Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Carta ao Partido Bandera Roja de Venezuela
16/08/2006

Resgatamos unha carta de 2004 da Conferéncia Internacional de Partidos e Organizacións Marxistas-Leninistas á Dirección de Bandera Roja de Venezuela

A X Conferéncia Internacional de Partidos e Organizacións Marxistas-Leninistas, reunida en Ecuador analisou con profundidade a situación en Venezuela e as posturas políticas e o accionar prático do Partido Bandera Roja.

A Conferéncia reafirmou o seu apoio á loita do povo de Venezuela para defender a sua soberania, a sua liberdade e a sua dignidade en contra dos seus inimigos: a burguesia, a reacción e o imperialismo. Condena con firmeza as tentativas reiteradas do imperialismo norteamericano e da reacción venezolana para derrocar ao governo de Hugo Chávez cuxa lexitimidade foi de novo demostrada co fracaso contundente da chamada Coordenadora Democrática, tanto no referendo revocatório, como nas últimas eleizóns locais.

As posicións políticas da Conferéncia fronte aos acontecimentos en Venezuela e as posturas do Partido Bandera Roja están expresadas no texto "Sobre a situación de Venezuela" (decembro de 2004) que a Conferéncia decidiu facer público. Esta declaración é unha clara condena das posicións e das práticas de Bandera Roja, por parte dos partidos e organizacións da Conferéncia. É unha exposición argumentada das posicións marxista leninistas fronte ao desenvolvimento da loita de clases en Venezuela e expresa os intereses dese país. É a posición dos verdadeiros partidos marxista leninistas.

A Conferéncia non pode aceitar que posicións de apoio ao imperialismo e a reacción se reclamen da sua ideoloxia e da sua política.

Por estas razóns, a Conferéncia considera que o Partido Bandera Roja deve rectificar imediatamente a sua política e a sua prática, acollendo o sentido do texto da resolución da Conferéncia, o que demanda unha autocrítica séria e aberta, fronta á clase obreira e ao povo de Venezuela.

A Conferéncia non aceita a decisión do Partido Bandera Roja de non participar na Conferéncia de decembro de 2004 e rexeita as razóns invocadas. Na sua carta ao Comité Coordenador e á Conferéncia, Bandera Roja refire-se ás "supostas normas", que foron aprovadas pola Conferéncia en 2003, en República Dominicana. Esas normas son a guia organizativa e todos os membros teñen a obriga de respeitá-las e aplicá-las. Non pode existir excepción.

Por estas razóns, a Conferéncia esixe que Bandera Roja se pronúncie claramente repeito ás nosas Normas.

Estas cuestións non admiten terxiversacións ou manobras dilatórias. A Conferéncia considera que Bandera Roja deve dar respostas claras e rápidas. De non se producir estas respostas, en correspondéncia con estas decisións, Bandera Roja fica fora da Conferéncia.

X Plenária da Conferéncia Internacional de Partidos e Organizacións Marxistas-Leninistas
Ecuador, decembro de 2004.


Fonte: Revista Unidad y Lucha, nº 12

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com