Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado das FARC-EP en solidariedade con Palestina e o Líbano
03/08/2006

Aos povos palestino e libanés.

Recevan de todos os combatentes das Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia - Exército do Povo FARC-EP, a nosa solidariedade co seu heroico combate contas as despiadadas agresións do estado terrorista de Israel.

Aquí en Colómbia, a nosa organización, que é povo alzado en armas, combate hoxe ao governo fascista de Álvaro Uribe Vélez, quen do mesmo xeito que o estado de Israel e bebendo da mesma fonte ideolóxica, representa na nosa rexión os intereses imperiais de Estados Unidos e a ultradireita política.

Os asasinatos selectivos, os bombardeos aéreos e terrestres indiscriminados, as detencións masivas da povoación, os bloqueos para impeder a entrada de alimentas e medicamentos, os asasinatos de mulleres, nenos e anciáns, son práticas sistemáticas e bárbaras dos estados terroristas, extraídas dos manuais de "seguridade" das poténcias dominantes.

Esta nova escalada de violéncia por parte de Israel e o seu anceio por deter o evidente avanzo do povo palestino na loita polo seu território e identidade, amostra a desesperación dos EE.UU. e o seu estado xendarme, Israel, por rematar cos povos en resisténcia. A xusta e dura resposta do povo iraquí ten paralisadas ás forzas invasoras e trastocou os obxectivos anexionistas e de usurpación de riquezas naturais e vitais no Médio Oriente.

A violación por parte de Israel de todas as normas e tratados internacionais que regulan as guerras e a pasividade das institucións internacionais encarregadas de facé-los cumprir, como a ONU, poñen de manifesto a sua falla de independéncia e a supeditación do sistema internacional de direito aos planos das superpoténcias mundiais.

Compañeiros, a sua atitude constata, máis unha vez, que mália a superioridade tecnolóxica-militar e as práticas terroristas contrainsurxentes, os poderes imperialistas e os seus lacaios nacionais nunca poderán trunfar frente ao combate decidido dos povos pola sua autodeterminación, independéncia e construcción de futuro. As indobregáveis loistas que se están liberando nas fertis terras do Tigris e o Éufrates; nos populosos bairros de Gaza e Cisxordánia; nas montañas, selvas e cidades colombianas; nos vales, montes e poboados do Líbano; nas duras e indómitas terras afganas e moitas outras rexións do mundos, son prova disto.

Estamos certos que do mesmo xeito que fracasou na nosa pátria o Plano Colómbia, enxendro neo-colonial dirixido a restabelecer a hexemonia estadounidense coa consubstancial explotación dos nosos recursos humanos e naturais, e o seu máis recente ingrediente militar no Plano Patriota, a resisténcia palestina e libanesa fará fracasar os planos imperialistas que encarna Israel para estabelecer a sua hexemonia na zona.

Con saúdos internacionalistas e antiimperialistas,

Comisión Internacional das FARC-EP
Montañas de Colómbia
Xullo de 2006
Fonte: Anncol

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com