Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Terminator non recoñece a bandeira oficial de Vietnam
18/08/2006
A administración norteamericana e Noam Chomsky son os únicos que coidan que os Estados Unidos non perderon a guerra de Vietnam. Por fortuna, o resto do mundo sabemos que os ianquis tiveron que liscar coas orellas gachas de Vietnam. A bandeira da actual República Socialista de Vietnam institucionalizou-se a finais de 1955 e representa ao conxunto da nación vietnamita. Ten a sua orixe no movimento de liberación nacional contra a colonización francesa, sendo vista por primeira vez no sul de Vietnam. Coñece-se incluso o autor da bandeira, Nguyen Huru Tien, un vietnamita a quen os invasores lle amputaron as mans.



Estas duas bandeiras cheiran a gas laranxa


A República Socialista de Vietnam incluso foi recoñecida polos Estados Unidos, ainda que lles custou algo de tempo. Concretamente os ianquis agardaron ao 12 de xullo de 1995, momento no que ambas administracións encetaron as suas relacións diplomáticas, para recoñecer á república asiática. Porén, nos Estados Unidos o reloxo da história semella recuar.

Vários estados norteamericanos recoñeceron a colonial bandeira do governo títere instalado no sul de Vietnam como a bandeira oficial da comunidade vietnamita nos Estados Unidos. Por exemplo, en Sacramento, capital de Califórnia, senadores republicanos e demócratas apresentaron propostas, aceitadas, neste sentido. O congresista republicano Van Tran afirmou a princípios do pasado ano: "moitos Vietnamitas-Americanos que foron perseguidos consideran a bandeira comunista coa estrela amarela no fondo vermello ofensiva e culturalmente insensível". A senadora Ducheny, do Partido Demócrata, foi máis clara: "O recoñecimento formal da bandeira asistirá aos Vietnamitas-Americanos na procura da sua história e axudará tamén a distinguir a sua comunidade con relación á dos cidadáns de Vietnam".

A princípios deste mes de agosto, o governador californiano Arnold Schwarzenegger recoñecia oficialmente a bandeira do antigo rexime títere de Sai Gon. As decisións soberanas dos povos pouco lles importan a os Estados Unidos, e prefiren oficializar unha bandeira que non existe e que cando existiu foi só un invento deles. Definitivamente, non saben perder.

Fontes vietnamitas afirman que este recoñecimento é contrário á lexislación norteamericana. Lembran que a bandeira vermella coa estrela dourada é a única receñecida pola comunidade internacional. Tamén fan un chamamento á comunidade vietnamita nos Estados Unidos para que denúncien este feito que, a marxe de ser insulto para a soberania do povo vietnamita, busca desligar da República Socialista de Vietnam aos máis de 400.000 vietnamitas que viven nos EE.UU.

O que está claro é que o feito de que os imperialistas poidan recoñecer a bandeira que queiran, non vária en nada o feito de que foron derrotados polo povo vietnamita. E esas son feridas que non curan.




A única bandeira vietnamita. Oficializada co sangue dos herois do povo que combateron ao invasor

_____________________________
Fonte: Vnanet.vn e Senate Democratic Caucus

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com