Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Hezbolá mina a reputación militar de Israel
15/08/2006


Un artigo de Thalif Deen para Inter Press Service New Agency
Israel gañou a reputación de ser a invencível poténcia militar de Médio Oriente após as suas vitórias contra os exércitos árabes unidos en 1967 e contra Exipto en 1973. Mais o actual conflito en Líbano podería minar este prestíxio.
Na Guerra dos Seis Dias, de 1967, Exipto perdeu 264 avións e 700 tanques, Xordánia 22 avións e 125 tanques e Síria 58 avións e 105 tanques. A única perda israelí foi de 40 avións e 100 tanques, segundo o historiador británico Dilip Hiro, especializado no Médio Oriente. Ao remate deste conflito, Israel ocupara Xerusalén oriental, a franxa de Gaza, as medirionais cidades palestinas de Belén, Hebrón, as norteñas de Xenín e Naplusa, as Alturas do Golán e o balneário exípcio de Sharm el Sheik.

Algunhas destas terras están ainda ocupadas mália existir unha resolución do Consello de Seguridade da ONU que ordenou o repregue israelí. Mais a forte resisténcia que hoxe oferece o movimento islamista chiita Hezbolá (Partido de Deus) aos implacáveis ataques israelies no sul do Líbano, encetados o 12 de xullo, puxeron en dúvida a reputación de Israel como unha poténcia militar invencível no Médio Oriente.

"Hezbolá fixo que Israel non acadara nengún dos seus obxectivos estratéxicos e a meirande parte dos seus obxectivos tácticos", sinalou Mouin Rabbani, editor do Informe sobre Médio Oriente, publicado polo non governamental Proxecto de Información e Investigación sobre Médio Oriente, con se en Washington.

"Poderia-se dicer que Israel está pelexando a guerra para a que Hezbolá estaba preparado, máis que a guerra que Israel pretendia pelexar", dixo a IPS.
Rabbani sinalou que a estratéxia inicial israelí era acadar un rápido e definitivo golpe contra o movimento islamista.

"E quixo reforzar isto xerando unha presión oficial e popular libanesa contra o movimento ao esnaquizar a infraestrutura do país, criando un éxodo masivo do sul e facendo que a povoación pagara polas accións de Hezbolá", engadiu.
Mais, un mes despois, "o impacto desta campaña semella ser sufrido, máis que inflixido, por Israel".

Comenta-se a cotio que nun enfrontamento entre unha forza militar convencional e un movimento guerrilleiro, "este último gaña mentres non sexa completamente derrotado e o primeiro perde se non gaña completamente", indicou Rabbani. Este parece ser o caso do conflito no Líbano.

Pola sua banda, a analista Nadia Hijab, ex integrante do Instituto para Estudos Palestinos, con se en Washington, sostivo que, dalgunha maneira, Hezbolá xa trunfou, se é que algunha parte pode ser considerada gañadora após a enorme morte e destruizón.

O movimento islamista "mantivo a sua resisténcia a Israel moito máis que calquer combinación de exércitos árabes en 1967 ou en 1973, causano un maio número de baixas", dixo Hijab a IPS.

Os seus combatentes están ben armados, adestrados e disciplinados. Prepararon-se para pelexar contra Israel durante a ocupación do sul do Líbano, entre 1982 e 2000.

Un artigo na edición do domingo do xornal ianqui The New York Times non só subliña a destreza militar de Hezbolá, senón tamén os servizos sociais e humanitários que empresta á povoación libanesa e que lle serviron para gañar apoio.
"Os combatentes de Hezbolá moven-se como sombras através das montañas do sul do Líbano. Os seus traballadores nos povos e aldeas, igual de fantasmagóricos, instalaron-se na vida das persoas. Cobres gastos médicos, oferecen asisténcia sanitária, pagan as cotas escolares e axudan con diñeiro a pequenos empresários", sinalou o diário.

Mália ser Hezbolá un partido político recoñecido, dos dous membros no governo, Estados Unidos tacha-o de "organización terrorista". A pasada semana, a Unión Europea rexeitou unha petición de Washington, negando-se a incluir a Hezbolá na sua lista de grupos terroristas.
"Por mor da delicada situación na que estamos, coido que non é algo para proceder agora", afirmou o presidente finlandés Erkki Toumioja, cuxo país exerce a presidéncia rotativa do bloque.

Robert Pape, profesor de ciéncia política na Universidade de Chicago, subliñou que Israel finalmente deveu recoñecer que non poderia derrotar a Hezbolá combatendo só por ar.
"Nas próximas semanas aprenderá que por terra tampouco funcionará. O problema non é que os israelies non teñan suficiente poder militar, senón que non comprenderon a natureza do inimigo", sostivo.

Contrariamente ao que se pensa, Hezboá non é principalmente unha milícia islamista nen un partido político, senón un amplo movimento que xurdiu en reacción á invasión israelí no sul do Líbano, en xuño de 1982, sinalou Pape, autor do livro "Dying to Win: The Strategic Logic of Suicide Terrorism" ("Morrendo para gañar: a lóxica estratéxica do terrorismo suicida").

Os obxectivos imediatos de Hezbolá no actual conflito eran acadar a liberación de prisioneiros árabes en cárceres israelies, a devolución ao Líbano das Granxas de Shebba e a entrepa por parte de Israel de mapas amosando a ubicación exacta dunhas 300.000 minas antipersoais que instalou no sul libanés.

"Mais o degrau de preparación que tiña Hezbolá demostrou até que ponto o movimento ve a Israel como un inimigo implacável determinado a extinguir a resisténcia nacionalista árabe", indicou Hijab.

"Ainda que quizais non imaxinaban unha resposta israelí como esta, sabian que a guerra chegaria algún dia, e estaban preparados", engadiu.

Rabbani indicou que Israel, pola contra, recurtou unha e outra vez os obxectivos da sua ofensiva: primeiro era a erradicación do Hezbolá, despois o seu desarme, despois reducir a sua capacidade de lanzar mísiles, despois expulsá-lo máis ao norte e despois criar unha zona de contención coa axuda de forzas internacionais.

"Se as cousas continuan coma até agora, Israel terá que revisar tamen este último obxectivo", indicou.

"Dicia-se con frecuéncia que un dos pontos fortes das forzas militares israelies era a sua capacidade para aprender dos erros e cambiar. Esta cualidade non se viu moito no actual conflito", engadiu.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com