Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

En Oaxaca revolución ou fascismo
12/09/2006


Partido Comunista de México (marxista-leninista)

Vanguardia Proletaria Número 207 - 1ª Quincema de Setembro




En maio de 2005, a Frente Popular Revolucionária e o Partido Comunista de México (marxista-leninista) emitian o dia 8 a sua Declaración Política na que caracterizamos ao ulisimo como un rexime fascista, sinalamos tamén que a represión non ia diminuir xa que era parte do seu método de contrainsurxéncia para impór ao povo as medidas económicas que os grandes ricos precisaban, que a única saida era loitar contra a sua política e, para isto, a necesidade primordial era a unidade de todo o povo. Os feitos demostraron a razón desta tese; a represión foi o seu método, o fascismo golpea ao povo de Oaxaca, as últimas detencións e execucións de loitadores sociais así o demostran, calquer semellanza cos reximes fascistas italianos, alemáns ou de pinochetistas sudamericanos non é mera coincidéncia.


Na lóxica de conservar os seus priviléxios, os ricos utilizan o seu último recurso para garantir o seu control do estado e do país, Oaxaca é hoxe o laboratório que teñen preparado para todo México, eis a importáncia da loita que o povo oaxaqueño está protagonizando. Oaxaca constitue-se, por unha banda, como o referente para a loita do povo mexicano, mais tamén como referente para os ricos para esmagar a organización popular e impór os seus planos económicos por riba de todo, isto explica o apoio que Ulises Ruiz Ortiz obtivo por parte do governo federal.



Cínicamente declaraba Jorge Franco Vargas (ex-secretário xeral de Governo), en xuño de 2005, "este governo preparou-se para governar ainda nas peores condicións", esas condicións son as dun povo irado, canso de receber tantos golpes. O governo preparou-se criando, nestes poucos meses que levan no poder, toda unha rede de contrainsurxéncia clandestina, verdadeiros escuadróns da morte, grupos de elite como a Forza Policial de Alto Rendimento, a Unidade Policial de Operacións Especiais e a Unidade Ministerial de Intervención Táctica. Na realidade son escuadróns paramilitares preparados para actuar na clandestinidade, violando toda lei burguesa, tendo como propósito levar até as últimas consecuéncias a sua consigna de rematar coa organización e oposición do povo.



Por iso as detencións extra xudiciais, as torturas aos nosos compañeiros, os asasinatos que padecemos. Mención aparte merecen os meios de comunicación, case todos comprados polo governo do estado, algúns directamente, outros através de prestanomes e "chayotazos", os meios tradicionalmente formaron parte importante na mediatización do povo, por iso o interese dun estado fascista de corporativizá-los, de acabar cos meios opositores, como por exemplo o xornal Notícias e Rádio Plantón, por iso a seu enoxo pola incorparación de Rádio Universal á loita e, ainda máis, por iso a sua raiva pola toma de Canal 9 e da estación de Rádio Nova por parte das mulleres oaxaqueñas, un golpe directo aos seus métodos de controlo da povoación.



Cando os ricos non son quen de impór os seus planos através das leis burguesas por riba do povo organizado, recurren a monicreques dispostoa a masacrá-lo, iso cada dia é máis claro. Chamabamos tamén naquela declaración a todo o povo de Oaxaca a loitar, chamabamos a empregar todas as formas e métodos de loita, a avanzar na correlación revolucionária de forzas, a aprofundar o proceso de unidade. Hoxe, mália todas as dificuldades, o proceso de unidade camiña como nunca antes, a correlación de forzas hoxe é favorável, o movimento popular é cada dia máis poderoso e o tirano cada vez está máis illado, as formas e métodos de loita que se empregaron durante esta xornada de loita foron moi variados; desde o emprego de procedimentos xurídicos até a autodefensa en caso de agresión como os feitos do 14 de xuño.



Podemos non só botar a URO de Oaxaca, senón parar o rexime fascista que se cerne sobre o povo de México, de brindar ás forzas progresistas do noso país e do mundo enteiro unha importante vitória, temos a posibilidade de incidir directamente nos destinos do noso estado. Organizacións sociais, cidadáns, representantes de colónias, autoridades municipais, sindicatos forman parte da Asemble Popular dos Povos de Oaxaca, polo que a APPO pode e deve constituir-se no depositário da nova soberania no estado, ten a posibilidade de convocar a unha nova constituinte, de redaitar unha nova constitución do estado de Oaxaca, unha nova constitución que recolla o sentir de todos aqueles sectores que participan na APPO, dos que se están incorporando e faltan por incorporar.



As necesidades do movimento popular son hoxe:

1. Ampliar as nosas alianzas con outros sectores da sociedade oaxaqueña e nacional;
2. Realizar accións cada dia máis contundentes que conduzan á vitória final e á saida do tirano.
3. Loitar organizativamente e através de diversos organismos coa ofensiva fascista que URO desatou contra da APPO.
4. As brigadas móbiles e o Honorável Corpo de Topiles deven ampliar-se e especializar-se nas suas funcións.
5. As organizacións de Direitos Humanos que fan parte da APPO deven actuar contundentemente ante a onda de violación ás garantias individuais desatada.
6. Que os meios de comunicación populares se resgarden, especialicen e organicen para cumprir coa alta responsabilidade que teñen co povo de Oaxaca, do país e do mundo.



Hoxe, como nunca, é posível que a soberania resida no povo. Hoxe, como nunca, o povo pode trocar a história de Oaxaca e do país, pode sentar as bases para constituir un Oaxaca novo, un país máis xusto, un futuro e un mundo mellor. Triunfar é a única opción que temos, chegar até as últimas consecuéncias é todo o que temos, o tirano e a burguesia están acorralados, as accións que emprenden demostran a sua desesperación, loitemos organizada e decididamente contra a sua embestida fascista.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com