Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Descobren nun pláxio ao líder de Primeira Linha
16/08/2006
O portal electrónico Vieiros deveria ter máis coidado á hora de escoller aos colaboradores. Unha má escolla significa restar creto e seriedade a esta páxina de información galega. Nos foros de Vieiros, alguén descobreu que un artigo de Carlos Morais, líder da organización neotroskista Primeira Linha, era un puro pláxio dunha obra de investigación do profesor Carlos Velasco. O artigo en cuestión leva o nome de 1936-2006. Reflexons sobre 70 anos de holocausto galego. O livro de Velasco é 1936. Represión e alzamento militar na Galiza, editado por A Nosa Terra.

Reproducimos a continuación o comentário que descobre as "coincidéncias":

"Bom, polo menos sabemos que Morais leu (ou utilizou) o livro publicado já no passado Março por Carlos Velasco Souto, professor de História da Univ. da Corunha: 1936. _Represión e alzamento militar en Galiza_ (Vigo: Edicións A Nosa Terra, 2006). O que acontece é que, para ser um pesquisador respeitável, há que fazer de duas uma: ou citar as fontes e usar as aspas " ", ou copiar sem que se note. Passo a reproduzir algumas amostras.
Celso (26/07/2006 02:36)

MORAIS:
"Mas a resistência popular provoca o seu inicial fracasso, transformando-se numha guerra de classes que dura três anos. Por um lado o proletariado, a pequena burguesia democrática, um pequeno sector do exército e das forças policiais, o mais lúcido da cultura e da intelectualidade..."
VELASCO (op. cit. 2006):
"... organización dunha resistencia anti-fascista que, protagonizada polas clases traballadoras, a pequena-burguesía democrática, un sector minoritario da milicia e o mellor das forzas da cultura, habría asombrar o mundo durante os tres anos subsecuentes" (p. 13).
Celso (26/07/2006 02:40)

MORAIS:
"Nas autoridades pesava por um lado a obediência cega a Casares, mas sobretodo o temor à reacçom das massas operárias armadas e movimentadas."
VELASCO (op. cit. 2006):
"e [os Governadores Civis], vítimas da sua indecisión, da obediencia cega a Casares e do temor ás masas obreiras armadas..." (p. 24).
Celso (26/07/2006 02:41)


O próximo livro?


MORAIS:
"O êxito do amotinamento da armada em Ferrol poderia ter bloqueado os portos, bombardeado os quartéis sediciosos, ou no melhor dos casos agindo como um poderoso poder disuasório."
VELASCO (op. cit. 2006):
"... quedaban os cruceiros Libertad e Cervantes, cuxas tripulacións se amotinaron no día 19 contra os seus mandos en alta mar. Aínda estaban a tempo de salvar a base de Ferrol, e en calquera caso podían ter bloqueado os portos galegos, bombardeando os acuartelamentos dos sediciosos (...) En calquera caso o seu poder disuasorio tería sido enorme" (pp. 22-23).
Celso (26/07/2006 02:43)

MORAIS:
"Aí estám a multidom de operários e labregos, de militantes e simpatizantes da Frente Popular que procedentes das mais variadas comarcas do país afluem cara as capitais provinciais para defender a República e neutralizar o golpismo."
VELASCO (op. cit. 2006):
"Entrementres, multitudes de obreiros, militantes e simpatizantes frente-populistas, procedentes dos máis variados contornos da xeografía do país, afluén cara ás capitais provinciais para prestaren o seu apoio" (p. 14).
Celso (26/07/2006 02:44)

MORAIS:
"Na Galiza nom houvo frente de guerra convencional, sim guerra de extermínio."
VELASCO (op. cit. 2006):
"Aquí non houbo fronte de guerra en sentido convencional mais si, como veremos, unha auténtica guerra de exterminio" (p. 13).
Celso (26/07/2006 02:46)

MORAIS:
"O fascismo pretendia aterrorizar, paralisar a resposta popular, evitar a reorganizaçom da resistência, e impor um regime autoritário alicerçado sobre o medo, o pánico e total indefensom, gerando sensaçom de que ninguém estava a salvo de represálias ou mesmo da morte."
VELASCO (op. cit. Março 2006):
"... un terror masivo, aparentemente sen lóxica nin fundamento pero que en realidade buscaba inocular a sensación de pánico e total indefensión no conxunto da sociedade, facéndolle asumir que ninguén estaba enteiramente a salvo de represalias ou mesmo da morte" (p. 29)
Celso (26/07/2006 02:47)

MORAIS:
"Nas instruçons enviadas nos dias prévios aos seus subordinados Mola afirmava sem eufemismos que "a acçom deve ser em extremo violenta para reduzir o antes possível o inimigo, que é forte e está bem organizado", aplicando "castigos exemplares a todos os directivos de partidos e sindicatos desafectos ao Movimiento" a fim de "esganar os movimentos de rebeldia e greves"."
VELASCO (op. cit. Março 2006):
"...o xeneral Emilio Mola, enviaba aos seus subordinados nos días previos ao alzamiento. Así, na máis coñecida delas, a intitulada nº 1 dicíase sen máis requilorios que "a acción debe ser en extremo violenta para reducir o antes posíbel o inimigo, que é forte e está ben organizado", aplicando "castigos exemplares a todos os directivos de partidos e sindicatos desafectos ao Movimiento" a fin de "esganar os movementos de rebeldía e folgas" (p. 27).
Celso (26/07/2006 02:50)

Bom, espero não ter aborrecido com as minhas citações anteriores. Provavelmente as "coincidências" entre o artigo de Morais e o excelentemente documentado livro de Carlos Velasco (mais de 160 referências bibliográficas) sejam ainda mais. A primeira parte do artigo de Morais praticamente resume as 40 páginas iniciais do livro de Velasco. Podia tê-lo dito. Mas sem citar a fonte, o artigo é um tipo de acção muito comum no mundo akadémico, infelizmente chamada (também)... fuzilamento.
Celso (26/07/2006 02:58)"

Ligazón ao artigo completo e aos comentários

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com