Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunistas do suleste mediterráneo reuniron-se en Atenas
08/09/2006


Unha reunión extraordinária dos partidos comunistas e obreiros dos países mediterráneos do Sul e do Leste, da rexión do Golfo e do Mar Vermello, tivo lugar en Atenas os dias 19 e 20 de agosto de 2006, organizada polo Partido Comunista de Grécia.

Nesta reunión participaron:

Progressive Democratic Tribune, de Bahrain
Partido Tudeh, de Irán
Partido Comunista de Israel
Partido Comunista Xordano
Partido Comunista Libanés
Partido do Povo Palestino
Partido Comunista Sudanés
Partido Comunista Sírio

Nesta reunión estaban igualmente presentes o Partido Comunista de Cuba, AKEL-Chipre, o Partido Unificado de Xeórxia, o Partido Comunista Portugués, o Partido Comunista da Federación Rusa e o Partido Comunista de Turquia, mentres que outros partidos que non estiveron presente expresaron o seu apoio enviando mensaxes.

As e os participantes denunciaron as políticas dos Estados Unidos e as das outras poténcias imperialistas, políticas baseadas na explotación, na opresión e na violación dos direitos democráticos e civís fundamentais. Estas políticas son a causa real dos conflitos e da inestabilidade na rexión. Os comunistas e outras forzas antiimperialistas opoñen-se firmemente a estas políticas loitando contra a guerra e a explotación imperialista, polos direitos das traballadoras e traballadores, a paz, a democrácia e o socialismo.

A reunión naceu do desexo de informar-se sobre a situación, cambiar pontos de vista ee tomar medidas que permitan expresar solidariedade aos povos do Líbano e de Palestina, así como aos outros países da rexión que loitan contra as operación militares inxustas e agresivas de Israel e contra as tentativas de posta en marcha do plano dos Estados Unidos-OTAN de estabelecer o "Gran Medio Oriente". As e os participantes sinalaron e denunciaron a agresión israelí perpetrada contra o Líbano o 19 de agosto e as violación do espazo aéreo libanés, feitos que demostran que a Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas fai medrar a agresividade de Israel.

As e os representantes homenaxearon á resisténcia e á loita heroica do povo libanés, así como a heroica posición do Partido Comunista de Israel e doutras forzas progresistas favoráveis á paz nese país. Manifestaron o seu recoñecimento ao Partido Comunista Libanés e os seus sacrifícios no seo da Resisténcia Nacional Libanesa. Saudaron tamén á loita do povo palestino e a contribución do Partido do Povo Palestino no seo desta.

Renderon homenaxe ao importante movimento internacional de solidariedade e protesta e sinalaron a importáncia internacional da declaración conxunta de 71 Partidos comunistas e obreiros en solidariedade con Palestina e o Líbano, emitida o 20 de xullo de 2006. As e os participantes resaltaron a responsabilidade dos Estados Unidos e doutas poténcias imperialistas que, polas suas posicións, envalentonaron as accións criminais do exército israelí.

O feito de que o Governo israelí e os seus aliados non foran quen de acadar os seus obxectivos no curso desta guerra demostra as posibilidades consideráveis da resisténcia popular, mália o desequilíbrio das forzas no plano militar. Denunciaron a posición das forzas que se din "imparciais" que favoreceron a agresión. As e os participantes aledaron-se da posición antiimperialista adoptada por Síria. Subliñaron a responsabilidade dos governos que non condenaron esta situación e que non tomaron medidas decisivas para poñer fin aos ataques, como terian que facé-lo en virtude do direito internacional. Destacaron o feito de que os Estados Unidos e as principais poténcias imperialistas aproveitaron a actual desfavorável correlación de forzas que existe no seo das Nación Unidas para lexitimar as suas intervencións, para impór o direito da forza e para promover os seus planos e os seus intereses.

As e os participantes rexeitaron, como todos os progresistas, o argumento dos invasores que xustificaron os seus ataques invocando o seu pretendido direito á "lexítima defensa". Sinalou-se que neste momento, a maioria dos mortos eran civís, e que hospitais e vivendas foron bombardeadas, e que milleiros de presos politicos, entre outros ministros e representantes eleitos do povo palestino, foron detidos ilegalmente.

Este ataque, a guerra inxusta contra o povo iraquí e as ameazas dos Estados Unidos e dos seus aliados contra outros povos desta rexión, como Irán e Síria, pretenden vencer a resisténcia de todos os povos que loitan lexítimamente contra invasións extrañas e contra forzas de ocupación, polo dirieto inalienável do povo que é dono dos seus próprios destinos, de defender a liberdade, a independéncia e a integridade territorial do seu país, de efectuar cámbios sociais e políticos no seu país e de camiñar ao socialismo. É evidente que a orientación das loitas cara a unha dirección antiimperialista coerente esixe a existéncia de forzas políticas populares, progresistas e democráticas capaces de asumir unha posición dominante. A reunión tamén recoñeceu a necesidade de reforzas os Partidos comunistas e obreiros, para que estes sexan quen de dirixir frentes de resisténcia máis amplos contra o imperialismo, a explotación e a opresión. Só así a loita dos povos poderá ter éxito nos planos nacional, rexional e internacional.

As e os participantes da reunión denunciaron todos os esforzos emprendidos para retrasar a elaboración da Resolución do Consello de Seguridade. Expresaron o seu desacordo coas disposicións da Resolución 1701/2006 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas porque constitue un esforzo dos Estados Unidos por dar a Israel o direito á suposta "lexítima defensa", permitindo-lle a inxeréncia nos asuntos internos do Líbano, como o asunto do desarme, pésie ao feito de que o povo libanés, as forzas políticas e o governo do Líbano consideran que esta cuestión concierne ao diálogo nacional interno.

As e os participantes tamén rexeitaron a formulación relativa ao despregue da forza internacional e ao seu mandato, particularmente poque dá o dirieto a realizar os obxectivos estabelecidos por Israel. As e os participantes fan un chamamento de rexeitamento á contribución con tropas baixo este mandato. Subliñan que o longo proceso que levou á adopción desta resolución amostra claramente a acentuación da competitividade entre as grandes poténcias imperialistas para a conquista de esferas de influéncia e de dominación. A e os participantes insistiron na necesidade de traballar activamente para a criazón dunha frente unitária social e política na rexión, que receba o apoio internacional doutros partidos, movimentos e organizacións contra o plano imperialista dun "Grande Medio Oriente" e contra unha suposta "democratización". Os comunistas situan-se na primeira fila da loita pola democrácia e pola promoción dos intereses do povo e opoñen-se ás forzas políticas que tentan aproveitar a situación facendo-se pasar por partidários e "protectores" do povo, sendo motivados, realmente, polos seus próprios intereses e pola sua competitividade cos Estados Unidos.

As e os participantes, á luz dos acontecimentos recentes, manifestan a sua inquedanza respeito a unha escalada da agresión israelí contra Palestina e contra outros povos da rexión.

Diante desta situación, as e os participantes consideran que o movimento internacional de solidariedade cos povos de Líbia, Palestina e os do resto da rexión, devería ser reforzado, así como o apoio ás forzas democráticas e progresistas da rexión.

As e os participantes subliñan a necesidade de intensificar a loita pola defensa da independéncia nacional e da integridade territorial de cada país contra toda intervención imperialista, sexa cal sexa o pretexto.

As e os participantes esixen:

- O alto o fogo imeditao e a retirada imediata de todas as forzas armadas israelies do território libanés, incluido as Granxas de Sebaa, así como a liberación dos presos libaneses. Tamén denunciaron a violación do espazo aéreo, fronteiras terrestres e marítimas do Líbano e esixen que Israel acabe co bloqueo aéreo, terrestre e marítimo do Líbano;

- A retirada do exército israelí de todos os territórios palestinos, libaneses e sírios que ocupou desde 1967, o desmantelamento completo das colónias, a demolición do Muro israelí así como a criazón dun Estado Palestino que teria por Capital a Xerusalén Leste. A solución da cuestión das e dos refuxiados. O retorno das e dos refuxiados palestinos conforme á Resolución 194 da Asemblea das Nacións Unidas e ás Resolucións correspondentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas;

- A liberación imediata por Israel de todos os presos políticos libaneses, palestinos e doutros países árabes, así como o levantamento imediato do asédio e do bloqueo dos territórios palestinos;

- A liberación imediata do presidente do Parlamento palestino e de todos os parlamentários e ministros secuestrados por Israel;

- A eliminación das armas nucleares no Medio Oriente;

A Reución tamén aprovou unha série de iniciativas e de accións conxuntas que cromprenden entre outas:

- A constitución de delegacións conxuntas de representantes dos Partidos comunistas e obreiros do Líbano, de Palesinta e de Israel;

- A coordenación dos nosos Partidos no seo do Parlamento europeu e no seo da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa. O convite de representantes do Parlamento europeu aos Partidos comunistas e obreiros da rexión, particularmente aos do Líbano, Palestina e Israel, para que participen nas sesións;

- A organización conxunta de accións e mobilizacións polos Partidos a meados de setembro. A utilización de eventos de masas, festivais e outros tipos de actividades para expresar a solidariedade á loita dos povos da rexión;

- O exercício de presións sobre os governos que non condenen a agresión israelí;

- A reclamación de reparacións a Israel e a condena dos responsáveis dos crimes de guerra utilizando todos os meios legais e outros dispoñíveis.

- Un maior impulso á solidariedade ás accións conxuntas con motivo do Encontro Internacional dos Partidos comunistas e obreiros, que será organizado polo Partido Comunista Portugués en Lisboa, do 10 ao 12 de novembro de 2006;

- O estímulo da cooperación das organizacións de xuventude dos nosos Partidos con vistas á condena das intervencións e das guerras imperialistas por meio de actividades conxuntas. A organización dun Campo Internacional da Xuventude no sul do Líbano e a participación nos esforzos de reconstrucción.

- O apoio aos esforzos de abastecimento de axuda humanitária e de desenvolvimento da solidariedade en cooperación e coordenación co Partido Comunista Libanés;

- A promoción de manifestacións, a mobilización e as accións de solidariedade;

- O apoio ás iniciativas de solidariedade das organizacións de masas, movimentos, sindicatos, organizacións de mocidade contra a guerra imperialista no Líbano, en Palestina e en Israel;

- O apoio ás actividades e as iniciativas concretas dos movimentos de masa e das organizacións internacionais, como o Congreso Mundial pola Paz, a Federación Mundial das Xuventudes Democráticas, a Federación Mundial de Sindicatos, a Federación Internacional Democrática das Mulleres, entre outras iniciativas.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com