Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Castelao, o Che, Mella e Neruda: Falsificacións
26/09/2006
Camilo



Apropiarse dunha figura histórica para tirar algún tipo de rédito (político, económico, etc.), ao tempo que se terxiversa a sua significación, está á orde do dia. Na nosa nación temos o exemplo dos moitos anos de goberno Fraga e a manipulación que cometeron coa ideoloxía do patriota Castelao. É indignante que unha persoa, que mandou reprimir a un home das Pontes que escribira "Avendia Castelao" na rua na que vivía , repartira medallas co nome Castelao. Por riba, os destinatarios desas medallas representaban a antítese política do que fora un nacionalista galego, un internacionalista e un antifascista.

Un outro exemplo: Ernesto "Che" Guevara. Reclamado por todos, poucos son os que lembran que foi un marxista-leninista dos pes á cabeza. Os publicistas amasan cartos a mans cheas vendendo o seu rostro. Os adolescentes, supoño que non todos, levan a sua face coidando que se trata do cantante dalgún grupo musical ianqui. Os revisionistas enponzoñan a historia colgandolle medallas trotskistas ao cubano-arxentino. Que sexan coerentes; se reivindican ao Che que reivindiquen o seu pensamento: que o adolescente, o trotskista, o executivo publicista, todos eles, que reivindiquen a ditadura do proletariado, o centralismo democrático, o papel do partido de avangarda, ... É dicir, que reivindiquen o marxismo-leninismo.

Hai quen desde supostas posicións anarquistas reclaman a Ricardo Mella... bon, este pode que sexa demasiado galego e, tamén, por galego, menos coñecido, así que mellor reclaman a Durruti, mentres que na sua prática confunden o anarquismo coa politoxicomanía e o anticomunismo.

En Chile atopamos un caso de flagrante usurpación non só do legado político dunha persoa, senón tamén do legado material. Estoume a referir ao comunista e poeta Pablo Neruda. Escribira:


"Deixo aos sindicatos
do cobre, do carbón e do salitre
a miña casa xunto ao mar de Illa Negra"


A realidade foi ben distinta. A Fundación Pablo Neruda, idea do poeta que tería como obxectivo propagar a cultura entre o pobo, está nas mans de inimigos do legado nerudiano. O presidente da Fundación é Juan Agustín Figueroa, un represor do pobo mapuche. A Fundación inviste nas empresas de Ricardo Claro, amigo do primeiro e ideólogo da ditudura pinochetista. Abondo citar que barcos da sua empresa Compañía Sudamericana de Vapores foron utilizados para torturar e deter a militantes da esquerda. Se Neruda erguese a cabeza...

Etiquetas:

2 Comments:
  • At 9/27/2006 12:29:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Xa o dicía o camarada V.I. Lenin:

    “Acontece hoxe coa doutrina de Marx o que adoitou acontecer na historia repetidas veces coas doutrinas dos pensadores revolucionarios e dos xefes das clases oprimidas na súa loita pola liberación. En vida dos grandes revolucionarios, as clases opresoras sométenos a constantes persecucións, acollen as súas doutrinas coa raiba máis selvaxe, co odio máis furioso, coa campaña máis desenfreada de mentiras e calumnias. Despois da súa morte, téntase convertilos en iconos inofensivos, canonizalos, por dicilo así, rodear os seus nomes dunha certa aureola de gloria para "consolaren" e enganaren ás clases oprimidas, castrando o contido da súa doutrina revolucionaria, mellando o seu fío revolucionario, envilecéndoa. En semellante "arranxo" do marxismo danse a man actualmente a burguesía e os oportunistas dentro do movemento obreiro. Esquecen, relegan a un segundo plano, terxiversan o aspecto revolucionario desta doutrina, o seu espírito revolucionario. Fan pasar a primeiro plano, ensalzan o que é ou parece ser aceptábel para a burguesía. Todos os socialchovinistas son hoxe – brincadeiras a parte! -- "marxistas".”

    #
    GZ|INDEPENDENCIA|SOCIALISMO
    REPÚBLICA GALEGA
    #

     
  • At 9/28/2006 07:43:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Abofé que si. Por exemplo no caso de Lenin. Odiado e combatido en vida, agora seica era un bo home, ideal para contrapoñer a Stalin. De non existir un Stalin posterior a Lenin, Lenin seria o Stalin que os nazis, a burguesia e os revisionistas criaron.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com