por iso a conclusión a que chega non deixa lugar a ambigüidades: “mais é ben decir xa que a nosa emigración paréceme o erro máis terrible que cometeu Galiza, si é que se trata dun movimento conscente e non dun impulso voluntario e fatal. E ogallá que dispois non sexa dado disculpar aos proprios emigrados, que, apesares do seu fracaso turran por outros emigrantes, falando de prosperidades que nunca cataron”.
A marxinación de Galiza vai asociada ao desprécio que historicamente se sente cara aos galegos e cara ao noso país. A literatura española dos séculos XVII e XVIII é prolífica en aldraxes contra os homes e mulleres galegos, contra a nosa paisaxe, e contra as nosas formas de vida: “Para eles Galiza era un país de salvaxes colonizados, e ningún escritor castelán foi capaz de saír á nosa defensa, cando incluso se defendia aos indios que non se deixaban asimilar”.
En tempos máis recentes, no devir da Guerra Civil foi alcumada de incivilizada por carecermos de tecido industrial, insultos difundidos polos republicanos, que non comprendian nen calibraban a sua responsabilidade na caída de Galiza no bando fascista, esquecendo oa mártires e a valentia dos nosos milicianos. Até tal ponto que nas crónicas de guerra de “El Socialista”, referentes a Astúrias, onde combatian os nosos milicianos, chegou a escreberse: “Los enemigos, como buenos galaicos, en cuanto oyen un tiro de dejan caer monte abajo”. Sen esquecer o alcume de mariscos aos soldados galegos, a tacañeria conxénita, a incapacidade para autogobernarnos, etc.
Isto leva a Castelao a solicitar dos galegos un maior grao de conciéncia sobre o papel que representan en España e no mundo. Esta conciéncia vén da man da necesidade de impormos respeto, chegando mesmo a tronzar os vínculos co resto do Estado.
Na conciéncia de moitos galegos hai un patriotismo sedimentado, encuberto, que se traduce nun apego sentimental á terra, confuso en canto ao obxecto venerado, como sucede co tamborileiro de Cerponzós, que reducia España á imaxe de Galiza. Este patriotismo é preciso avivecelo e facelo consciente, tarefa nada doada despois de catro séculos de colonización e alienación: “Cando foi a Madrid o coro galego de Feixóo levaba consigo un tamborileiro de Cerponzóns, un vello que nunca saíra de Galiza. Cando xa levaban quince días en Madrid, o tamborileiro, apouvigado pola morriña díxolle a Feixóo: “¡Eu quero irme a Hespaña!”.
Con grande confianza nas posibilidades do povo galego, con grande patriotismo mantiña Castelao a sua entrega a fins de 1935, entrega e patriotismo acrecentados coa experiéncia do exílio: “¿Por qué no desterro a verba “patria” é, para nós, máis emotiva que a verba “nación”? ¿Será que a patria emerxe do puro sentimento e a nación non pasa de ser unha realidade obxectiva? (...) A nación é o obxecto amado; a patria é o amor que a nación nos infunde. De tal modo, que sin a conciencia nacional non se comprende o sentimento patriótico”. A este labor exemplar de infundirlle conciéncia nacional ao povo galego dedicou Castelao a sua arte e a sua vida.

5. A língua, a capacidade de existirmos.

Na veira do Miño: -E os da banda d’alá son máis estranxeiros que os de Madrí?
(Non se soubo o que lle respondeu o vello)De entre todos os atributos que concorren na conformación da nación, para Castelao o protagonismo desempéñao o idioma. De tal modo que a existéncia como povo e a capacidade de resisténcia ante a colonización, poden medirse pola extensión e vitalidade do idioma, moi considerábeis no caso do galego, “despois de máis de catro séculos de política asimilista” o que lle permite concluír que “se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma”, no Prólogo a Antre dos séculos de Álvarez Limeses. Queda aquí estabelecido o vínculo indisolúbel entre língua e política, língua e sociedade: “de tódolos vencellos sociais dunha nación, a fala é o primordial i esencial, porque aglutina e caraiteriza ós elementos do grupo e mantén a potencialidade do feito nacional. O apagamento dunha língoa corresponde á dexeneración do povo que a fala e á rendición da súa nacionalidade”... Polo que a defensa da língua própria é una acto de democrácia e unha proba de consciéncia galeguista, aos que non se debe renunciar. En situacións de conflito lingüístico como a que nós vivemos, a renúncia a língua do país conleva a prostración dos indivíduos: “As verbas casteláns, en boca de galegos, son cáseque sempre verbas envilecidas, incapaces de resoaren na concencia dos auténticos galegos; pero tamén hai concencias envilecidas por complexos de inferioridade, sóio capaces de ademiración ante poses decorativas e lingoaxes de teatro”.
Neste proceso glotofásico e diglósico, é fundamentalmente a burguesia a que se pon ao servizo do Estado imperialista, producíndose un divórcio coas clases populares que seguen a falar espontaneamente a língua própria ou se deixan arrastrar mimeticamente pola língua invasora considerada superior, dexenerando en complexos de inferioridade e autoódio. A través das institucións máis representativas da sociedade, ensino, igrexa, administración de xustiza, veiculizouse a españolización e marxinouse o galego. Cábelle unha especial responsabilidade á Igrexa, denunciada como “imperio relixioso”, “ganzúa con que Castela entrou a furto en Galiza, sometendo a nosa eirexa á súa tutela e impóndonos dende o altar a língoa, a cultura, a intransixencia e o fanatismo dos casteláns”.
A reivindicación política, desde unha óptica galeguista, vai ligada á defensa da língua e á construción dunha literatura nacional, responsabilidade da que, por forza, quedaron exentas as clases populares: “As vítimas do bilingoísmo –os que calaron i enmudeceron para producir un silenzo literario de tres séculos- foron as camadas inteleituaes, que non estimaban as verbas vivas do seu falar e ademiraban as verbas mortas do seu escrebir”.
O conservarmos viva a nosa língua débese ás clases populares, como tamén a nosa identidade, xa que “si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. A sorte de Galiza vai unida á sorte que corra o galego: “Ben saben os centralistas que a domiñación de Galiza endexamáis será efeitiva antramentras fale un idioma diferente do castelán”.
Para Castelao é unha evidéncia a relación de igualdade entre todos os idiomas que existen, a maiores da consideración que lles dea polas circunstáncias concretas que vive o país que fala unha língua determinada. A artimaña da política imperialista, consistíu a miúdo, en considerar o galego dialecto do español para asi mellor deglutilo e fagocitalo. Non sendo lingüísta especializado, argumenta con verdadeira perspicácia, actualidade e coñecimento de causa: “cientificamente, desde unha perspectiva diacrónica, a través do tempo, non hai problemas en considerar, por exemplo, todas as línguas románicas dialectos do latín, do que proveñen e depende; agora ben, sincronicamente, nun plano horizontal, son todas iguais, estabelecen unha relación de contraternidade”.
-Decías que eras probe e tiñas unha vaca, eh?Con relación á política liberal dos republicanos, que desexaban o confinamento ao ghetto ou, todo o máis o trato de amparo á espécie en extinción, Castelao é contundente: “Era preciso que as língoas e culturas rexionaes (somentes é nacional a língua de Castela) viviran en campos de concentración ou sometidas ao xeneroso trato que a política liberal de Norte-América concede aos seus indios”...
Non deixa de ser preciso e contundente cos que cuestionan a utilidade e validez universais do galego, porque non serve para emigrar: a ventaxa, ademais de non estar na emigración, non está na “superioridade” do idioma que se fala, senón noo que se sabe, no que se di e no que se fai.
Con sarcasmo caricaturiza e desenmarscara aos intelectuais españois da segunda República, que estigmatizaban o galego como “língoa rústica”, que “morreu de morte natural”, sen que ninguén ditase a sua defunción, nun alarde democratista e liberal de puro cinismo. Movéndose no terro dos feitos, das realidades e non da teoria ou das suposicións, non é difícil aproximarse á verdade:
“Nós imos supor que non se dictou ningunha ordenanza real prohibindo a língoa galega nos documentos públicos; pero é indiscutible que soio eran válidos os documentdos redactados en idioma castelán, na língoa oficial de Hespaña. Nós impos supor que endexamáis se dixese “fica prohibido usar o galego”; pero é indiscutible que sóio se ensinou o castelán nas escolas e que os galegos non podían escrebir e leer o idioma que falaban. ¿Houbo ou non unha política asimilista?”.
Moitos prexuízos que se verquen e se acumulan sobre os idiomas, non están fundados nas características destes, senón que estan motivados polos preconceitos ideolóxicos dos indivíduos carne de canón de asimilación. Tal é o tópico do idioma universal, asentado no mito da torre de Babel, mera xustificación dos que queren a morte do galego e ante todo defenden o español, iso si facendo gala de cosmopolitismo:
“Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: Un can de Turquia oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por qué? Porque os probes animais ainda están no idioma universal”...
Sabido é que Castelao non via mal o estabelecimento dunha língua internacional, -ainda que consciente do utópico que era pola situación de “inmoralidade” que presidia a política internacional e pola pugna entre os estados máis imperialistas- pero aprendida como asignatura.
Consciente tamén de que galego e portugués son a mesma língua, como xa sinalaba o padre Feijóo, recolle o mellor de toda tradición reintegracionista e móstrase partidário dunha postura de achegametno e reintegracion, na perspectiva da alternativa confederal que defendia para o Estado español, onde entraria Portugal, e tamén das ventaxas internacionais que aportaria polo menos cuantitativamente.
A pesar de intuiír a inviabilidade e o fraude dunha alternativa bilingüísta, Castelao non teria reparos en aceptar, tacticamente iso si, un decreto de cooficialidade escolar como o que xa se lle concedera a Catalunya, co fin de sentar as bases para solucionar o problema pedagóxico, decreto que foi torpedeado sistematicamente polo Ministro de Instrucción Pública.

De intransixente calificou Castelao o artigo cuarto da Constitución, en canto discriminaba claramente as línguas periféricas (convén notar que non existe, na filosofia de fondo, diferéncia sustancial con relación ao artigo terceiro da Constitución actual). Ao mesmo tampo que denunciaba a non existéncia dunha Cátedra de Língua e Literatura galaico-portuguesa na Universidade galega, cando se acababa de crear en Madrid, paradoxicamente.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com