Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A escandalosa Mai Teresa de Calcuta
20/07/2006

Resgatamos un artigo de Senén Murias, publicado no número 806 do semanário A Nosa Terra (27-XI-97) e que ven mui a conto nestes momentos onde a Igréxia Católica ocupa muitos dos titulares da imprensa de todo o mundo. Morto o servidor do capital, Xoan Paulo II, os xerárcas do Vaticano veñen de elexeren un novo papa, un antigo voluntário das Xuventudes Hitlerianas. En fin, un outro instrumento da oligarquia. Neste artigo poñen-se encol da mesa as “bondades” desa criazón dos media: Teresa de Calcuta.

A ESCANDALOSA NAI TERESA DE CALCUTA

Acaba de falecer(1) outra santa mediática, grande estrela mundial da caridade e do fundamentalismo conservador desde que en 1975 saltou á fama mundial logo de ser portada da revista norteamericana Time e protagonista dun programa televisivo de Malcolm Muggeridege.

A Nai Teresa realizou efectvamente obras meritórias, abundantemente anunciadas, polas que foi obxecto das máis altas condecoracións e prémios, da axuda dos poderosos, da beizón das autoridades eclesiásticas. Outros católicos contemporáneos (e agnósticos e ateos e persoas doutras confesións), que fixeron unha inequívoca opción polos pobres e marxinados, non tiveron tanta sorte: Helder Cámara, Leonardo Boff, Samuel Ruíz. Algúns, como Monseñor Romero e Ignacio Ellacuría e os seus compañeiros deron a vida pola sua opción de compromiso. Pero non recibiron condecoracións. Recibiron a condea das autoridades eclesiásticas, que a miudo os converteu en presa fácil dos militares e dos escuadróns da morte. Lembran o dedo acusador de Xoán Paulo II contra Ernesto Cardenal axeonllado?

Seguramente, a diferéncia está en que a Nai Teresa se dedicou aos pobres pero nunca denunciou os causantes da probreza; ela practicaba a caridade, e os outros a solidariedade. E non é que a caridade estea mal: a caridade aparece á primeira vista como algo positivo. O problema radica en que a caridade, na súa práctica real, non só non é complementária da solidariedade e da xustiza social, senón que se enfronta veementemente a estas, tal como fixo a própria Nai Teresa. Así practicada, a caridade serve para dar carta de natureza á inxustiza.

Traballadores da axuda humanitária na Índia teñen comentado a frustración que lles causaba este tipo de traballo caritativo (exemplo: as casas para leprosos da Madre Teresa tiñan capacidade para 200 persoas, dos 2 millóns de leprosos existentes na Índia). E, significativamente, moitas axéncias occidentais de axuda ao desenvolvimento non aceptaban financiar as obras da monxa albanesa. Pois a axuda, para ser efeicaz, ten que ser complementária e acompañante doutras medidas.

A CARIDADE NECESITA POBRES.
É evidente que os problemas de opresión, de violéncia colectiva, de aniquilación que padece o Terceiro Mundo requiren sobre todo solucións políticas, desenvolvimento, capacitación: respostas políticas comprometidas, á altura dos graves problemas que se pretenden enfrontar.

A caridade necesita pobres non así a xustiza, que os redime, e fai innecesários os misericordiosos.

Desde a caída do Muro de Berlín e a conseguinte desorientación ideolóxica, asístese a unha verdadeira eclosión nos meios de comunicación do elóxio da caridade e de certas Organizacións Non Guvernamentais. Pero para nada se fala xa da necesidade dunha Nove Orde Económica Internacional. Neste contexto, como di Manuel Vicent, a glorificación mediática en vida e morte da relixiosa de Calcuta e a súa exaltación “polo establecemento capitalista mundial supoñen a consagración planetária da escola económica de Chicago, que reserva aos marxinados da terra os remédios da sopa e policia”.

UN DEUS A MEDIDA DOS PODEROSOS.
A Nai Teresa enfrontábase aos efectos pero non ás causas. Non só nunca puxo en dúbida a orde social e política, senón que combateu todo o proxecto político de loita contra a desigualdade e a inxustiza e expresou repetidamente a súa simpatia polos conservadores e reacionários de América Latina e de Europa. Era unha cristiá exemplar, pero o seu Cristo era o Cristo sofrido e sacrificial que acepta a vontade de Deus e, por conseguinte, “guiábaa un culto á paixón que non intenta evitar o sufrimento e a dor, senón que se reconforta neles”.

Ela consideraba o sofrimento como un don de Deus, e dicía: “Hai algo moi fermoso en ver os pobres aceptar a súa sorte, sofrila como a paixón de Cristo. O mundo gaña moito co seu sufrimento”. Nada ten que ver o seu Cristo co Xesús de Nazaret subversivo que optou polos pobres e denunciou os poderosos como causantes da pobreza e que por iso o mataron. Por algo a súa orde, as Misioneira da Caridade, se estendeu en más de cen países pero non en Latinoamérica: do que ela culpou á “teoloxia da liberación”.

Tivo excelentes relacións cos poderosos e cos ditadores. Lonxe de incomodalos, fixo ostentación dos seus protectores, a un tempo ricos, autoritários e sen escrúpulos. Por exemplo, en 1981 viaxou a Haití para aceptar a Lexión de Honra, a máis alta distinción do país, das mans da cleptocrática família Duvalier, semiproprietária e torturadora do país máis pobre de Iberoamérica. Ela agradeceu a distinción nun discurso entusiasta no que explicou que o ditador Jena-Claude Duvalier (‘Baby Doc’), e a súa muller Michèle non só “amaban os pobres”, senón que ademais eran “adorados por eles”. Noutra ocasión, en 1992, interviu no proceso doutro dos seus amigos, Charles Keating, un dos máis grandes defraudadores da história dos EEUU. A súa estafa no asunto coñecido como o “escándalo das caixas de aforros” norteamericanas permitiulle facerse con 252 millóns de dólares, roubados principalmente a pequenos aforradores. Keating, que conducira anteriormente unha campaña contra a pornografía, oferecéralle á Nai Teresa 1.250.000 dólares e o uso do seu avión privado. A cámbio, a santa mediática non dubidou en usar o seu prestíxio a prol do estafador e enviou unha carta ao tribunal pedíndolle cleméncia para un home que “tiña feito moito por axudar aos pobres”. Un dos procuradores respondeu reclamándolle que devolvera os cartos que recibira de Deating, que proviñan do roubo, pero ela refusou facelo.

FUNDAMENTALISTA RELIXIOSA, ANTIFEMINISTA RADICAL.
A súa sintonia con Xoán Paulo II era total: no seu fundamentalismo relixioso, no seu reacionarismo político, no seu antifeminismo radical. Até o ponto de que o Papa enviouna repetidas veces a lugares problemáticos como representante del, e fixo o papel de voceira papal contra o divórcio e contra a prevención e interrupción do embarazo. Xuntos combateron a “teoloxia da liberación” e outras “herexias progresistas”.

En 1995 celebrouse en Irlanda o referendo para derogar a proibición do divórcio. Era o único país europeo que a mantiña e o asunto resultaba politicamente delicado, xa que coas negociacións do Ulster os protestantes temen un maior control das súas vidas por parte do clero católico. A Nai Teresa, que non era irlandesa, fixo un chamamento a votar “non”. Algúns meses despois, nunha entrevista a Ladies Home Journal, declarou sobre a ruptura matrimonial da súa amiga Lady Diana: “Está ben que se acabara. Ninguén era verdadeiramente feliz”. Como se ve, sermón para os pobres, indulxéncia para os ricos.

PRIORIDADES DUNHA PRÉMIO NOBEL.
Vivía na Índia que, aínda que foi pioneira no uso de anticonceptivos, segue a ter un dramático alto índice de fecundidade e unha alta densidade de povoación. Non obstante, declaraba que “nunca haberá demasiados bebés, porque nunca hai demasiadas flores ou estrelas”.

A caridade xogaba un papel instrumental ao servizo do seu dogmatismo relixioso. Cando ensinaba ao xornalista inglés Christopher Hitchens unha das súas casas de acollida de nenos onde nen se intenta a educación e reabilitación dos rapaces comentoulle: “Vexa vostede, así é como en Bengala loitamos contra o aborto e a contracepción”. Noutra ocasión, nunha conferéncia que pronunciou en Oxford en 1988, dixo que nunca confiaria a adopción dun dos nenos das súas casas a unha muller que abortara ou usara anticoncpetivos, xa que “tal muller non pode amar”. E no discuros que pronunciou ao reicibir o Prémio Nobel da Paz (1979) declarou que a interrupción voluntária do embarazo era “o principal perigo que ameaza a paz mundial” nun mundo onde apenas 500 millóns de persoas viven confortabelmente contra cinco mil millóns de indixentes, onde as fortunas das 358 persoas máis ricas é superior ao ingreso anual dos 2.600 millóns de persoas máis pobres, onde o paradigma neoliberal e as súas consecuéncias fan que o numero de refuxiados polos conflitos pasara de ser dun millón en 1960 a 27 millóns en 1995.

Seguida por un cortexo de reis e dignatários, afastados convenientemente os leprosos e mendigos, deuse sepultura en Calcuta á primeira dama mundial da caridade.

O Vaticano xa anunciou que acelerará os trámites para a súa beatificación (se Monseñor Escrivá de Balaguer fixo milagres, con moita máis razón a Nai Teresa, non si?).
1. Como se aponta ao comezo, o artigo foi publicado en novembro de 1997

Senén Murias, A Nosa Terra, nº 806

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com