Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A resisténcia fai repregar-se aos invasores sionistas
30/07/2006

Tropas israelies viron-se forzadas a repregar-se este sábado de zonas libanesas na fronteira sul após fortes combates con Hizbulá (Partido de Deus), un dos principais integranes da resisténcia á ocupación.
Sayed Hassán Nasralá afirmou á televisión Al Manar que as forzas rivais non acadaron nengún dos obxectivos coa sua incursión neste país; "todo o que conseguiu foi destruir as infraestruturas do país. Esas non son accións armadas, é salvaxismo".
Segundo informes desa frente, os combates máis duros tiveron lugar esta semana en Bint Jebeil, perto da fronteira austral.
A capacidade de resisténcia demostrada polos activistas do Partido de Deus fixo que os xefes mlitares de Israel decidiran non execturar por agora a ofensiva terrestre e incrementar os bombardeos sobre zonas que por terra non conseguiron atravesar.
No décimoitavo dia do conflito no Líbano os asaltantes perderon cando menos 30 soldados, nove deles cando tentaban controlar Bint Jebeil.
Hizbulá é unha organización formada en 1982, o mesmo ano que Israel puxo en marcha a operación Paz de Galilea como parte da sua guerra no Líbano contra a Organización para a Liberación de Palestina (OLP).
En Bint Jebeil o exército invasor topou-se cunha oposición armada organizada e preparada para unha nova guerra.
Hizbulá, que tivo un papel primordial na retirada das tropas israelís do sul do Líbano en maio de 2000, permanece nas suas posicións pésie á presión dos atacantes e do respaldo diplomático occidental, especialmente dos Estados Unidos.
No momento no que as tropas israelies abandoaron ás areas dos combates, intensificaron-se os bombardeos sobre as posicións insurxentes.
Unha escalada militar xeral é moi posível xa que Israel pretende transformar o sul libanés nunha zona tapón onde o Partido de Deus estexa separado da fronteira como aconteceu coa denominada Franxa de Seguridade.
En Bint Jebeil cumpriron-se os compromisos dos insurxentes de loitar a morte contra o inimigo para evitar a ocupació.
Nota tomada íntegramente da Agéncia Bolivariana de Noticias

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com