Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cando Raúl Castro tomou a responsabilidade do asalto ao Cuartel Moncada, hai 53 anos
05/08/2006

Artigo de Marta Rojas publicado no Granma

"Este é un fascímil que conservo da primeira páxina do xornal Oriente, de Santiago de Cuba, con data de 30 de xullo de 1953. Pola sua elocuéncia paga a pena reproducí-lo.

O xoven Raúl Castro Ruz, capturado antes que Fidel e cando non coñecia o destino do seu irmán, mais si que Abel Santamaria, segungo xefe do Movimento, fora asasinado, asumiu a enteira responsabilidade do asalto ao Moncada.

A foto, tomada no Vivac de Santiago de Cuba, ten un pe gravado que di:

"Este xovenciño, que non aparenta máis de 18 anos, irmán do que se acusa como Xefe do movimento insurreccional, Dr. Fidel Castro, nomea-se Raúl Castro Ruiz, foi detido onte perto do poboado de San Luis.

Este indivíduo, segundo informes, foi o que dirixiu persoalmente aos atacantes do Cuartel Moncada o pasado domingo, e estaba parapetado no edifício do Palácio de Xustiza, logrando fuxir na confusión que se formou, ao ser repelida a agresión pola garda do Moncada
"

Após os acontecimentos do Moncada, Raúl, que coñecia a topografia santiagueira, saiu da cidade. Pensou dirixir-se á sua casa, na zona norte da rexión oriental. Despois de 72 horas, porén, foi interceptado por unha parella da Garda Rural. Nun princípio non reveleu á sua identidade. Dixo que fora ao entroido de Santiago, mais que ficando sen diñeiro veu-se obrigado a voltar canda aos seus pais. A excusa non valeu: foi conducido ao cuartel da zona. Así obraron con todo xoven suspeitoso. Santiago era o destino inevitável. A esas alturas, o rexime afogara en sangue aos sobrevivintes da xesta.

Nas declaracións tomadas ao xoven Raúl Castro Ruz (escreveron Ruiz), no próprio Vivac, manifestou que "habia que destruir o governo primeiro, para despois adecentar o país e facé-lo progresar, cara a Reforma Agrária, mais non é só dar a terra aos campesiños, é algo máis, é dar-lle a terra e facé-la producir; o sistema actual é mao desque comezou a República; Cuba está inzada de analfabetos, comenten-se inxustizas, rouba-se-lle o diñeiro ao povo, era necesário derrocar ao rexime de Batista para iniciar a Revolución".

Posteriormente, en setembro, cando se celebrou o xuizo polos sucesos do Moncada (Causa 37), o Fiscal increpou-no porque na vista do xuizo se declaraba un combatente de fila, o que se contradicia coas suas declaracións no Vivac.

Coas maos cruzadas nas costas, o queixo alzado, o pelo curto como un cepillo e un discreto sorriso nos seus beizos, Raúl cuadrou-se ante o tribunal e respostou:

"Cando me tomaron declaración no Vivac, asumín a responsabilidade do Movimento por que supuña que mataran a Fidel, sabia que Abel fora asasinado e alguén tiña que asumir a responsabilidade daquela acción que se frustrou na primeira tentativa. Mais estando vivo Fidel, afortunadamente, as cousas volveron ao seu lugar. Eu son un simples soldado cunha posición e un cometido asignados".

É esta unha história que non podemos ignorar ante os acontecimentos de hoxe."


Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com