Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Edgar Fajardo: Profesor e camarada
04/09/2006


Comunicado do Partido Comunista Colombiano (02/09/06)

O crime que sesgou a vida ao profesor universitário Edgar Fajardo Marulanda, militante do Partido Comunista Colombiano, PCC, e activista do Polo Democrático Alternativo, PDA, confirma a existéncia e o accionar delictivo de estruturas destinadas ao extermínio físico de integrantes da académia.

Edgar foi asasinado no conxunto residencial onde vivia. Foi agredido ás 3:30 da madrugada do venres 1 de setembro por indivíduos que o feriron gravemente con muncións blindadas. Trasladado ao hospital de Soacha, faleceu horas despois. No mesmo incidente, os criminais asasinaron, alevosamente, a un xoven que, involuntáriamente, viu o suceso.

O governo nacional non pode continuar a agachar, detrás de cifras e informacións sesgadas, os feitos flagrantes e as sérias ameazas que se poñen de manifesto por riba dos xestos oficiais. Estes feitos e ameazas caracterizan-se por unha linguaxe inquisitorial e policiaca, unha atitude de "caceria de bruxas" e unha sórdida exortación de apoio ao governo, o que indica direccionalidade e sinalamento por razóns ideolóxicas contra persoas vinculadas ao ensino; profesores, estudantes e traballadores, en várias cidades e rexións.
Pola sua traxectória persoal e familiar, Edgar Fajardo era un home de Universidade, intelectual e políticamente comprometido. A sua morte non é un caso illado, á marxe do ambiente de persecución política instigado polo próprio presidente Álvaro Urivez Vélez contra a esquerda, baixo o estigma do que denomina o "comunismo disfarzado". O PCC chama ao povo colombiano a denunciar este e todos os crimes e violacións dos direitos e liberdades fundamentais, que ademáis comenten no nome dunha falsa seguridade "democrática".
Esixe da Fiscalia Xeral unha atitude eficaz, para esclarecer o vil asasinato. Convoca a todos os sectores democráticos a aprofundar nos procesos unitários para afortalezar e activar a resisténcia popular á violéncia oficial. Expresa aos familiares de Edgar o seu profundo sentimento de pesar e solidariedade.

PARTIDO COMUNISTA COLOMBIANO
POLO DEMOCRÁTICO ALTERNATIVO
Bogotá, 2 de setembro de 2006

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com