Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Governo Kirchner: unha análise marxista-leninista
10/08/2006

Sérgio Ortiz, Secretário Xeral do Partido de la Liberación de Arxentina fai a seguinte análise verbo do governo de Kirchner no marco da Escola de Formación de Cadros "Elias Semán" que este partido comunista celebrou entre maio e xuño deste ano.

CARACTERIZACIÓN POLÍTICA E DE CLASE DO GOVERNO DE NESTOR KIRCHNER SEGUNDO O PARTIDO DA LIBERACIÓN

Os kirchneristas do PRD, Movimiento Evita, Pátria Libre-Barrios de Pies, Luis D'Elia-FTV-CTA, grupos emanados do Partido Comunista como o PC "Congreso Extraordinario", agora o Movimiento Libres del Sur e, con maior razón os dirixentes da Frente para la Victoria e os do Partido Justicialista, sosteñen que o de Néstor Kirchner é un governo popular e progresista.

Os trotskistas nas suas distintas ramas (PO, os do MST, MAS, PTS) así como o PC de Patrício Echegaray, sosteñen, pola contra, que este governo é continuidade esencial dos de Carlos Ménem, Fernando de la Rua e Eduardo Duhalde, ou sexa, proimperialista.

O Partido da Liberación (PL) da Arxentina difire con todos estes e quer dar a sua própria caracterización de clase e política do governo que ven de cumprir tres anos de xestión.

A. Cousas negativas de Kirchner:

- Entre 2003 e hoxe, pagaron-se 24.893 millóns de dólares ao FMI e demáis organismos financeiros internacionais. Deses, 6.000 millóns foron pagados polo governo de Eduardo Duhalde, e 19.000 millóns polo de Kirchner. O país pagou o 3 de xaneiro último 9.530 millóns de dólares ao FMI e cancelou así toda a déveda co organismo, como este viña esixindo -desde tempos da dirección de Kohler-Krueger- a Arxentina, Brasil, Turquia e Rúsia. Mais seguimos a ser parte do FMI, pagamos a cota e somos obxectivo das revisións anuais segundo o artigo 4º da carta da entidade. Como é óbvio, eses pagos millonários legalizaron unha déveda fraudulenta e desfinanciaron programas sociais.

- Kirchner respeitou a meirande parte dos contratos coas empresas privatizadas. De 68 contratos só anulou 4: Thales Spectrum, Correo Argentino, a ferroviária San Martín e Aguas Argentinas. A sua primeira idea foi privatizar estas empresas, o que de feito aconteceu co ramal ferroviário cunha unidade de Xestión Privada con titulares doutras concesións férreas. Dando continuidade ás privatizacions legalizou os "tarifazos", os incumprimentos empresariais dos cánones e investimentos comprometidos, etc. Nesta dinámina non é raro que o governo de Córdoba asinara un novo contrato co grupo francés Suez (Aguas Cordobesas) aumentando as tarifas entre un 80 e un 500 por cento, contrato rexeitado pola povoación.
No caso de Aeropuertos Argentina 2000 foi-se-lle perdoado ao seu titular, Eduardo Eurnekian, os reiterados incumprimentos no pago do canon, e esa déveda, no canto de cobrá-la, serviu para que o Estado "compre" unha parte das accións cando o correcto seria reestatizar o servizo de Ezeiza e os 32 aeroportos do país.

- Kirchner respectou a renda petroleira de Repsol e demáis empresas estranxeiras (Petrobras, Panamerican, Total, etc). Segundo o movimento nacionalista Moreno (orientado por Fernando Pino solanas e Gustavo Calleja), durante 15 anos, a razón de 8.000 millóns de dólares anuais, esa renda significou 120.000 millóns de dólares roubados por esas compañias. Kirchner non fixo nada para impedí-lo. Esas empresas apoderaron-se completamente de YPF entre 1991 e 1999 (Repsol tivo apartido dese momento o 99% da empresa), beneficiando-se con concesións até o 2017. Na Loma de la Lata, Neuquén, a principal área de YPF, conseguiron unha prórroga até 2027 grazas a De la Rua-Chacho Álvarez, en decembro de 2000, por unha ridícula cantidade de 300 millóns de dólares.

- Kirchner e o seu Ministério de Economia subsídian a empresas privadas de xeitos diversos. Hai un programa de subsídio a investimentos industriais que en 2005 proporcionou 1.700 millóns de pesos a polvos como Daimler Chrysler, Molinos Rio de la Plata, Siderar-Technit, Acindar, Repsol-YPF, Cargill, Fate, Envases Misioneros e Aceros Zapla. O Estado garantiu os créditos de Technit para a ampliación do Gasoducto do Norte, da que esa empresa siderúrxica é parte controlante. En fevreiro de 2006 o presidente anunciou os subsídios para as empresas privadas de transporte (ramais ferroviários, colectivos, etc.): 5,7 millóns de pesos diários, algo así como 1.290 millóns ao ano. Coñeceu-se recentemente que eses subsídios chegan a 1.600 millóns de pesos anuais. A escusa dada é que deste xeito non subiria o prezo do billete de transporte mais en Córdoba o billete de colectivo co intendente kirchnersita Luis Juez, pasou de 90 centavos a 1,20 pesos.

- Os salários dos empregados estatais e as xubilacións tiveron melloras inferiores á inlación e agora están conxelados xa que o orzamento nacional de 2006 non contempla nengún aumento para estes. Tampouco terán mellora algunha os 1,5 millón de desocupados que cobran o subsídio "Plano Xefes de fogar": manten-se fixo en 150 pesos desde 2002 mália padecermos unha inflación anual do 11-13%.

- Coerente coa sua política de apoio á grande burguesia exportadora, Kirchner alardea de que as exportacións anuais superaron en 2005 os 40.000 millóns de dólares. Desa enorme soma, o governo receve só unha porción, via retencións ás exportacións, mais a parte do leon é para Repsol, Techint, Bunge, Aceitera Gran Deheza, Swift, etc. No caso das petroleiras, continua vixente un decreto de Duhalde polo que se lles permite que non liquiden no país o 70% das divisas obtidas polas suas vendas externas. Kirchner permitiu a continuidade dese roubo que vai contramaré das demandas de nacionalización dos recursos naturais que se están a dar en América Latina.

B. Diferéncias de Kirchner con Menem e De la Rua:

- Menem e De la Rua foron apresentados polo FMI-Banco Mundial como os seus mellores alunos, sobretodo o primeiro, que foi levado en 1998 como convidade estrela xunto a Bill Clinton á asemblea anual desas duas entidades. Non é o caso de Kirchner, que cuestiona determinados aspectos do plano neoliberal e as receitas fondomonetaristas, ainda que despois lles page toda a déveda.

- Kirchner non privatizou as empresas senón que admitiu a continuidade das privatizacións coas catro EXCEPCIÓNS mencionadas, o que é moi grave mais non é exactamente o mesmo que privatizá-las por decisión própria. Nese marco tivo contradiccións e regateos con Repsol polo prezo do gas, con Suez-Aguas Argentinas pola sua decisión de sair do país, co resto das privatizadas polos seus reclamos ante o Ciadi (tribunal arbitral do Banco Mundial), coas suas demandas de aumentos xeralizados de tarifas, etc.

- Tanto Menem como a Alianza mantiveron o seu alegre acordo cos organismos financeiros internacionais e o capital trasnacional "investido" aquí (privatizadas). E cos bancos, que emprestaban ao Estado con tasas de usura de máis do 30% anual en dólares. É por iso polo que o seu principal apoio era a Asociación de Bancos de Arxentina, Adeba, que entón agrupaba a entidades estranxeiras e nacionais privadas. Estes bancos afundiron o país roubando capitais por 16.000 milllóns de dólares en 2001 segundo o ditame da Comisión Investigadora da Cámara de Depñutados. Tamén o apoiaba a Sociedad Rural Argentina, expresión do máis reaccionário da oligarquia de investimentos diversos, que partindo da renda agrária investiu en seguros, finanzas, agroindústrias, etc. Menen queria asinar o ALCA xa con George H. Bush (pai) e a sua participación no MERCOSUL era secundária. En Kirchner vemos un cámbio de prioridades: primeiro está o MERCOSUL e desde alí procura apoiar-se na Unión Europea para regatear co ALCA. Por momentos a fricción con Bush acrecenta-se, como na IV Cimeira das Américas no pasado novembro, sen chegar a unha ruptura.

- Kirchner goza sobretodo do apoio da grande burguesia industrial, centralmente Techint, grupo Clarín-Feriagro, Aluar, grupo Werthein, a Unión Industrial Argentina (Héctor Méndez), a Asociación Empresaria Argentina (Luis Pagani, de Arcor). Dentro das finanzas está apoiado por Adeba (Jorge Brito-Macro-Bansud) que nuclea agora á banca privada nacional e Abappra (Carlos Heller-Credicoop) onde están as entidades públicas e as cooperativas. Outras entidades da burguesia nacional apoian ao governo con maior ou menor degrau de firmeza, como a Federación Agraria Argentina, que agrupa a uns cen mil produtores meios e ricos, a CAME de Osvaldo Cornide, con representación de comércios (non hipermercados), a Apyme e o mencionado Crediccop, a décima entidade en depósitos e activos sobre un total de 89 bancos que operan na Arxentina.

Destes apoios e das críticas que o governo recebe da Sociedad Rural Argentina e a capa superior dos ganadeiros (CRA-Carbap), cuxo voceiro de imprensa é o oligárquico diário "La Nación", máis os tiróns que ten coas privatizadas, a falla de créditos de organismos financeiros internacionais e de investimentos externos significativos, etc, o Partido de la Liberación conclue que estamos ante un governo onde prevalecen os intereses da grande burguesia industrial, sobretodo o seu segmento exportador industrial e, en posición subordinada, algunhas capas superiores da burguesia nacional.

Apartir desa alianza político-social, o governo arrastra a sectores da pequena burguesia, capas méias e incluso a amplos sectores do povo. Comprobou-se nas eleizóns do 23 de outubro de 2005 (descontando a demagóxia, os planos de obras públicas e a merca de lexisladores, governantes e intendentes). Alianza que se volveu ver no acto do 25 de maio, cunha concurréncia de 150.000 persoas, no que o presidente se rixo arrodear de Mais e Avoas de Plaza de Mayo.

Por iso coidamos que ao governdo de K non hai que cualificá-lo como "lambebotas ianquis", como moi ben definiu Fidel Castro aos governos arxentinos anteriores. Mais simultáneamente hai que ser opositores a esta administración, animando unha oposición popular revolucionária, e ter sempre claro que estamos ante un governo gran burgués que regatea a dependéncia sen pensar acabar con ela.

C. A análise política das diferénzas:

Como a análise marxista non deve pecar de economicismo, hai que considerar tamén outras cuestións políticas. Kirchner baseou a sua campaña política en atacar a Menem e ao neoliberalismo (alén do seu pasado como governador afín ao menemismo na província de Santa Cruz entre 1991 e 2003). Xuntou-se, ao mesmo tempo, con Duhalde, que rachara con Menen no méio de escandalosas críticas derivadas da tentativa menemista da reeleizón.

Kirchner tentou unha via transversal, somar sectores de centroesquerda ou progresistas, fóra do tradicional PJ. Após xuntar masa crítica, volveu botar as redes e pescou á maioria do PJ, deixando a Duhalde cuns poucos lexisladores e un pequeno poder bonaerense.

Pola contra, Menem tomou de base ao PJ e privilexiou o achegamento cara a UceDé do clan Alsogaray e demáis expresións da direita, incluso inimigos históricos do peronismo como o almirante Isaac Rojas (segundo xefe fa "Revolución Fusiladora" de 1955), Adalbert Krieger Vasena, José Martínez de hoz, a Rural, etc.

Kirchner non é un defensor a ultranza da Xerazón do 70 nen un campión dos direitos humanos, por máis que Hebe de Bonafini e Estala de Carlotto (de Madres e Abuelas) afirmen esa barbaridade. Mais de todos os xeitos, neste campos vemos máis direnzas con Menem, que asinou dous indultas aos xenocidas (outubro de 1989 e decembro de 1990).

Pola contra, Kirchner aceitou finalmente que os seus acompañaran en agosto de 2003 o proxecto de Patrícia Walsh e outros lexisladores de esquerda ou progresistas para anular as leis de Ponto Final e Obediéncia Devida (coa patética abstención de Luiz Zamora, ex trotskista de Autodeterminación y Libertad). Kirchner, ao pouco de ser presidente, descabezou a cúpula castrense do xeneral Ricardo Brinzoni, implicado na masacre de Margarita Belén. Tamén deu de baixa a algúns militares polos seus antecedentes represivos, como aconteceu en 2005 co xeneral Gonzalo Palácios, xefe do Quinto Corpo con asento en Baía Blanca, con antecedentes de instructor na trístemente célebre "Escola das Américas" dos ianquis.

O governo pelexou coa cúpula reaccionária da Igréxia expresada no cardenal Jorge Bergoglio e censurou-lle ter calado ante tantos crimes, incluso dos que derramaron sangue de membros da Igrexa. Foi a La Rijoa e reivindicou ao bispo mártir Enrique Angelelli.

O governo entrou en conflito co papa Xoan Paulo II após cesar ao bisco castrense Antnio Baseotto, quen fixera apoloxia dos "voos da morte" nunha ameazante carta ao ministro de Saúde, Ginés González Garcia, por mor dos planos de saúde sexual e o reparto de preservativos. Este conflito perdura ainda agora.

Nestes momentos hai 200 militares, a meirande parte deles retirados, detidos por violacións dos direitos humanos durante a dituradura. Algúns estaban de antes (causa por roubos de bebés, etc), mais o resto foron presos VIP após a anulación das leis da impunidade en 2003.

O governo propuxo feirar o 24 de marzo en homenaxe á memória, o que facilitou a multitudinária mobilización de masas ao se cumprir os trinta anos do golpe. Foi un duro golpe á "teoria dos dous demos" defendida pola direita, que quere impor a data do 5 de outubro, cando Montoneros atacou en 1975 o Reximento 29 de Monte de Formosa.

A táctica de Kirchner cara ao movimento de masas é menos represiva que a dos seus antecesores, incluido Duhalde (lembrar a masacre do Puente Pueyrredón e estación Avellaneda en xuño de 2002). Este governo fai concesións menores, utiliza os cabalos de Troia dos seus operadores "ex piqueteiros" como D'Elia, Ceballos, Pérsico, etc, premiados con cárregos oficiais e subsídios.

E por último, tamén bota man da policia e Xendarmeria, nunha tendéncia que comezou coa represión na Lexislatura porteña en 2004 durante o tratamento do código contravencional proposto por Macri e unha parte do ibarrismo. O rosto represivo do governo viu-se claramente en Santa Cruz, coas redadas policiais e da Xendarmeria en Caleta Olívia, las heras e Pico Truncado, contra desocupados e os obreiros petroleiros, empregados municipais, con mulleres feridas, compañeiros detidos e golpeados, etc. O último destes ataques foi cando os obreiros petroleiros reclamaban contra o imposto aos benefícios que eles devian inxustamente pagar.

Valorando as diferéncias entre este governo e os anteriores en matéira de direitos humanos, o PL imputa directamente a Kirchner:

- Non derogar os dous indultos de Menem aos xenocidas coa escusa de que esa devia ser unha cuestión da xustiza.

- Non cumprir co envio dun proxecto de lei de amnistia ao Congreso para favorecer aos máis de 4.000 loitadores populares procesados por distintas protestas, tal como prometera o secretário de Direitos Humanos da Nación, Eduardo Luis Duhalde.

- Ter actualmente oito presos políticos: seis en Las Heras, Cristina Ruiz en Caleta Olívia (ambas localidades de Santa Cruz, a província do presidente) e Chacho Berrozpe, do MTR-Cuba, en Mar de Plata.

- Enviar 600 efectivos militares á Minustah que mantén a ocupación militar de Haití coas falsas premisas, ianquis, das "intervencións humanitárias". Non se pode declamar sobre os direitos humanos e ao mesmo tempo ser parte da Minustah, facer os exercícios Unitas coa mariña ianqui todos os anos, etc.

D. En relación á política cara a Cuba.

- Menem e De la Rua mantiñan relacións diplomáticas con Cuba mais sobresaia nos dous o seu ódio á revolución cubana e á sua dirección política, á que tachaban públicamente de "ditadura" facendo-lle o xogo ao imperialismo ianqui. Kirchner cambiou nese aspecto, sobretodo cando convidou e recebeu a Fidel Castro en maio de 2003, permitindo o uso do espazo público para facer o grande acto público con 40.000 persoas e Fidel como orador nas escalinatas da Faculdade de Direito da UBA, etc. Sabemos que se incrementou o comércio e que hai boas intencións por ambas partes para o recoñecimento oficial dos títulos dos alunos arxentinos en Cuba. O cámbio de Jorge Taiana por Rafael Bielsa pode ser positivo para a relación mútua.

Ao mesmo tempo manifestamos que:

- Kirchner non viaxou a Cuba como prometeu várias veces o ex canciller Bielsa, quen en outubro de 2004, ante unha delegación de Mil por Cuba, dixo que o presidente viaxaria a la Habana en xaneiro de 2005. Remata xa 2006 e non hai asomos desa viaxe.

- Esa inasisténcia kirchnerista non é casual: ten a ver coa forma coa que o governo arxentino tratou o caso da médica "gusana" Hilda Molina.

- Nunha reportaxe do diário Clarín, en maio de 2005, Kirchner criticou ao presidente de Cuba polo tema dos direitos humanos que supostamente este non respeita globalmente, sobretodo na "esfera política".



Por estas razóns, e por outras máis, como a diferéncia do governo arxentico cos de Cuba e Venezuela con respeito ao ALCA, o ALBA, a Minustah, o voto na OIEA sobre Irán, etc, o PL non compra a tese de que o governo de Kirchner é popular. Pola nosa caracterización de clase deste governo e os seus regateos co inimigo principal -o imperialismo e a oligarquia- non tratamos a Kirchner ocmo a Menem e temos tácticas diferentes frente a un e outro. De feito suspendimos desde 2003 a consigna dunha novo Arxentinazo, por esas diferenzas que visualizamos entre ambos e porque un sector importante do povo coida que estamos ante un governo progresista, pensamento que vai desaparecendo en algúns sectores de loitadores mais ainda perdura entre as masas.

Ainda máis, no caso de conflito grave do governo K co imperialismo ianqui, como o amago polo debate do ALCA en Mar de Plata, ou ben por un conflito cos xenocidas e represores, que disconformes cos procesamentos, detencións e xuizos podan tentar un cuartelazo ou atentados terroristas, en calquer desas hipóteses non teremos dúvidas en chamar ao povo a mobilizar-se contra o inimigo principal (o ALCA e os xenocidas, nestas hipóteses). Nesas circunstáncias excepcionais non teriamos problemas en confluir co governo, golpeando xuntos e marchando por separado. Un anticipo foi a nosa presenza no acto do 24 de marzo de 2004, no traspaso da ESMA a Museu da Memória, sendo o único partido de esquerda presente. E tamén se pode rastrear esa postura na negativa a por como branco a kirchner no documento do 24 de marzo, ao se cumprir os 30 anos do golpe, onde dimos debate dentro do espazo "Memória, Verdade e Xustiza" contra os trotskistas, o PCR, o PC e outras organizacions que consideran a Kirchner como un continuador do "xenocídio e o extermínio".

Mais non esquecemos que na Arxentina hai duas contradiccións importantes. Unha principal, que opón ao povo coa oligarquia e o imperialismo, e outra, tamén fundamental, entre o povo e o governo gran burgués. Falando en temos marxista-leninistas: está a loita antiimperialista que é a principal, mais sen desvinculá-la da loita democrática-popular. A primeira contradicción remite-nos a Bush, o imperialismo e os monopólios estranxeiros e nacionais. A segunda a derrotar o proxecto gran burgués de Kirchner que mantén e ainda empeora a regresiva distribución do ingreso, onde o 10% máis rico gaña 30 veces máis que o 10% máis pobre, segundo información oficial do Instituto Nacional de Estatísticas e Censos (INDEC).

A história de todo o século XX demostra que se o povo arxentino ten como dirección á grande burguesia e parte da burguesia nacional, antes ou despois, perde na confrontación de clase coa alianza imperialista-oligárquica. Para que ese resultado non se repita, cos saldos dolorosos que provoca, é mester que xurda unha frente antiimperialista coa direccion dos sectores revolucionários en polítca e da clase obreira como cabeza da frente. A dirección do Partido Justicialista, da Frente para la Victoria ou da "concertación plural" baixo hexemonia de Kirchner, levara-nos a outra derrota popular porque carece de vontade e estratéxia antiimperialista e anitmonopolista.

Ese é un pecado capital nestes tempos nos que a administración Bush quer levar-se o mundo por diante en base ao seu poderio económico e militar. A debilidade presidencial nota-se en que non abandoa o nível dos regateos co império e en que se resiste a integrar a frente antiimperialista que perfilan a Alternativa Bolivariana das Américas (ALBA) e o Tratado de Comércios dos Povos (TCP) formados por Cuba, Venezuela e Bolívia.

29 de maio de 2006
Sergio Ortiz

Secretário Xeral do Partido de la Liberación de Argentina

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com