Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Resolución do XV Seminário Comunista Internacional
19/07/2006

Experiéncias pasadas e presentes do Movimento Comunista Internacional
Bruxelas, 5, 6 e 7 de maio de 2006.
RESOLUCIÓN XERAL
Mobilicemos, intensifiquemos e agrandemos a loita contra o imperialismo e particularmente contra o inimigo principal, o imperialismo estadounidense, as suas guerras de agresión, as suas ameazas e preparativos para novas agresións!


1. Do mesmo xeito que o imperialismo ianqui empregou a mentira das chamadas "armas de destruizón masiva" de Iraq para xustificar a sua agresión contra deste país, agora ameaza a Irán co pretexto da sua suposta intención de producir armas nucleares.
Washington reserva-se o direito de bombardear centenares de obxectivos en Irán e acarícia a posibilidade de utilizar bombas nucleares tácticas. Mentes os EE.UU. fechan os ollos diante da proliferación nuclear cando dos seu aliados se trata, como Israel, rexeita o direito de Irán a desenvolver a tecnoloxia nuclear ainda que só sexa para obxectivos civís. Pola sua banda, os EE.UU. negan-se a respeitar o tratado de non proliferación nuclear, que impón o desarme nuclear de todos os estados que posuan armas nucleares. Os EE.UU. e a OTAN declararon, en repetidas ocasións, que poderian ser os primeiros en usar armas nucleares nun conflito, incluso contra estados que non as posuan. Así, a administración ianqui ameaza coa destruizón nuclear a calquer país que rexeito dobregar-se diante do seu domínio absoluto.
Esta nova ameaza de agresión e de guerra agregas-e ás guerras/ocupacións ilegais, ilexítimas e criminais en Iraq e Afganistán, que xa causaron centos de miles de mortos. Tamén hai un aumento da presión e da subversión imperialista contra Síria. Do mesmo xeito, a ocupación bárbara e permanente de Palestina é posível só polo apoio masivo do imperialismo estadounidense ao estado sionista e racista de Israel, pola complicidade da Unión Europea e polo seu rexeitamento común ao governo palestino eleito democráticamente.
En América Latina, os EE.UU. tentan impor o seu domínio através de presións políticas, a chantaxe económica e a sua presenza militar. O bloqueo contra Cuba continua. Non se repara en esforzos para desestabilizar a revolución bolivariana en Venezuela e, desde o primeiro dia, o novo governo de Evo Morales en Bolívia foi o branco de ataques. A masiva axuda militar ianqui ao rexime colombiano -o famoso "plano Colómbia"- funciona como freo á loita revolucionária do povo colombiano, e para reforzar o domínio estadounidense no continente.
Os EE.UU. sabotean a reunificación pacífica e independéncia de Corea. Provoca, canda Xapón, ainda máis conflitos internos de todo tipo neste país de Ásia Oriental co obxectivo de despregar de novo as suas forzas militares na rexión.
En África, os países imperialistas seguen a roubar os imensos recursos naturais que deverian ir ao desenvolvimento deste continente. Para este fin, manteñen ditaduras no poder en grande número de países africanos, que impeden a expresión democrática da povoación. Para acadar os seus obxectivos, o imperialismo non duvida en suscitar ou fomentar división e conflitos entre os países e os povos africanos.


2. A intensificación das agresións imperialistas é unha expresión da crise estrutural, inerente ao imperialismo. Os mercados financeiros nos EE.UU., que xogan un rol esencial no enriquecimento das clases dominantes, son alimentados por 800 mil millóns de dólares cada ano, chegados do estranxeiro. Tan só a confianza internacional no dólar e nos mercados financeiros estadounidenses poden garantir esta situación favorável ao crecimento da economia ianqui. Na situación actual de crise estrutural e de risco crecente dunha crise bursátil, esta confianza impon-se meiante a economia económica e militar. Ante o crecente conflito na sua política, os EE.UU. intensifican ainda máis a sua agresividade.
As ameazas de agresión contra Irán, así como a ocupación de Iraq, amosan a importáncia do controlo do petróleo na situación internacional actual, pois é un motor esencial para a supremacia mundial. Este sector económico estratéxico ten un impacto directo sobre a crise estrutural. Ainda máis, o controlo do petróleo é un meio de presión contra todos os países que deven munir-se de recursos enerxéticos, e permite frear a emerxéncia de novas poténcias mundiais. Os preparativos de guerra imperialista teñen como obxectivo controlar firmemente o Oriente Meio, que dispón de duas terceiras partes das reservas petroleras e un tércio das reservas gasíferas mundiais. Através dun "cámbio de rexime" en Irán, os EE.UU. tentan instalar un rexime submiso, como o era nos tempos da ditadura do Sha.
A maiores da dominación en Iraq, Irán e o resto de Oriente Meio, son China e outros países de Ásia os que son enfocados como principais rivais. Estes países dependen ainda máis do petróleo que o Oriente Meio.
Distintos governos europeus exercen igualmente presións políticas contra o governo de Teherán e participan no seu illamento. Isto amosa que, ainda acrecentando-se as contradicións entre os EE.UU. e a Unión Europea, esta última non duvida en aliar-se coas políticas agresivas do imperialismo ianqui. O imperialismo europeu tamén ve a China e a outros países de Ásia como competidores.


3. Mália o seu esmagador poder militar e a sus posición agresiva, os EE.UU. atopan dificuldades crecentes para manter a sua posición hexemónica. A loita anti-imperialista inza todos os recunchos do planeta.
En Iraq, os EE.UU. comproban, cada dia máis, que están nun caleixón sen saida. As forzas máis modernas e as mellores equipas do mundo padecen grandes derrotas nunha guerra popular desenvolvida polas masas iraquies que derraman o seu sangue pola independéncia e a democrácia. Hai máis de 2.400 soldados norteamericanos mortos e dúcias de miles de feridos. Mentres o sector militar-industrial dos EE.UU. obtén extraordinários réditos, o custe financeiro da guerra é cada dia máis complicado de manter para Washington.
En Afganistán as tropas ianquis e da OTAN atopan igualmente unha resiténcia crecente.
En Palestina, as eleizóns e a resisténcia permanente contra da ocupación de Israel conduciron ao povo a rexeitar todo compromiso que non respeite os direitos nacionais inalienáveis. Loita por suprimir as colónias sionistas instaladas nos territórios ocupados após 1967 e pola eliminación do muro de separación e de illamento racista. Continua a loita por un estado palestino soberano, con Xerusalén como capital, así como o direito á volta dos refuxiados.
Os éxitos recentes da loita de masas en Nepal obrigaron ao rexime autocrático e represivo a ceder ás esixéncias populares xustas e democráticas. Namentres, o ímpetu revolucionário golpea a dominación imperialista no país.
En América Latina, a revolución cubana acumula avances importantes do ponto de vista político, económico, diplomático e humanitário. Gaña un grande apoio en todo o continente ante os planos ianquis de recolonización. En Venezuela e Bolívia, a nacionalización das indústrias petroleiras e gasíferas é un bon sinal para a aspiración dos povos de América Latina á sua total soberania e a rematar cos acordos que se din "de livre intercámbio", que de feito significan a continuación do domínio dos EE.UU. A colaboración estreita entre Cuba, a revolución bolivariana de Venezuela e o proxecto popular e nacional dirixido por Evo Morales en Bolívia, amostran o progreso de América Latina no desenvolvimento dunha alternativa popular. En oposición ao ALCA (Área de Livre Comércio das Américas), dirixido polos EE.UU., o proxecto ALBA (Alternativa Bolivariana para América) abre aos países de América Latina a perspectiva dunha soberania real.
A resisténcia do povo congolés fixo fracasar a guerra de agresión impulsada polo imperialismo ianqui contra a República Democrática do Congo, que custou a vida a máis de catro millóns de congoleses. Durante as primeiras eleizóns livres na história do Congo, no segundo semestre de 2006, posívelmente o povo sexa quen de impor a sua vontade.
China e Rúsia reforzan de xeito conxunto a "Organización de Cooperación de Shanghai" (OCS). Esta organización reagrupa á República Popular de China, a Federación de Rúsia, Kasajstán, Tayikistán, Kirquistán e Uzbekistán. O pasado ano a OCS pronunciou-se a prol da retirada das bases ianquis da rexión. A próxima incorporación de Irán, a Índia e Palesinta na OCS porá ao imperialismo ianqui ainda en maior dificuldade.
Por todos os recunchos do mundo, os traballadores e outras forzas sociais loitan contra do imperialismo e contra das políticas capitalistas. Así, en Europa, as forzas patronais son obrigadas a retroceder en numerosos casos (proxecto do Tratado constitucional europeu, direitiva sobre a cárrega e descárrega de mercadorias nos portos, o Contrato do Primeiro Emprego no Estado Francés...)
Co fin de atacar o desenvolvimento das loitas populares e revolucionárias, os imperialistas ianquis, europeus e xaponeses recurriron a distintas medidas antidemocráticas, anticomunistas e, nalgúns casos, fascistas. Isto vai desde a proibición de símbolos comunistas, a posta en marcha de resolucións anticomunistas e o estabelecimento de supostas "listas terroristas", as medidas financeiras, as accións xudiciais, a represión policiaca, o ilegalizar a organizacións comunistas, recluir en prisión a comunistas e chegar até os asasinatos. Estas medidas son reprobadas e condenadas por amplos sectores democráticos e progresistas.
Estamos na época do imperialismo e as revolucións proletárias. A revolución socialista é a única via para liquidar definitivamente o capitalismo, a explotación e a dominación no mundo. Na preparación da revolución, os comunistas e revolucionários desenvolven e reforzan todas as loitas contra a explotación e a opresión. Traballan en erguer unha grande frente unida contra as guerras en curso e contas as ameazas de novas agresións por parte, principalmente, do imperialismo estadounidense.


4. Consecuentemente, formulamos as seguintes mocións de orde:

  • Non as sancións contra Irán. Alto a todas as ameazas imperialista de guerra contra Irán.- Retiro de Iraq, Afganistán e dos Balcáns das forzas de ocupación dos EE.UU. e as outras poténcias imperialistas.
  • Retirada das bases estadounidenses do Golfo Pérsico, Apoio á resisténcia dos povos iraquí e afgano.
  • Solidariedade e apoio á Intifada e ás organizacións populares en Palestina. Direito dos palestinos a escoller o seu próprio governo. Fin ao bloqueo imposto ao povo palestino por Israel, os EE.UU. e a U.E.
  • Alto ás tentativas de desestabalización de Síria e ás ameazas contra o país e o seu povo.
  • Alto ás accións dos EE.UU. para desestabilizar a Cuba, Venezuela, Bolívia, e alto ás ameazas de atacá-los militarmente.
  • Levantamento do bloqueo a Cuba. Liberación imediata dos cinco prisioneiros políticos cubanos nos EE.UU.
  • Apoio á Revolución Cubana, á Revolución Bolivariana de Venezuela e ao proxecto popular e nacionalista en Bolívia.
  • Solidariedade coa loita revolucionária do povo colombiano.
  • Alto á opresión dos negros, latinos, hindues e outras nacionalidades oprimidas nos EE.UU. Alto á persecución contra os traballadores imigrantes.
  • Paz en África e solución dos conflitos polos próprios africanos.
  • Apoio á loita do povo saharaui pola sua independéncia.
  • Retiro das bases estadounidenses en Corea, e apoio á reunificación pacífica e independente de Corea polos próprios coreanos.
  • Solidariedade coa loita popular pola soberania e a democrácia de Filipinas e Nepal.
  • Respecto ás fronteiras estabelecidas na Segunda Guerra Mundial nos Balcáns, na Europa do Leste e na ex-URSS. Non a toda intervención imperialista que tente modificar estas fronteiras.
  • Independéncia e soberania da República de Bielorrúsia contra as manobras imperialistas.
  • Apoio aos traballadores e aos povos da antiga Unión Soviética na sua loita polo restabelecimento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
  • Retiro de todas as medidas anticomunistas e autonomeadas "antiterroristas". Liberación de todos os prisioneiros comunistas ou antiimperialistas.
  • Desmantelamente de todas as bases militares dos EE.UU. e outras poténcias imperialistas no exterior das suas fronteiras.
  • Disolución do pacto agresivo da OTAN e do Tratado de Defensa Mútua americano-xaponés. Non á armada europea ao servizo do imperialismo europeu.
  • Desarme nuclear total, comezando polos EE.UU., o país que posue o número maior de armas nucleares e o único que as utilizou na história.

    Lista de Asinantes: http://ptb.be/scripts/article.phtml?obid=31653&lang=3&bNoStat=1
    Todas as teses do XV Seminário Internacional Comunista: http://www.wpb.be/icm.htm

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com