Cando menos 61 rapazas tamil morren asasinadas por bombardeos da Forza Aérea de Sri Lanka, e outras 129 escolares resultaron feridas. Catro bombardeiros do exército de Sri Lanka guindaron 16 bombas sobre o centro de orfandade Sencholai, un complexo de casas adicado ao ensino en Vallipunam, no distrito de Mullaithiyu. As escolares participaban nun curso de primeiros auxílios. O centro escolar comezou a funcionar hai oito ano, está nun lugar ben identificado e é ben coñecido tanto por organismos internacionais como polo governo de Sri Lanka. Moitas veces foi utilizado como lugar de celebración de seminários das Nacións Unidas. O centro acolle, ademáis de aulas de estudo, edifícios para orfos e discapacitados.
Este acto de xenocído por parte do governo de Sri Lanka tivo unha primeira parte o sábado 12, cando artillaria pesada atacou a igrexa de Allaipiddy onde se refuxiaban civís tamil, morrendo 25 deles.
Todas as organizacións tamil esixiron aos organismos internacionais que acudiran ao lugar da masacre e que condenaran este novo acto criminal do governo de Sri Lanka. Etiquetas: Asia |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.