Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Partido Comunista dos EE.UU condena a agresión israelí a Palestina
18/07/2006



“O Partido Comunista dos EE.UU. manifesta a sua máxima repulsa aos últimos actos de agresión do Governo israelí contra do povo palestino. Nos últimos dias, o exército israelí lanzou unha série de ataques conta a infraestrutura civil, incluindo as pontes, as intalacións de abastecimento de auga e a única central eléctrica de Gaza. Ante estes ataques, somados á paralisasión da axuda humanitária, Palestina fai frente a unha crise humanitária.
Israel secuestrou a líderes de Hamas, incluindo nove membros do Consello, 20 membros do parlamento palestino e ducias de dirixentes. Israel bombardeou o a se do Ministério de Interior, incendiando-o e destruindo as oficinas do primeiro ministro palestino, Ismail Haniyeh. Estas accións son unha negación total da vontade democrática do povo palestino e unha violación das decisións da O.N.U. e direito internacional. Os tanques israelies están agardando o início dunha invasión total de Gaza. (...)
Mentres que Exipto e vários estados europeos procuran intervir diplomáticamente, os avións israelies sobrevoaron o espazo aéreo sírio o 29 de xuño, voando sobre a residéncia do presidente Bashar, estando este no edifício. A indiferéncia total de Israel para co direito internacional e a soberania nacional é unha ameaza á paz e a estabilidade da rexión enteira.
Esta agresión sen lei non sería posível sen a axuda da administración Bush e da axuda militar contínua dos EE.UU. a Israel.
Esta última escalada da violéncia israelí segue a un mes sanguento en Gaza, que inclue vários asasinatos extraxudiciais de palestinos e ataques de mísil que mataron a 20 civís.
O control do governo israelí das condicións de vida en Cisxordánia e Gaza limitan continuamente a capacidade de actuar do governo palestino lexítimamente elixido. Israel tenta impor os seus próprios termos unilaterais evitando calquer negociación. Non pode existir unha solución de paz e seguridade sobre esta base.
A única solución verdadeira ao ciclo de violéncia e crise humanitária está no retiro imediato e incondicional das forzas israelies ás fronteiras de 1967, a independéncia e a soberania completa de Palestina, coa sua capital no leste de Xerusalén, e a resolución do problema dos refuxiados segundo as resolucións da O.N.U. Só o recoñecimento mútuo de Israel e Palestina como estados dous estados independentes pode rematar coa catástrofe.
Mentes que as forzas palestinas debuxan un cercano acordo co recoñecimento de Israel dentro das fronteiras de 1967 (Al-Fatah e Hamas asinaron un acordo neste sentido o 27 de xuño), as últimas provocacións israelies dirixen-se claramente a facer descarrilar o proceso de paz.
Convidamos a todos os partidos a cesar na escalada violenta e camiñar cara unha saída negociada da crise actual.
Convidamos aos amigos da paz dos EE.UU. a participar nas protestas desta semana contra a agresión israelí e contra a axuda dos EE.UU.
Xunto con outros grupos, convidamos a todas as persoas a chamar aos seus representantes no congreso e na Casa Branca para exercer presión e que remate a invasión de Gaza.
Tamén esiximos a saída das tropas dos EE.UU de Iraq, cuxa presenza está facendo medrar as tensións no Oriente Meio.
Condenamos todos os ataques contra civís, xa sexan palestinos ou israelís.”

Fonte: http://www.cpusa.org/

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com