Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Refundación Comunista de Puerto Rico no Seminário Ideolóxico Internacional
24/07/2006

Ponéncia de Refundación Comunista de Puerto Rico no Seminário Ideológico Internacional organizado polo Partido Comunista de Venezuela e o Instituto de Estudos Políticos e Sociais Bolívar-Marx.

Refundación Comunista, destacamento marxista-leninista no proceso dirixido a refundar o Partido Comunista de Puerto Rico, agradece profundamente ao irmán Partido Comunista de Venezuela o convite para participar neste Seminário de singular importancia para o intercámbio de valoracións e análises e o estreitamento dos vínculos fraternais e solidários entre os partidos e organizacións do Movimento Comunista Internacional. Asemade, saudamos fraternalmente aos partidos comunistas e organizacións representadas neste evento. Unha aperta comunista a todas e todos os delegados nacionais e internacionais.
Coincidimos abslolutamente co texto da Proposta para as Teses Programáticas do PCV –para o seu XII Congreso a celebrar-se nos próximos dias- no que a actualidade internacional, a globalización ratifica plenamente as teses leninistas sobre o imperialismo só que a magnitudes nunca antes vistas.
É sabido que o capital se concentra e se centraliza, é a sua naturaza. É consucuéncia inevitable da busca de mayores tasas de benefícios –e tamén da necesidade que ten sempre de neutralizar a tendéncia á baixa da tasa meia de gaáncia no ámbito internacional. Hoxe, a concentración do capital é exponencialmente máis acelerada que cando vivia Lenin. Os dados son elocuentes de abondo: se en 1997 as fusións e adquisicións, compra-venda, de empresas somaban 1,6 billóns de dólares, en 2004 acadaban 3,8 billóns de dólares. Endexamáis se viran adquisicións de empresas como a merca do xigante das comunicacións Time Warner por America On Line polo módico prezo de 124.000 millóns de dólares.
Apontando a un mal estrutural da actual crise do capital monopólico internacional e ás contradiccións crecentes no modelo de extracción de gañáncias do imperialismo, estas megafusións de empresas non operan, xa consumadas, nun mercado internacional en expansión, senón todo o contrário, verificando-se, tanto na producción industrial como de servizos, a sua tendéncia ao axuste á baixa e á reducción significativa do número de traballadores nun mercado relativamente estático ou en contracción. Todo isto apontando a un desfase cada vez maior entre a oferta e a demanda engadidas no mercado mundial e a próximas e profundas crises de sobreproducción.
Eis a causa da conduta irracional do capital internacional na sua tendéncia crecente a desviar as suas riquezas da producción á especulación financeira –ameazando xerar un caos sistémico que xa se suxire de proporcións xigantescas. Como dado máis que elocuente desa realidade deve saber-se que no mercado mundial as transaccións comerciais de bens e servizos soman un total de 3,2 trillóns anuais mentres que as transaccións financeiras e especulativas superan os 77 trillóns de dólares no mesmo periodo – aproximandamente 25 veces o valor total do comérico internacional mais sen o apoio da producción de bens e servizos, coa lóxica especultativa de que o diñeiro gaña diñeiro ainda sen producir riqueza.
Mália todo isto, coidar que o caos que se aviciña, ou se acentua, anúncia a paralisación automática do sistema capitalista, conduciria aos proletariado e aos comunistas a graves erros. O capital internacional, a burguesia imperialista ainda conta con recursos até que teñamos suficiente forza organizada para vencé-los.
Non hai dúvida de que a humanidade continua a viver na época do imperialismo, como fase superior, derradeira e decadente do capitalismo como concluira Lenin na vespera da gloriosa Revolución de Outubro, mais en condicións novas inerentes á globalización.
O imperialismo, como fase superior do capitalismo, e do capitalismo monopolista en concreto, non é estático. A sua eséncia segue a ser a mesma ainda presentar formas e métodos de domínio sobre os povos e sobre os traballadores dos países capitalistas avanzados e en todo o mundo. Hoxe teñen o Fondo Monetário Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM) e a Organización Mundial do Comércio (OMC) e monopolizan o usufruto dos adiantos da actual revolución científico-técnica, na automatización, a informática e as telecomunicacións. No noso continente teñen os Tratados bilaterais de Livre Comércio con EE.UU., coa déveda externa como método para estrair riquezas e como chantaxe para que o imperialismo logre impor as medidas draconianas e as terápias de choque das suas políticas neoliberias –non podemos esquecer que nos trinta últimos anos os bancos e as institucións financeiras dos EE.UU. e a Unión Europea extrairon de América Latina 950 mil millón de dólares.
Porén, con todo o domínio tecnolóxico do imperialismo e os inxentes capitais acumulados, as tasas de gañáncias e de produtividade non superan as acadadas antes da crise dos anos 70. Isto significa que con cada crise é máis difícil para o gran capital internacional manter as suas decrecentes tasas de benefícios, situación obxectiva que o obriga a buscar por diferentes métodos, inclusive militares –entre outros instrumentos extraeconómicos- maiores tasas de extracción de plusvalia absoluta e relativa e maiores tasas de explotación en todo o mundo.
Sen pretender esgotar a caracterización económica do imperialismo e recoñecendo que moitos aspectos políticos e culturias do seu domínio fican fóra desta ponéncia, concluimos reiterando a nosa convicción de que a humanidade ten hoxe máis que nunca a necesidade obxectiva de acabar dco sistema de explotación capitalista e que ese desenlace non é posível sen unha revolución social, dirixida polo proletariado á cabeza de todas as masas oprimidas e explotadas, e que abra paso definitivamente ao socialismo como nova orde social e económica.

Que viva o internacionalismo proletário!
Que viva a Revolución Socialista de Cuba!
Proletários de todos os países uníde-vos!

Pola dirección de Refundación Comunista de Puerto Rico,
Miguel Cruz Santos
Walter Acosta Cartagena
Guillermo de la Paz Vélez
Fonte: Redglobe.org

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com