Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Partido Comunista de Venezuela ante o saúdo das FARC-EP
28/07/2006

Reproducimos integramente o seguinte comunicado onde o Partido Comunista de Venezuela resposta ás protestas e tentativas de manipulación por parte da imprensa da reacción con respeito ao saúdo que as FARC-EP mandaron ao XII Congreso dos comunistas venezolanos e que o podedes atopar tamén en Estoutras.

"O Partido Comunista de Venezuela (PCV), cuxo XII Congreso realizou-se con todo éxito na cidade de Caracas, rexistra o feito da cobertura xornalística nacional e internacional sobre este evento e o feito de que as FARC remitisen un saúdo solidário e revolucionário ao tempo de amosar a sua simpatia co roceso de cámbios políticos, económicos e sociais que experimenta a revolución bolivariana, de cuxa avangarda forma parte o PCV.

Non duvidamos que algúns meios de comunicación, obrando de boa fe, publican o mencionado saúdo como un xesto de admiración e solidariedade continental polo desenvolvimento da acertada política de alianzas do governo encabezado polo Presidente Hugo Chávez Frias, mentres que outros o fan co ánimo perverso de difundir falsas teses sobre alianzas con movimentos cualificados de "terroristas", que encabeza o governdo dos EE.UU., que se pensa amo do mundo e con autoridade para cualificar ou descualificar a quen queira.

Que o governo e o Estado venezolanos tecen a política de alinzas internas e externas, segundo os intereses que gravitan en torno á soberania nacional e a autodeterminación, sen que até o momento exista prova algunha de nexos co movimento guerrilleiro mencionado, como inicuamente pregonan as forzas e meios contrarrevolucionários, para criar un ambiente de dúvidas e abrir camiños ás agresións imperialistas en curso contra Venezuela e o seu povo.

Que no plano mencionado, as relacións internacionais e a denúncia dos crimes que a diário comete o governo de Álvaro Uribe Vélez, através dos seus paramilitares, tanto en Colómbia como en Venezuela, seguirán sendo mantidas polo noso Partido que ve cair imisericordemente a loitadores populares, sociais, políticos, sindicais e comunistas no irmán país, ondo non existe a liberdade e a democrácia da que hoxe gozamos en Venezuela.

Que a posición anterior mantida desde sempre polo noso Partido non vai mudar namentres se manteña a situación de guerra, fame e miséria do povo irmán de Colómbia e que esta posición non compromete de nengún xeito ao governo ou ás institucións do Estado venezolano, pois son do ámbito interno do PCV, como desenvolvimento da sua liña política e do seu programa que precisamente foron ratificados neste sentido polo XII Congreso que vimos de celebrarmos e que non vai variar pésie ás infámias do império e a contrarrevolución.

Somo solidários con todos os revolucionários que no mundo loitan combinando todas as formas de loita que coiden necesárias para defenderen os sagrados direitos dos traballadores e campesiños, dos povos en xereal que aspiran xustamente a un mundo mellor, posível no socialismo.

Repudiamos todas as formas de intervención, incluindo a militar que se empregan en diversos lugares do planeta para submeter aos povos aos intereses imperialistas e é neste marco no que deve entender-se o acontecido co saúdo mencionado das FARC-EP, ás que consideramos como unha expresión lexítima dos que son vítimas do terrorismo de Estado e do intervencionismo militar gringo.

Esta atitude do PCV non é nova, pois como xa dixemos, é parte da política e do programa que sempre defendimos públicamente. Quen hoxe se alporiza ante este feito ou non coñece a história de Venezuela e menos á do PCV ou actua de mala fe."

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com