Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Discurso de Raul Castro ao receber a Orde Ho Chi Minh en 1985
13/08/2006


Compañeiros:

Con profunda emoción recebo de vostedes, queridos representantes do heroico povo da República Socialista de Veitnam, a Orde que leva o glorioso nome do fundados da vosa pátria e exemplar revolucionário dos nosos tempos, o inesquecível Ho Chi Minh. Do mesmo xeito, sinto honrado de patentizar a gratitude dos xenerai e oficiais condecorados hoxe.

Especial significación ten, ademáis, este prezado recoñecimento, por conceder-se celebrando o XL aniversário da Festa Nacional de Vietnam, data que trascende á história contemporánea porque marca o comezo do desmoronamento do sistema colonialista mundial e o xurdimento, precisamente neste mes de setembro, mais de 1945, da República Democrática de Vietnam.

Apartir de entón novas e complicadas provas tivo que afrontar a xoven revolución trunfante e o seu partido de avangarda, baixo a certeira dirección do compañeiro Ho Chi Minh. Primeiro combateu durante oito anos a agresión dos intervencionistas franceses, empecinados inútilmente en retrotrair a ese país a un estatus colonial. A batalla de Dien Bien Phu, que conmoveu a toda a humanidade progresista, sinalou a irreversível derrota das tropas francesas a mans dos combatentes revolucionários.

Porén, o imperialismo norteamericano, principal sostén do rexime de explotación instaurado no sul de Vietnam apartir da división do país, encetou en 1962 a agresión contra o povo vietnamita, que se converteu nunha das guerras máis crueis, inxustas e despiadadas que lembra a história.

En longos anos de loita, os combatentes do Exército Popular de Liberación e da República Democrática de Vietnam escreberon páxinas imborráveis de heroismo e valor, e aprenderon, a costa do seu próprio sangue, a desenvolver un sistema de guerra popular contra o que se estrelaron as mellores tropas e os méios máis sofisticados do imperialismo, até a sua derrota definitiva, en 1975.

Para o noso povo e partido, as experiéncias acadadas por vostedes constituen unha fonte inagotável de ensinanzas en todas as ordes, e podemos asegurar-lles que, se a querida Unión Soviética é a nosa mestra na arte militar socialista, o entrañável Vietnam foi-no na organización da guerra de todo o povo, pilares fundamentais da nosa doutrina militar e inquebrantável sistema defensio no que participan ativamente os homes e mulleres da nosa pátria.

Vostedes foron os criadores da ciéncia militar da guerra popular, capaz de frear, dobregar e derrotar ao agresor imperialista. Ese legado aos povos do mundo é un mérito histórico, outra contribución de Vietnam ao movimento revolucionário mundial.

Queridos compañeiros vietnamitas:

Significa un motivo de profunda satisfacción, a honra de receber esta valiosa condecoración, algo que agredecemos no nome do noso partido e dos revolucionários cubanos, que representamos neste momento.

Este estimável e prezado xesto constitue un símbolo da imperecedoira amizade que une aos povos de Cuba e Vietnam, sólidamente forxada na indobregável loita sostida onte e hoxe baixo a inspiración e as bandeiras invencíveis do marxismo-leninismo.

Permitan-me nunha ocasión como esta, lembrar as verbas que un dia pronunciou o noso Comandante en Xefe estando en terra vietnamita cando expresou: "Non importa que estexamos distantes, non importa que alá é de dia e aquí é de noite neste minuto, iso simplesmente quer dicer que sempre é de dia no campos das ideas revolucionárias, que sempre o sol alumea á Revolución, en Cuba e en Vietnam".

6 de setembro de 1985

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com