Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Acoso administrativo contra as mulleres labregas
20/09/2006



Editorial do Fouce 246, publicación do Sindicato Labrego Galego

Os tempos van mudando, e cada vez se denuncian máis as distintas maneiras de acoso e desigualdade que sofren as mulleres polo simple feito de ser mulleres. Non embargante, hai un xeito de acosar e discriminar do que pouco se fala, e que afecta especialmente ao colectivo das labregas. Trátase do acoso administrativo, das diversas modalidades que ten a Administración de discriminar ás profesionais da agricultura.

A Secretaría das Mulleres do SLG ten denunciado, unha e outra vez, esa situación de desigualdade na falla de servizos sociais nas parroquias que apoien ás labregas na súa múltiple condición de nais, coidadoras de maiores, amas de casa, traballadoras en actividades agropecuarias, etcétera. Evidentemente, o problema da desigualdade no rural é dabondo grande como para que se resolva en pouco tempo. Iso sabémolo. Pero o que xa comeza a resultar inadmisíbel é que, cando se habilita dende a Administración algunha medida que beneficia ás mulleres en xeral, as labregas sempre rematamos nos tribunais para defender os nosos dereitos e poder acollernos tamén a esas axudas, a pesares de que cumprimos as condicións esixidas para ser beneficiarias.

Así, as labregas que son nais, e que non son titulares da explotación na que traballan, non teñen dereito a cobrar a axuda por ter fillos e fillas ao cargo menores de tres anos. Ben, en realidade, segundo o Congreso dos Deputados e segundo a aprobación inicial desa paga de 100 euros mensuais da que se beneficiaron as labregas solicitantes, si que teñen dereito. O problema é que, na declaración da renda, esas mulleres labregas que non son titulares da explotación na que traballan -non ocorre co resto de profesionais- teñen que devolver os 1.200 euros que recibiron de axuda ao longo do ano. A escusa da Axencia Tributaria para reclamarlles eses cartos é que non lles figuran ingresos propios, xa que eses cartos entran a nome do titular da explotación que, habitualmente, é o cónxuxe da solicitante. Iso si, ninguén lles dixo que non podían cotizar á Seguridade Social Agraria, tal e como fixeron dende sempre por ser profesionais. Semella que a Administración, á hora de recibir cartos dá facilidades, pero á hora de dalos xa é outro cantar.

E falando desta Administración tan amarrada de cara ás labregas, hai que lembrar as tan cacarexadas axudas para apoiar a cotización á Seguridade Social das cotitulares nas explotacións. Dende o Goberno do Estado e a Consellaría de Traballo anunciaron, con moito rebumbio, esta medida dende hai tantos anos reivindicada polo Sindicato Labrego. O problema vén cando unha se fixa na letra pequena da orde: nela, quedan excluídas as labregas maiores de corenta anos. Sabendo que o medio rural galego está cada vez máis envellecido e que as incorporacións de mozas son case anecdóticas, razóns polas que as mulleres maiores de corenta anos son maioría, dá a impresión de que a Consellaría e o Ministerio de Traballo quixeron facer unha grande reforma sen gastar un peso. O resultado final foi unha reformiña que só beneficia a unha minoría e discrimina á maior parte das labregas.

Pero a máxima expresión desta flagrante discriminación profesional e de xénero deuna, hai pouco, o Consello Agrario Galego, órgano que tamén foi unha reivindicación histórica do Sindicato Labrego. Como ben saben, o Consello Agrario Galego está composto por 24 persoas, 12 representando á Administración, e outras 12 ás tres organizacións agrarias galegas (catro cada unha). Trátase dun foro de vital importancia, pois posibilitará un diálogo permanente entre a Xunta e as organizacións labregas do país. A sorpresa levouna o SLG ao ver a composición deste Consello, que se supón que representa á Galiza labrega na súa totalidade: 21 homes e 3 mulleres. Curiosamente, as tres mulleres son representantes do Sindicato Labrego, de maneira que, tanto a Xunta como os outros dous sindicatos agrarios, se esqueceron, unha vez máis, de que a metade das persoas que traballan no noso agro non son homes. Unha vez máis, tamén, as profesionais da agricultura e da gandería en Galiza terán os seus intereses representados e defendidos polo Sindicato Labrego Galego. Aínda menos mal.



Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com