Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado dos Grupos de Combatentes Populares: Solidariedade coa resisténcia palestina e libanesa
04/08/2006

Desdo o mércores 12 de xullo, o Líbano padece o máis despiadado, cínico e covarde ataque bélico criminal, ordenado en común acordo pola tríada de governos que utilizan as armas de destruizón masiva para atacar aos povos e organizacións que resisten e loitan contra a tirania e a prepoténcia neofascista; esta orientación fundamentalista une a Bush, Blair e Olmert nunha nova tentativa para impor un controlo xeopolítico do Médio Oriente en base á guerra e a morte de nenos, anciáns e mulleres convertidos en branco permanente dos bombardeos indiscriminados e os ataques a refúxios dos libaneses desprazados.

Así como a Hitler lle bastou un pretexto para poñer en movimento a sua maquinária guerreirista e expansionista e comezar a Segunda Guerra Mundial, a Olmert, sucesor do xenocida Sharon e representante da burguesia sionista israelí tamén usou un pretexto absurdo e ridículo para sementar máis terrorismo contra os povos palestino e libanés. Bush e Blair, non contentes coas masacres efectuadas polos seus soldados en Afganistán e Iraq, apoian, desde o princípio, militar, loxística e diplomáticamente esta nova violación á liberdade e autodeterminación dos povos, fan uso do seu desvorgonzado xeito de entender o significado dos direitos humanos: matar para controlar, apropriar-se e submeter aos povos que con xustas razóns se rebelan contra o imperialismo. Só son uns vulgares asasinos fascistas.

Bush, Blair, Olmert, Kofi Annan e demais representantes imperialistas, padecerán moito para declarar vitória, morderán o chan da amarga derrota en cada emboscada, en cada trincheira, en cada detonación que Hizbolá e Hamas, xunto coa resisténcia do povo, executan na confrontación coas forzas sionistas. Históricamente, o imperialismo enfrontado a un povo organizado, que resiste, sempre acabou derrotado; hoxe mesmo, a ofensiva e resisténcia do povo de Iraq é un exemplo real. Por máis que a CNN e outros monopólios da comunicación apresenten o contrário, o mundo vai sabendo que os verdadeiros terroristas son os exércitos mercenários do Pentágono e Londres, que hoxe apoian a ocupación do Líbano para presionar a Síria e Irán, que non se dobregan á vontade dos gringos.

Os Grupos de Combatentes Populares solidarizamo-nos coa xusta resisténcia armada dos povos de Palestina e o Líbano que loitan durante anos contra o horror e a ignomínia da burguesia israelí, facendo uso do seu lexítimo direito á defensa. Tamén repudiamos a atitude da ONU que, máis unha vez, deixa claro que obedece cegamente as ordes do seu amo.
Desde o Corazón do Povo, Juan Carlos Luna.

Fonte: Cedema

Os GCP actuan en Ecuador

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com