Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Abusos sexuais nas FARC? Outra intoxicación do Império
22/07/2006

Nos últimos meses unha nova frente antiguerrilleira abriu-se paso nos meia imperialistas. Semanários e programas de televisión denunciaban os casos de abusos sexuais na guerrilla máis numerosa de América Latina, as Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia - Exército Popular. De seguido reproducimos algúns fragmentos dunha entrevista que o reporteiro sueco Dick Emanuelsson realizou a Catherine Millér, guerrilleira das FARC-EP.

Montañas de Colómbia. Abril 2005.
Dunha família humilde Catherine Miller incorporou-se á loita armada e á guerrilla das FARC-EP aos 17 anos. Foi detida durante unha mision e pagou dous anos e meio dunha senténcia de cinco anos. Durante o seu permiso non voltou ao cárcere, senón que regresou canda aos seus compañeiros das FARC-EP.

Xa leva 17 anos na loita armada e brilla optimismo mália os duros enfrontamentos militares cun inimigo que foi reforzado nos últimos cinco anos con máis de 150.000 novos soldados, máis un aporte loxístico-militar e tecnolóxico dos EE.UU. sen precedentes no conflito armada e social que vive Colómbia.

Entrevistei a Catherine Miller nun dos campamentos do Bloque Sul das FARC-EP. É delgada, rosto alegre e ten facilidades para o riso. Amostra unha grande sensibilidade, allea ás histórias do horro co que son descritos os guerrilleiros das FARC-EP na imprensa controlada polo governo do presidente Álvaro Uribe Vélez.
Dick: O primeiro, moi agracecipo por me conceder esta entrevista. Levas bastante tempo aquí no movimento armado. Conta-me de ti. Por que tomaches unha decisión tan drástica como é a de incorporar-te ao movimento, como era a tua infáncia?

Catherine: Eu veño dunha família humilde, como é a procedéncia da meirande parte dos guerrilleiros que decidimos nalgún momento ingresar nas FARC. Meu pai era un empregado do governo e miña mai ama de casa. Fun crecendo no meio das dificuldades e penúrias próprias dun fogar pobre onde só entraba o salário de meu pai, e eramos moitos fillos, cinco fillos.

Dick: Cando decides marchar ao monte e que idade tiñas cando colles as armas?

Catherine: A decisión de marchar ao monte non foi dun dia para outro. Eu estaba na loita estudantil e, entón, através dela foi adquirindo coñecimentos máis amplos dalgunhas cousas. Alí coñecín mozas e mozos que eran do campo, ainda que vivian na cidade. Tiñan oportunidade de, ao viver no campo, coñecer a guerrilla persoalmente. Falaban-me exactamente das FARC. Aprendín as causas polas que loitaban eses guerrilleiros, as suas ideas, e iso comezou a motivar-me. Un dia decidín , pois eu queria loitar, subir ao monte a falar cos guerrilleiros. Explicaron-me os seus postulados, os seus estatutos, porque hai normas, unhas normas internas de convivéncia, un regulamento disciplinário que normatiza a nosa vida, o noso compromiso. Eu coñecín todo isto antes de ingresar.

Dick: Non foi, como di a imprensa colombiana, que ti fuches reclutada á forza?

Catherine: Non. Iso non só non é así. Aqui hai moita xente que quer entrar na gueriila mais non reune os requisitos, non se lles permite ingresar. Poden vincular-se a outro tipo de organización nosa, mais non directamente empuñar as armas e ser un guerrilleiro.

Dick: Tes fillos?
Catherine: Non, non teño nenos porque aquí non se pode ter fillos. Puiden te-los, mais decidín que non, porque de ter fillos quixera poder criá-los eu, mimá-los, ve-los crecer... Aquí é complicado, como comprenderás. Bastante pesa o morral, o fusil, as fornituras, todo o que un leva. Na vida dunha guerrilleira non se dan as condicións para ter fillos. Non poderia cumprir as tarefas como combatente, porque nós aquí antes que mulleres somos combatentes. Algunhas guerrilleiras teñen fillos, mais teñen que deixá-los ao coidado da família. (...) Ainda que eu son optimista e coido que a revolución trunfará pronto e terei a oportunidade de facer moitas cousas que agora non podo pola miña condición de guerrilleira.

FORMACIÓN IDEOLÓXICA E POLÍTICA

Dick: As mozas que chegan ao campamento con dezasete, dezaoito anos, que orientación lles podes dar ti, que pasaches pola mesma situación? Conleva moito sacrifício físico e tamén psíquico, é duro estar sempre baixo a tensión de ser atacada pola aviación ou os paramilitares.

Catherine: Xeralmente as mozas que veñen, veñen de extracción campesiña, ainda que tamén hai moitas que veñen das cidades. A maioria é o sector campesiño e cando veñen aquí saben abslutamente todo iso. Xa que no campo colombiano é onde se desenvolve a maior parte do conflito. Elas van sabendo de combates, as suas casas foron bombardeadas. Porque cando o exército bombardea non teñen ese coidado que din ter. O exército bombardea povoacións civís, matan nenos, destruen casas, matan gado e as poucas propriedades dos campesiños son destruidas. A orientación sobre como son os combates, xa que logo, non é tan necesária. O que prima é a orientación ideolóxica e política.

ABUSO SEXUAL NAS FARC-EP?

Dick: O governo de Uriben non só inflou o tema das desercións, tamén se falou moito do tema dos supostos abusos sexuales a guerrilleiras, especialmente nas ciadade. Incluso Amnistia Internacional acusaba ás FARC, non en forma xeral, pero si de casos illados de abusos sexuais no movimento guerrilleiro. Que sabes ti sobre este tema? Escoitaches algunha vez, durante os máis de dezasete anos que levas no movimento, casos de abusos sexuais por parte dos comandantes ou guerrilleiros ? Cais son as sancións de ser esto certo?

Catherine: Iso é totalmente falso, aquí non se ve iso. Aquí a muller é unha combatente máis, a carón dos homes nós somos parte activa na vida política e militar, na vida cotiá de aquí estamos estruturados, aquí a muller ten o mesmo papel que os homes. É dicer, non existe división do traballo específico entre homes e mulleres. Todos facemos o mesmo.
Agora a muller é libre, somos libres, no sentido de que podemos escoller o noso compañeiro. Tamén din os meios que os comandantes abusan do seu rango. Aqui non só non pasa iso. Eu non coñecín casos, mais no caso de que pasara, no caso de que haxa, por exemplo, unha violación, no noso regulamento disiciplinário iso constitue un delicto que acarrea un consello revolucionário de guerra. Neste consello revolucionário a asemblea pode chegar até o fusilamento. Nosoutras temos os nosos compañeiros, e podemos ter unha relacion de parella.

A VIDA EN PARELLA NA GUERRILLA

Dick: Porque aquí hai moitas parellas, viven xuntas nas caletas...

Catherine: Si, nos vivemos co compañeiro, e para nós o fundamental é o amor. Non temos que esixir do compañeiro que pertenza a un clube, que teña vida social, que nos teña que mercar cousas,... Non, iso aquí non é así, porque aquí a organización nos abastece de todo o necesário, a organización reporta-nos todo o necesário para viver. Somo profisionais da revolución.
Non é unha relacion desordenada, devemos cumprir uns pasos acaidos ao noso comportamente disciplinário. Aquí temos o que chamomos asociamento, que é que o compañeiro e a compañeira viven xuntos na mesma caleta e fan unha vida de parella. (...)

Dick: Poden-se-lle facer críticas aos comandantes nas reunións da célula do partido? Porque aquí todos están organizados tamén no Partido Comunista Clandestino, que se reune cada catorce dias, non?

Catherine: Si, por suposto. Ademais os comandantes non poden ser membros de dirección da célula. Alí son como calquer guerrilleiro. Poden-se-lle facer críticas como a calquer outro.

Dick: Mellor dito, é un militante raso?

Catherine: Na célula é un militante raso, a xerarquia militar é xa na estrutura orgánica, mais na célula de partido é un militante raso, porque senón non existiria democrácia e a célula é un organismo democrática ondo un pode expor o que sexa, corrixir-nos mutuamente, superar as dificuldades..., aplicamos os princípios leninistas.

O MACHISMO NON SE ERRADICA DUN DIA PARA OUTRO

Dick: Non pasa como coas mulleres pobres, especialmente nas cidades, que moitas din: "nosoutras dedicamo-nos ao fogar e a cociña, mentres que o home é a persoa que decide no fogar"?

Catherine: Non, non, aquí decidimos por igual!

Dick: Non hai machistas tamén no movimento?

Catherine: O machismo é unha cuestión cultural que ven dos nosos ancestros, iso non se erradica así da noite para o dia. Eu son da opinión particular de que aqúi estamos loitando todos en conxunto, pola construcción do socialismo. Mais se chegamos alí e os homes continuan co seu machismo hai que volver empular os fusís.

Dick: Iso é moi drástico, non?

Catherine: Moi drástico, así terá que ser porque estamos loitando pola liberdade de homes e mulleres, todos en conxunto. Por iso que non nos veñan co conto de que cando nos liberemos do estado, da opresión, as mulleres imos estar subxugadas!
Entrevista publicada o 30 de xuño no portal ANNCOL

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com