Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Chávez viaxa a Bielorrúsia, alentando as relacións entre os estados insubmisos ao Império
23/07/2006

Este domingo 23, o líder bolivariano Hugo Chávez enceta unha estadia de dous dias en Bielorrúsia. Esta antiga república soviética caracterizou-se desde 1994 por manter unha política de independéncia con respeito as pautas marcadas polo imperialismo ianqui. As contiuadas ameazas dos EE.UU. non impediron que o presidente Alexander Lukashenko, que ten a honra de ter proibida a sua entrada no "país das liberdades", conseguira a sua reeleizón no pasado marzo.
Ao contrário que en Ucránia, en Bielorrúsia o imperialismo non foi quen de artellar nengún tipo de "revolución" laranxa. A OTAN, a Unión Europea, o F.M.I., etc., ven como este estado mantén vivas moitas das conquistas da época soviética, levando a cabo unha política que, sen ser socialista, si que vai dirixida ao benefício das clases populares. Tamén preocupa á oligarquia internacional a posición claramente antiimperialista de Bielorrúsia, posición que se fortalece co incremento de relacións con outros países insubmisos. Recentemente, unha delegación bielorrusa visitou Cuba, onde se entrevistou co vice-presidente Raul Castro.
Como preparación desta viaxe, o pasado mes de xuño o irmán de Hugo, Adan Chávez, visitou Minsk, capital bielorrusa. Adan Chávez lanzou a idea da criazón dunha frente mundial antiimperialista, así como a realización dunha conferéncia internacional que servira de tribunal para enxuizar ao criminal Bush.
No tocante á viaxe de Chávez, esta vai encamiñada a aumentar os lazos económicos entre os dous países, especialmente nos sectores automotriz, enerxético e indústria lixeira. Chávez tamén terá tempo para visitar a recén restaurada rede de trincheiras da época da Segunda Guerra Mundial, coñecida como "Liña Stalin", orgullo da resisténcia antifascista de Bielorrúsia. O dirixente venezolano tamén viaxará a Rúsia e a Irán.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com