Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Declaracións da presidenta do Partido Comunista de Austrália na sua visita a Cuba
21/08/2006
Nota tomada case literalmente da Agencia Cubana de Noticias.





O Partido Comunista de Austrália mália ser unha formación política pequena, é un obxectivo a eliminar pola direita ao longo da história, o que demostra a sua importáncia no espectro sócio-político na illa.
Estes dias estivo en Cuba a sua presidenta desde 1992, Hannath Elina Middleton, cunha longa traxectória, que padeceu incluso a prisión por defendera as loitas polos direitos dos obreiros, os aborixes, os imigrantes, as mulleres e os xoves: por enfrontar-se ao fascismo, as armas nucleares, a guerra en Vietnam, as bases mlitares norteamericanas no mundo, a invasión de Afganistán e Iraq e a presenza de tropas autralianas alí; o racismo e o apartheid.

Conta Middleton a Granma que cando se foi a desistegración da antiga Unión Soviética e o colapso do campo socialista en Europa, o Partido Comunista de Austrália manitvo a unidade nas suas filas, que non mermaron, a sua liña política e a ideoloxia marxista-leninista, e o pasado ano, durante o X Congreso, subliñou a sua unidade e medrou o seu entusiasmo e espírito combativo:
"Moi necesário nestes momentos, destacou, porque padecemos o Governo máis conservador e reaccionário que endexamáis tivemos na nosa história".
A dirixente comunista australiana sinalou que tamén hai tres esferas nas que o Partido está a batallar, principalmente contra a lexislación que regula os contratos laborais, xa que "o seu obxectivo, dixo, é eliminar os direitos dos traballadores e destruir o poder dos sindicatos", e explicou: "Os convénios colectivos serian trocados por contratos individuais, pactados por cada traballador e o seu patrón, quen lle pode peder que traballe máis horas sen receber o salário adicional".
A unha pergunta de Granma, respostou que para combater o anterior, o Partido está criando alianzas entre as comunidades e os sindicatos. "Hai un desexo de loita, e estou certa de que, nesta situación, medrará o número de membros do Partido, que traballará moi ben ante esta circunstáncia" asegurou.
Middleton sinalou tamén que se loita contra as medidas governamentais para combater presuntamente o terrorismo. Antes, coa lei na man, unha persoa podia ficar calada nun interrogatório; mais agora pode ser condenada a entre 5 e 20 anos por entrar nunha das numerosas bases norteamericanas.
Precisamente a relación entre Estados Unidos e Austrália estreita-se máis. "O governo de Bush tenta criar un eixo con Austrália, Xapón e Corea do Sul, no que Austrália sexa o xendarme do Pacífico, e o obxectivo final para Estados Unidos é China", engadiu a dirixente comunista.
A presidenta do Partido Comunista de Austrália subliñou que a sua organización participa xunto a outras entidades progresistas nas manifestacións para que regresen as tropas enviadas a Iraq e Afganistán, para que cesen as manobras relacionadas coa Guerra das Galáxias, para que se pechen as bases militares norteamericanas e para impedir que o rexime recolonice as illas e territórios do Pacífico.
Hannath Elina Middleton explicou que, na medida das suas posibilidades, o Partido desenvolve actividades para contrarrestar a propaganda terxiversada da imprensa capitalista contra Venezuela e Cuba e para que acabar co bloqueo contra a illa caribeña.
Finalizou: "Ficamos abraiados do constante movimento dos programas emprendidos pola Revolución, que eleva o nível de desenvolvimento. Iso é socialismo e contrasta co que nós temos en Austrália, onde estamos volvendo á escuridade. É necesário despertar ao povo, un xigante ainda durmido."

________________________________________________________________
Ligazóns relacionadas:
Vanguard, órgao de expresión do Partido Comunista de Austrália (Marxista-Leninista)

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com