Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ianquis, fora as vosas suxas mans de Cuba e Venezuela!
21/07/2006

Cuba e Venezuela, duas revolucións obsesión e pesadelo do Império
"Os cans ladran Sancho, sinal de que cabalgamos", Don Quixote de La Mancha, Miguel de Cervantes.
As revolucións de Cuba e Venezuela son xa fitos históricos da resisténcia dos povos na sua loita contra os planos hexemónicos dos EE.UU que pretenden apropriar-se do mundo, ao facer fracasar todas as conspiracións tramadas polo Império contra a illa da Liberdade e a Pátria de Bolívar para destruí-las xunto aos seus líderes, que hoxe repelen unha nova agresión do "Nerón do século XXI" apoiado polas bandas asasinas de "falcóns" e contrarrevolucionários apátridas.
A máis recente versión do compló imperial é o "Plano de asisténcia para unha Cuba livre", como segunda fase do proxecto elaborado en 2004 pola "Comisión de apoio a unha Cuba Livre", que co-preside condoleezza Rice, secretária de Estado norteamericana, e cuxa aprovación foi anunciada esta segunda feira polo próprio Presidente George W. Bush, conxuntamente co secretário de Comércio estadounidense de orixe cubana, Carlos Gutiérrez.

O informe destaca a oferta de incentivos económicos por 80 millóns de dólares ao hipotético governo de "transición, sen Fidel Castro", que após máis de catro décadas de erradas tentativas conspirativas soña con impor Washington en Cuba a fin de reapropriar-se do país que fora a sua colónia (...) governada através de servís e governantes que lle daban fachada de soberania, en complicidade cunha corrupta oligarquia, que saqueou os restos deixados polo Império.
Ainda máis, co cinismo e prepoténcia que caracteriza ao presidente da primeira poténcia militar e económica do planeta, en clara violación dos máis elementais princípios éticos e morais e das normas do Direito Internacional, Bush II declarou á imprensa que "este novo reporte demostra que estamos traballando activamente polo cámbio en Cuba, non simplesmente agardando o cámbio". Esta afirmación foi ampliada pola rice, quen manifestou que o documento contén "recomendacións sobre como podemos axudar aos que na illa estás dispostos a presionar pola liberdade mália as consecuéncias".

As verbas de bush e Rice reflicten o espírito e letra conspirativos dun "Capítulo secreto" do Informe, que contempla axuda económica para organizacións contrarrevolucionárias integradas por criminais, proxenetas, narcotraficantes, terroristas e outras lacras incrustadas en mal momento na sociedade estadounidense, estimuladas e alimentadas por planos de agresión deseñados e executados polos governos que, apartir do trunfo da revolución cubana en 1959, pasaron pola Casa Branca.

Este exército de apátridas foi convertido nunha gavela de "Loitadores pola Liberdade de Cuba", por efecto da manipulación informativa da verdade, terxiversada por moitos meios grazas á compra de conciéncias feita desde Washington a donos de diários, revistas e emisoras de rádio e TV, e a comunicadores sociais que traicionaron as suas ideas e princípios por un feixe de dólares, en complicidade con governos títeres latinoamericanos e caribeños que ainda sobreviven mália a nova realidade política e social da rexión.

Mais o ódio que destila o Informe da Comisión Imperial, non só está dirixido contra Cuba, senón que tenta salpicar coa sua pozoña a Venezuela, outra nación onde hoxe avanza un proceso revolucionário, inédito e pacífico, despois de se liberar da dependéncia política e económica do Império que explotaba a sua riqueza petroleira en conivéncia con governos corruptos, a oligarquia criolla e unha elite de expertos que en benefício duns poucos, fixeron de PDVSA a empresa que explota o enerxético, un Estado dentro do Estado.
Ese cadro de inxustiza e inequidade social viña apresentando-se desde a independéncia, cando as elites desa época, en complicidade con algúns militares, se adonaron da terra e dos recursos naturais do país recén liberado por Bolívar,e mália os enormes benefícios obtidos polo petróleo apartir de comezos do século XX, que só revertian nas grandes transnacionais, a governantes corruptos e á oligarquia, o povo venezolano continuou amosando níveis alarmantes de pobreza, enfermidade e ignoráncia.

Foi co trunfo de Hugo Chávez Frias, en decembro de 1998, conquistado nas eleizóns máis democráticas e transparentes nunca antes realizadas en Venezuela, que as condicións sociais e económicas do país encetaron a trocar, co nacimento da V República e a aprovación, via referendum popular, dunha nova Carta Maga, a Constitución Bolivariana, instrumento xurídico exemplar que resgatou para o povo venezolano os direitos que durante séculos lles foran roubados.

O seu programa de governo, con énfase no social e no humano, mais sen esquecer os necesários e indispensáveis cámbios en matéria económica, como a procura dun prezo xusto para o petróleo, enerxia que era adquirida a prezos irrisórios polas transnacionais dos EE.UU; a mellora e ampliación da infraestrutura vial e a implementación de inovadores programas sociais en matéria de saude, educación e xerazón de emprego, non foron do gosto do Império por atentar contra dos seus intereses.

Mais foi o seu proxecto de integración rexional, idea considerada ao princípio unha utopia, mais despois feita realidade coa incorporación ao mesmo dun grupo de países irmáns liderados por governantes progresistas e que avanza na sua primeira etapa, a integración enerxética que cedo fará circular por grandes gaseoductos a enerxia por toda América do Sul, o Caribe e Centroamérica, acordou o ódio irracional do Império, por considerá-los "un mal exemplo" para outros povos.

Ainda máis, a estreita amizade e mútua admiración que une a Fidel e Chávez, e as alianzas estratéxicas suscritas polos dous para a implementación de avanzados proxectos como as misións Robinson, Ribas, Sucre, Barrio Adentro e a incorporación de Cuba e Bolíva ao ALBA, a Alternativa Bolivariana para as Américas, criazón de Chávez, foron motivos abondosos para que Bush Jr. e os seus "falcóns" os sinalaran como "obxectivos" a destruir, como tamén as revolucións que lideran.

Isa é a razón polo que o Informe da Comisión de Asisténcia a unha Cuba Libre destaca que "con Hugo Chávez rico en diñeiro do petróleo criou-se a urxéncia de traballar hoxe para asegurar-se de que a transición cubana sexa xenuina e que a estratéxia de sucesión do rexime fracase" e aludindo claramente ao mandatário venezolano, entre os postulados do satánico compromiso figura o "asegurar-se de desalentar a terceiras partes de intervir e frear a vontade dos cubanos".
Cuba e Venezuela rexeitaron enérxicamente o documento, orientado a aniquilar un proceso que non puderon esnafrar, nen ainda nos tempos do seu incício, cando non tiña toda a forza que ten hoxe, nen o apoio co que hoxe conta.

Esa mesma "receita" criminal foi aplicada fallidamente por Washington á revolución bolivariana e ao seu líder, alentando e propiciando un golpe de Estado, sabotaxes e paros petroleiros, invasión de paramilitares colombianos, marchas e até recomendacións de magnicídio contra o Presidente Chávez, apresentada cínica e impunemente por Pat Robertson, orientador espiritual de Bush, así como por Carlos Andrés Pérez e polo actor golpista Orlando Urdaneta.
O governo de La Habana expresou, através dunha nota oficial referida ao Informe de Washington, que a decisión de EE.UU. é "prepotente, bochornosa e violatória do Direito Internacional".

"Como pode apreciar-se, en tan prepotente e bochornosa decisión -sinala o texto do comunicado- do que se trata é de preparar o derrubo dun governo lexítimamente instituido, en aberto desacato ás mais elementais normas do Direito e as relacións internacionais".
Namentres, o mundo agarda a resposta de Fidel, estimando-se que será "demoledora", xa que, coa paixón que pon nos seus discuros cada vez que se pretende agredir á soberania de Cuba, o líder revolucionário seguramente porá ao descuberto, un por un, as escuras partes do documento e, especialmente, aquelas que agachan o "capítulo segredo", onde pululan os anti-valores que Washington propaga para xustificar aos falsos "loitadores pola Liberdade de Cuba".
Chávez non tardou en respostar á insoléncia do Império e, ás poucas horas de coñecer o contido do Informe, manifestou que "o Imperialismo non ameaza só a Cuba, senón tamén aos países que tenten apoiar a Cuba revolucionária" e retando á prepoténcia dos direxentes ianquis que expresaron que un dos postulados do compromiso dos EE.UU. é o de asegurar desalentar a terceiras partes de intervir e frear a vontade dos cubanos (os contrarrevolucionários, lóxicamente) dixo:
"Agora é cando Venezuela apoiará á revolución cubana e por moi poderoso que se pense o Império, non acadará desalentar-nos. Non haberá Império que nos desaliente e que rache a nosa alianza estratéxica coa Cuba Revolucionária. Cada dia estamos máis alentados", asegurou.
Chávez insistiu nas suas críticas aos governantes estadounidenses, ao manifestar que "EE.UU. deveria realizar, se quer salvar a sua própria continuidade, unha operación de replegue estratéxico. Non hai peor cego que o que non quer ver", engadiu, e ao falar sobre a saúde do seu amigo Fidel, quen segundo "expertos" da Intelixéncia ianqui, padece Parkinson, procedeu a corrixí-los como xa o fixera o próprio mandatário cubano, que, para vergonza dos falsos médicos, amosou ante as pantallas de TV a firmeza do seu pulso.
"Conversei recentemente várias horas con Fidel e, pésie á chegada dos 80 anos, vin-no máis forte e animado que nunca", asegurou Chávez, que devolveu como un bumerang a ameaza lanzada por quen pretenderon desalentá-lo e que agora son os próprios desalentos, ao comprobar como, máis unha vez, se dilue o seu soño de meio século, de volver anexar a Cuba aos EE.UU, unha infámia que non poderá repetir-se porque o impeden dous povos e duas revolucións, obsesión e pesadelo do Império.

Hernán Mena Cifuentes.
Publicado o 13 de xullo de 2006 no portal da Axéncia Bolivariana de Notícias. http://www.abn.info.ve/go_news5.php?articulo=53661&lee=15

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com