Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Médio Oriente: os ditos e os feitos
04/08/2006

Un artigo de Roberto Bardini
E agora, no meio do estourido das bombas no Líbano, van por Irán. Non van por Israel, cuxos mísiles ar-terra e terra-terra xa masacraron a máis de 500 persoas, a mayoría civís e, moitos deles, nenos. As desgarradores fotografias dos pequenos corpos mutilados e as cariñas cos ollos abertos de espanto, dan a volta ao mundo, mais eles van por Irán porque poderian estar en condicións de fabricar bombas nucleares.

O Consello de Seguridade da ONU deu-lle un prazo a Teherán até o 31 de agosto para poñer fir ao seu programa de enriquecimento de uránio, sob a ameaza de sancións. Porén, nengún prazo a Israel para que deteña o aniquilamento de árabes, nen receveu nengún aviso de represalias.

O Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNP), asinado en 1968 e que entrou en vigor en 1970, permite só a cinco poténcias a posesión de armas atómicas: Estados Unidos, a Federación Rusa, o Reino Unido, o Estado francés e China. Os cinco son, asemade, integrantes permanentes do Consello de Seguridade da ONU.

Mália facer o quinteto a promesa de non usaren armas nucleares contra países que non posuan este tipo de armamentos, Estados Unidos reserva-se o direito de usa-las en caso de ser atacado con armas químicas ou biológicas.

Índia, Pakistán e Israel –aliados dos Estados Unidos, posuen armas nucleares, mais non asinaron o TNP. Nengún dos tres está baixo a lupa de Washington e os seus adeptos. No caso de Israel, por exemplo, é un segredo a voces que dispón de aproximadamente 200 cabezas atómicas, máis que China, Índia e Corea do Norte xuntas.

Corea do Norte asinou o TNP, mais non o ratificou. Irán tamén o suscreveu, ainda que os países occidentais suspeitan que apartir de 2004 –após a eleizón do presidente Mahmud Ahmadinejad- comezou a impulsar o desenvolvimento de armas nucleares.

As autoridades iraníes afirman que se trata dun proxecto de aplicación civil, especialmente para a xerazón de electricidade. O representante permanente de Irán ante a ONU, Javad Sharif, afirma que é “un programa pacífico, que non representa nengunha ameaza para a paz e a seguridade internacionais” e, xa que logo, “o Consello de Seguridade non ten nengunha base legar para ocupar-se diso”.

Cando de países “amigos” se trata, o contraste entre o dito e os feitos por parte desa difusa entelequia chamada “comunicada internacional” é notório. Afinais de outubro de 2005, catro meses despois de gañas as eleizóns iraníes, Ahmadinejad falou ante catro mil estudantes en Teheran e dixo que Israel devia ser “borrado do mapa”. O exabrupto provocou unha dura condena de Estados Unidos, a Unión Europea e Israel, que solicitaron a expulsión de Irán da ONU:

Actualmente, Israel semella estar disposto nos feitos a borrar do Médio Oriente á povoación civil de Palestina e Líbano, o que incluiu a morte deliberada de catro observadores da ONU na ciudade libanesa de Jiam, ao sul do país. O 25 de xullo, durante seis horas, os observadores –un austriaco, un canadiano, un finlandés e un chinés- avisaron dez veces co exército israelí para solicitar que cesaran os ataques e receveron promesas de que o bombardeo finalizaria. Investigacións posteriores determinaron que perderon a vida a causa da explosión dun mísil guiado, o que elimina a posibilidade dun erro.

Mais ningúen propuxo a expulsión de Israel do organismo mundial, nen sequer mentres se investigan os feitos. Neste caso, como sempre, a “comunidade internacional” laiou-se cos seus habituais comunicados que, a esta altura dos acontecimentos, representan unha pasiva, cínica e indignante letania.

Fonte: Argenpress

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com