Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Progres
23/08/2006



Artigo de Josemari Ripalda publicado no Gara

A mentalidade conservadora sempre se distinguíu polo seu pesimismo antropolóxico: o xénero humán é radicalmente mau; a máxima aspiración posíbel, non empiorar as cousas. A mentalidade progre, en troques, cre na bondade do home, mellor dito, na bondade dos progres (en representación, claro está, da humanidade). E que os progres sexan os bos cae polo seu peso, dados os principios que propugnan: liberdade, democracia, solidariedade, progreso, diálogo, non violencia... Como os progres saben moi ben cáles son os contidos destes termos, cómo son os seus administradores, cómo se identifican con eles, os progres son os bos.

Pero, que acontece se os principios, converténdose en auto-referenciais, serven para proxectar unha imaxe unificadora sobre a realidade e son máis ben un meio para se protexer desta? Ou se, no lugar de ser destilados da experiencia, se impoñen sobre ela? Velaí a clave da soverba e a insensibilidade do progre. Velaí tamén a marca da súa vontade de poder e a súa xustificación.

Así, para os progres o nacionalismo é insolidario, racha coa xeralidade racional e leva ao nazismo. O progre tipo hispánico non é nacionalista, iso fica para os fachas. O que fai o progre hispánico é limitarse a defender o Estado. Só que ese Estado que defende é un Estado nacional...

O Estado non ten por qué atender a reclamacións que estén por baixo do nivel da súa xeralidade nacional. Perante esa identidade xeral non contan outras identidades. Non é un asunto só de política; tamén a antropoloxía estrutural se veu adicando a xerar un sistema de oposicións estáticas entre grupos humáns, ou de contraste entre identidades étnicas pechadas, que en realidade toma coma modelo ese esquema do estado-nación. Unha identidade étnica sería un conxunto diferencial fronte a outras identidades de pautas de convivencia e relación social. Porén, que acontece se, coma dixo Fredrik Barth, a sociedade é un sistema aberto de desorde? se é a xente real, día a día, a que non só vai alterando o sistema estrutural de oposicións, senón que o híbrida con procesos de integración e complementariedade? A progresía ten amosado moi pouca sensibilidade fronte o imprevisto e indeducíbel e o ten tratado cun desprezo agresivo. Tamén a reivindicación de identidades oprimidas seguíu no seu interior con frecuencia un esquema perverso semellante.

Embora os antropólogos adoitan tender a pensar en oposicións estruturais, é normal que, onde hai contraste e oposición nun aspecto ou serie de aspectos, esa oposición non o abranxa todo. As identidades non son premisas naturais, senón resultados, que ademáis nin son totais nin definitivos. O que sí pode acontecer é que a historia real remate creando, coma na Irlanda do Norte, comunidades imbricadas, pero en agudo corte entre ellas. Non abonda con consignas ilustradas, coma «o diálogo», para que se produzan a comunicación e o acordo.

Por desgraza o tema de fondo xógase en campos nada teóricos nin éticos, senón de hexemonía económica e cultural do máis forte. Máis aínda, xógase sobre o trasfondo da inviabilidade crecente dos antigos estados nacionais. Como dí Giddens, eles teñen sido dende hai séculos os principais mediadores da globalización; pero xa non poden seguir facendo plausíbel esa mediación; fallan recursos, credibilidade e capacidade de representar aos seus supostos suxeitos cidadáns, máis aínda e isto convirte o Estado español en elo fébel da cadea, de respectalos. O Estado é demasiado fébel para resistir aos poderosos e para asumir os intereses dos súbditos. A panoplia das súas estratexias de dominación e represión non fixo senón diversificarse nos últimos decenios. E «a loita contra o terrorismo» converteuse de feito nunha nova Santa Alianza para a autopreservación estatal.

O tema do Estado, non o dos nacionalismos, é asunto de fondo, que tampouco «a revolución» conseguíu afrontar até agora. O Estado non acompaña á sociedade real, senón que voa por riba dela, máis ben coma unha ameaza. Os progres esqueceron hai tempo o problema implicado na esixencia por Marx (e non só polo anarquismo) de abolir o Estado; máis aínda, están encantados de ser eles os seus defensores. É a boa conciencia dos progres o pior neles, o que fai deles cúmplices. Porque ás veces semella que «bo» só pode ser agora, contra unha famosa frase de Kant, o que non ten recoñecido o seu dereito a se emancipar. E aínda así as «regras do xogo» fan case imposíbel que ao fin ninguén sexa nin medianamente «bo». Nunca houbo outra saída (sempre provisoria) que subverter esas regras, xogando doutro xeito e con outros supostos.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com