Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do Partido Pátria Libre de Paraguai sobre a morte de Stroessner
18/08/2006

A agonia da Opresión en Paraguai, obra de Chapter Eight


1. O criminal fascista Alfredo Stroessner, que se fixo co poder en Uruguai através dun golpe militar apoiado polo imperialismo norteamericano en maio de 1954, e que foi destituido por outro golpe militar o 2 e 3 de 1989, finou no exílio no Brasil na máis absoluta impunidade.

2. Impunidade polos crimes de Lesa Pátria contra o património do povo paraguaio, polas graves violacións aos Direistos Humanos no noso país e pola sua colaboración coas ditaduras militares do continente e co governo dos Estados Unidos de Norteamérica na represión ao movimento popular, democrático e revolucionário, o intercámbio de prisioneiros políticos e o caso específico do asasinato de líderes progresistas como Orlando Lettelier, político do governo da Unidade Popular de Salvador Allende en Chile.

3. A impunidade deste criminal internacional -acusado tanto en Paraguai como en diversos foros internacionais por Delitos de Lesa Humanidade- foi-lle garantida polos diversos governos do Partido Colorado que sucederon á ditadura desde 1989, até o actual presidente Nicanor Duarte Frutos.

4. Stroessner, responsável de secuestros, torturas, desaparicións, asasinatos e exílio de miles de loitadores pola democrácia en Paraguai, é até hoxe Presidente Honorário do Partido Colorado, grupo oligárquico que governa desde 1940. Mantivo até a sua morte o grau de Xeneral do Exército paraguaio e continuou cobrando os seus salários do orzamento xeral de gastos da nación otorgado ás Forzas Armadas.

5. Esta impunidade e afronta ao povo paraguaio só é entendível no marco da auséncia do Estado de Direito no país, ondo os poderes públicos que teñen que impartir xustiza son meros tentáculos de bandas criminais que saquean o património nacional, narcotraficantes, asaltabancos, traficantes ilegais de veículos roubados e de armas, todos amparados en institucións do Estado.

6. Alfredo Stroessner foi apartado do poder en 1989, mais ficou no país o modelo que converteu ao Estado paraguaio nunha corporación de diversas bandas ao servizo das políticas imperialistas.
Continua o mesmo aparello represivo herdado do rexime militar, as violentas represións ao movimento popular e aprofundou-se a entrega da Soberania Nacional co ingreso baixo cláusulas de imunidade das tropas militares norteamericanas. O saqueo do património nacional baixo a ditadura continua impune, entre outros: máis de 11 millóns de hectáreas de terras adxudicadas fraudulentamente a persoeiros do rexime oligárquico, a explotación selvaxe dos recursos naturais do país por parte do agro-negócio trasnacional, a corrupción galopante e as políticas neoliberais que fan medrar o subdesenvolvimento, a miséria e a pobreza da povoación.

7. O povo paraguaio só ten que lamentar que este criminal internacional falecera na máis absoluta impunidade.

É imperativo que os paraguaios levemos na memória e no programa de transformación patrióticas e revolucionárias a liquidación do sistema político oligárquico, vendepátria e pro-imperialista que continua vixente e o implacável procesamento xudicial-penal de todos os seus persoeiros polos Delictos de Lesa Pátria e de Lesa Humanidade; e o troco de rexime actual por unha sociedade democrática co seu governo e poderes populares organizados e en loita pola Liberación Nacional, a Xustiza Social e a integración política liberadora dos povos do continente americano.

____________________________
Fonte: Revista Koeyú Latinoamericana

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com