Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Governantes árabes Vs. povo árabe
07/08/2006


Nengún país árabe fixo amagos de auxiliar aos seus viciños libaneses, e non é raro visto a pasividade do mundo árabe co xenocídio sionista sobre o povo palestino. Porén seria errado falar de insolidariedade entre os povos árabes; as contínuas manifestacións populares de solidariedade con palestinos e libaneses que se dan no mundo árabe son unha clara mostra disto. Outa cousa son os dirixentes governamentais, levando a cabo políticas a prol dunha minoria acomodada e contra as masas traballadoras, seguindo, agás algunha excepción, os ditames dos Estados Unidos. As clases governantes dos países árabes non queren enfadar aos que se pensan donos do mundo. As tíbias resolucións de condena da Liga Árabe non son máis que foguetes de artifício ante o armamento dos imperialistas.

Mália isto, Síria, através do seu Ministro de Información, Mohsen Bilal, nunha entresvista que publica a revista ianqui Time, afirmou que no caso de chegar o exército sionista até Masnaa, no leste libanés, as tropas sírias entrarian en território libanés. Masnaa, principal ponto de paso da estrada que une Damasco con Beirut, foi bombardeada por avións israelies o domingo 30 de xullo, deixando inutilizável este paso.

As declaracións do ministro sírio son ben tristes: "Agardamos non ver-nos obrigados a meter-nos nesta aventura de Israel, mais desconfiamos das autoridades israelies". Semella que para o governo sírio a invasión sionista é unha "aventura" e mentres non poñan en perigo os seus intereses non van mover un dedo.

O certo é que, cando Israel redobraba o seu ataque a Gaza, tan só Hezbollah foi quen de sair na sua defensa. E agora, no intento de invasión do Líbano, hai que buscar no povo aos heroes que, coas armas na man, defenden o seu território da barbárie imperial. Heroes como os catro mozos militantes do Partido Comunista Libanés que cairon nun desigual enfrontamento coas tropas invasoras sionistas.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com