Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Anticomunismo, unha cuestión de fé
01/09/2006



Desque Kruschev escomezara a arriar as velas do socialismo, na metade dos anos 50, ficando para os marxista-leninistas o XX Congreso do PCUS como símbolo da traizón á clase traballadora, xa pasou máis de meio século. Tempo de abondo para botar contas. Os anticomunistas falaron dun avanzo. Segundo estes, era un paso adiante contra a "burocrácia estalinista", o "terror estalinista", o "totalitarismo estalinista" e calquer outro substantivo con cárrega negativa que vostedes teñan a ben colocar diante do adxectivo estalinista. Na outra banda, na nosa, falou-se do comezo do revisionismo, e con el, do remate do centralismo democrático, da loita de clases e do internacionalismo proletário. A fin destas tres fontes nutricionais de calquer organización leninista da sociedade, trouxo irremediávelmente a aparición da "coexisténcia pacífica", das diferenciacións elitistas no exército e a perda de controlo revolucionário do mesmo, ou da fin da loita contra a burocratización do aparello político-ideolóxico-administrativo (a burocrácia era un dos principais obxectivos das purgas dos anos 30, purgas que emanaban tanto de arriba como de abaixo, e que tivo as suas principais vítimas nos cárregos méios burocratizados e despolitizados).

Se Krushev arriou as velas, Gorbachov directamente quemou o barco..., para ledícia do capitalismo mundial e non só del. Os trotskistas, sempre coas suas atinadas análises, falaron dunha revolución obreira na URSS e nos países do leste. O seu profeta Mandel viu en Yeltsin ao arquetipo do auténtico revolucionário. Como tantas outras veces, trotskistas, capitalistas e fascistas xuntaban as mans para bailar sobre a tumba da Pátria de Lenin. O que ficaba da edificación socialista foi esmagado por botas de todos os tipos. As multinacionais frotaron-se as mans e comezaron a facer o único que saben, saquear. Os retratos de Lenin foron trocados por cartaces dos últimos estrenos cinematográficos de Hollywood, e as leis do Manifesto Comunista deron paso as leis da máfia.

As consecuéncias do camiño encetado por Kruschev están a vista de todos nós e, por ben coñecidas, imos aforrar a sua exposición.

O exercício da autocrítica é un elemento consubstancial á análise marxista-leninista da sociedade. Lenin primeiro e despois Stalin pulaban arreo para que o Partido non deixara de poñé-la en prática. Isto é un dado obxectivo e, xa que logo, non se trata dunha cuestión de fé, de crer nesta afirmación ou non crer nela. Trata-se, simplesmente, de coñecimento da realidade histórica, coñecimento que nos aporta o estudo das fontes directas. U-la autocrítica dos que glorificaron a contrarrevolución de Gorbachov? U-la autocrítica dos que brindaron polo "valor" que tivo Kruschev ao falar do "terror estalinista"?

O modelo de análise esquerdista continua a ser o mesmo. Só así se entende que se poida defender a colonización de Montenegro pola OTAN, ou a defensa de grupos fascistas como o Exército de Liberación de Kosovo (UCK). A análise obexectivo é substituida pola fé. O debate sobre o que representou, por exemplo, a figura de Stalin nace xa viciado por ideas espirituais, internalizadas na psique colectiva criada por anos de propaganda burguesa. É unha cuestión de fé.

90 anos despois da Revolución de Outubro, nas rexións rusas de Belgorod, Bryansk, Kaluga e Smolensk a matéria de relixión vai ser obrigatória nas aulas. O que diciamos, é unha cuestión de fé.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com