Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Declaración do voceiro do Ministério de Relacións Exteirores da República Popular Democrática de Corea relativa ao lanzamento dos mísiles
14/07/2006

Os recentes lanzamentos exitosos son parte dos exercícios militares que o noso exército desenvolve regularmente para afortalar as forzas de autodefensa.
Este direito lexítimo, que nos asiste como Estado soberano, non está atado a nengunha lei internacional nen a nengún acordo bilateral ou multilateral, como a Declaración Corea-Xapón de Pyongyang ou a Declaración Conxunta aprovada nas conversas a seis bandas. A RPDC non é membro do Sistema de Control de Tecnoloxia de Mísiles, polo que non está suxeita a este.
En 1999 acordamos cos EE.UU. a suspensión temporal das probas de mísiles de longo alcance. Mais, esta moratória só foi válida namentres durou o periodo de conversas Corea-Xapón.
A administración Bush invalidou todos os acordos que asinou a sua antecesora coa RPDC e rachou por completo o diálogo con esta. Xa en marzo de 2005 anunciamos a invalidez do acordo de suspensión temporal do lanzamento de mísiles.
Acontece outra tanto no caso do cese temporal das probas de lanzamentos de longo alcance, ponto acordado con Xapón na Declaración Corea-Xapón de Pyongyang, aprovada en 2002. Neste documento exteriorizamos a “vontade de alongar a moratória alén de 2003 segundo o espírito do mesmo”. Mais isto tiña como requisitos o estabelecimento de relacións diplomáticas con Xapón e a indemnización por parte deste a Corea polo pasado criminal.
Mália darmos unha completa solución ao “problema do secuestro”, as autoridades xaponesas non cumpriron nengún dos seus deberes, pola contra, internacionalizaron ese asunto somando-se activamente á política hostil dos EE.UU. a Corea.
Deste xeito, ignorando a nosa boa vontade, retrocederon ao ponto de partida das relacións bilaterais.
Baixo estas circunstáncias, é unha grande mostra da nosa magnanimidade interrumpir até a data as probas de mísiles.
A declaración conxunta publicada o 19 de setembro de 2005 nas conversas a 6 bandas estipula os deberes de cada parte para acadar a desnuclearización da Península Coreana.
Porén, en canto se aprobou este documento, os EE.UU. activaron a sanción financeira contra a RPDC, recrudecendo con esta medida a presión.
Ademais, detén por todos os meios o preceso de execución da declaración conxunta con manobras de ameaza e chantaxe como o exercício militar de grande envergadura que tivo como branco á RPDC.
É evidente para todos que baixo estas condicións o noso país non ten motivos para renunciar unilateralmente al lanzamento de mísiles.
Mális ser esto certo, existe a opinión de que o lanzamento de mísiles que o noso exército realiza regularmente con fins de autodefensa agrava a situación rexional e detén a marcha do diálogo, o que resulta absurdo e contrário á realidade.
Cando se racha o equilíbiro das forzas crian-se as condicións para a inestabilidade e a crise, propiciando a guerra. É ista unha lizón da história e a realidade crítica das relacións internacionais, como o demostra a actual situación de Iraq.
Se non tiveramoz poderosas forzas disuasórias de autodefensa, EE.UU., que nomeou á RPDC como “eixo do mal” e “branco de ataque preventivo nuclear” , xa nos teria atacado várias veces, destruindo gravemente a paz rexional.
Así que o desenvolvimento, o ensaio, a producción e o emprazamento de mísiles da RPDC constitue un factor importante para asegurar o equilíbrio das forzas e preservar a paz e a estabilidade na rexión do Nordeste Asiático.
Por outra banda, é absurdo cualificar de provocativo o lanzamnto de mísiles e acusar-nos de non ter avisado previamente. Desde hai un mes, EE.UU. país en belixernáncia e en estado bélico no sentido técnico coa RPDC, anunciaba interceptar, xunto con Xapón, os mísiles que lanzaramos. Polo que seria absurdo que avisaramos con antelación.
Perguntamos aos dous países se nos informaron algunha vez cando lanzaban unha gran cantidade dos seus mísiles nos arredores do noso país.
Como nos comprometimos na Declaración Conxunta do 19 de setembro, é invariável a nosa vontade de acadar pacíficamente a desnuclearización da Península Coreana meiante o diálogo e a negociación.
Deixamos claro que os exercícios de lanzamento de mísiles non teñen nada a ver coa cita a seis bandas.
Como esta vez, o exército coreano seguirá desenvolvendo-os en adiante, como parte do fortalecimento das forzas disuasórias de autodefensa.
Se alguén tenta censurá-lo e exercer presión, non teremos outra opción que tomar medidas de acción física máis duras.

Fonte: Axéncia Telegráfica Central de Corea (ATCC)

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com