Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Leninismo e Socialismo do Século XXI
20/07/2006

Rematou o Seminário Ideolóxico Internacional que se celebrou entre os dias 18 e 19 de xullo en Caracas, organizado polo Partido Comunista de Venezuela e o Instituto de Estudos Políticos e Sociais Bolívar-Marx. Catros foron as ponéncias que se debateron nesta reunión iternacional. A continuación reproducimos unha delas e deixamos as ligazóns ás outras tres.



LENINISMO E SOCIALISMO DO SÉCULO XXI
Horacio Benítez, do Partido Comunista de Venezuela

"As nosas forzas foron sempre a nosa capacidade de ter en conta a correlación real de forzas e non temé-la, por desagradável que fose para nós" Lenin.

Certas mentes imaturas e extremistas tentan forzar e precipitar os procesos de cámbio revolucionário que lidera o Presidente Hugo Chávez na perspectiva do socialismo do século XXI. Diante desta desmesura convén ollar de novo o que foi a experiéncia leninista na revolución rusa.A grande aportación de Lenin foi a de saber eleborar, unha vez definidas as grandes liñas estratéxicas, unha "táctica plan" para cada estapa d eloita, e non como algo ríxido, senón coa necesária flexibilidade para decatar-se das suas variacións, entendendo sempre que a "realidade é bicolor". Por iso Lenin endexamáis confunde os princípios básicos da loita cun doutrinarismo ineficaz. No seu pensamento non hai receitas prefabricadas para todas as situacións. A orientación táctica provén sempre da análise concreta dunha situación concreta. En toda a história do bolchevismo existiron acordos, compromisos, manobras que se expuxeron e moitas veces foron levadas á prática en función de situacións específicas, co propósito de avanzar na loita cara a níveis superiores. Isto desprende-se claramente das suas ensinanzas. Mais tamén ao longo da história da revolución está presente a intransixéncia que marcou a actuación de Lenin en vários momentos cruciais da loita. Através dun balanzo das suas posicións, ao longo do proceso revolucionário ruso, é posível destacar tanto los momentos intransixentes e radicais, como os que se caracterizan polo espírito de compromiso e concesión. En definitiva, o carácter das orientacións leninistas proviñan da análise obxectiva e serea da correlación das forzas dos inimigos, dos aliados vacilantes e inestáveis, dos aliados seguros, das próprias forzas do proletariado e da capacidade que para dirixí-la tivera a sua avangarda.Como os casos máis sinalados de política leninista de compromiso destacan os seguintes:
1. A alianza con Struve na crítica ao populismo.
2. A unificación cos mencheviques durante o periodo de ascenso revolucionário, expresión da vontade das bases do partido.
3. A participación nas eleizóns e no parlamento nos momentos de descenso, de acumulación de forzas (e inclusive a aprovación de que los deputados bolcheviques asinasen acta de fidelidade ao Tzar para poderen exercer o seu mandato).
4. A sua posición diante do golpe reacionário de Komilov, un dos exemplos máximo de flexibilidade táctica (apoiar un governo que estaba reprimindo aos bolcheviques, mais mantendo un princípio básico de loita: apoia-se a un inimigo circunstancialmente e co látego na man).
5. A adopción do programa agrário eserista, de carácter pequeno-burgués.
6. A paz de Brest-Litovsk.
7. A política de concesións ao capital estranxeiro.
8. Aproveitar a aportación dos especialistas burgueses en todos os níveis, incluso nas forzas armadas.
É importante lembrar tamén como Lenin preconizaba a utilización e combinación de múltiplas formas de loita. Non hai, no leninismo, nengún rexeitamente de entrada a nengunha forma de loita. Lenin contempla sempre a viabilidade, conveniéncia e eficácia de cada xeitor de actuar. E, por suposto, a eleizón dun xeito de loita está condicionada polas circunstáncias do momentos, pola situación obxectiva, polo degrau máis ou menos elevado no que se atopa a confrontación entre as clases. Por isto, a táctiva leninista sempre é complexa, xa que é quen de utilizar e dosificar moitos dos ingredientes da oposición revolucionária. Lenin rexeita los métodos "doados" e simples que consisten, por exemplo, na valoración mecánica do "purismo" e do "doutrinarismo"; en base a estes métodos sempre é doado saber o que non se deve facer para non "comprometer" o movimento revolucionário, mais nunca é posível a orientación positiva e concreta da loita cotiá. Lenin critica duramente aos esquerdistas que, apegados a princípios xerais, non saben vinculá-los ás situacións concretas da loita, limitando-se a un proselitismo que resulta estéril cando non está íntimamente unido á experiéncia política das masas e, xa que logo, non a reflicte.A análise leninista da transición socialista é un marco teórico indispensável para quen queiran comprender o carácter e a dinámica que configuraron os procesos históricos de construcción do socialismo no mundo. O leninismo é, máis que un método de acción revolucionária, un enriquecimento definitivo da teoria marxista, na época do imperialismo e da transición ao socialismo do século XXI.O socialismo do século XXI proclamado polo Presidente Hugo Chávez é herdeiro da tradición revolucionária leninista. A Democrácia Revolucionária como etapa de transición; a política de invevitáveis concesións ao capital estranxeiro, no campo petroleiro; a sua decisión de utilizar a contribución dos especialistas e tecnócratas burgueses en moitos ámbitos, incluindo a Forza Armada Nacional como acontece nos diversos convénios militares con outros estados; as alianzas con núcleos das burguesias latinoamericanas; a realización dun programa agrário dentro da lóxica do capitalismo, son todas medidas que reflicten unha gran versatilidade táctica do Presidente Chávez, ao tempo que se mantén firme na defensa dos princípios esenciais do Socialismo do século XXI, como obxectivo supremo da revolución bolivariana. Iso non o comprenden os afectados pola enfermidade infantil do esquerdismo, convertidos en verdadeiros axentes do imperialismo e a direita escuálida contra a revolución en marcha.
Outras teses debatidas no Seminário:
- O Rol da Economia do Coñecimento na construcción do Poder Popular e as Relacións de Producción Socialista. Por Alonso D. Ojeda, Académico da UCV. http://es.geocities.com/seminarioideologicointernacional/d_ojeda.pdf-
- Globalización, hexemonia imperialista e guerra asimétrica. Por Horacio Benítez. http://es.geocities.com/seminarioideologicointernacional/globalizacion_hbenitez.pdf
- Por qué o Socialismo? Por Ramón Lozana Aldana, Prof. Investigador UCV. http://es.geocities.com/seminarioideologicointernacional/porque_socialismo_lozada.pdf

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com