Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ex Comisário Miguel Etchecolatz condenado a cadea perpétua por asasinatos, secuestros e torturas
21/09/2006



Por Werner Pertot


De traxe e chaleque antibalas, co rosto pálido e duro como unha caveira, o ex director de investigacións da policia de Ramón Camps, Miguel Osvaldo Etchecolatz, sentou no banquillo. O presidente do Tribuna Oral Federal, Carlos Rozanski, solicitou ao público que se lle permiti-se ler a senténcia completa. Non foi quen. "Condenado á pena de reclusión perpétua...", chegou a dicer, antes de que o público se unira nun único berro, liberando a tensión acumulada. O cordón de policias e penintenciários que arrodeaban ao represor ergueu os escudos, o que non evitou a choiva de bombas de pintura vermella.



Bombas de fósforo

Baixo un ceo soleado e con Bob Marley de fondo, a xornada comezou cunha vixília de organismo de direitos humanos, organizacións gremiais e estudantís que se instalaron entre as flores do xardín da Municipalidade de La Plata, onde tivo lugar o xuizo. Entre a grande maioria de xoves, estaban os familiares das vítimas polas que foi xulgado Etchecolatz. Co seu bastón branco, estaba Maria Isabel Chorobik de Mariani -a quen todos coñecen como "Chicha"- sogra de Diana Teruggi, que foi asasinada o 24 de novembro de 1976. Ese dia a casa que compartia con Daniel Mariani foi bombardeada por un operativo conxunto da Armada, o Exército e a Policia bonaerense, dirixido por Etchecolatz. Terrugi morreu a carón do limoeiro do pátio, protexendo co seu corpo ao seu recén, Clara Anahí, a quen ainda busca a sua avoa.



Tamén estaba Nilda Eloy, que no xuizo relatou o seu paso por seis centros clandestinos de detención. Etchecolatz encabezou o grupo de tarefas que a secuestrou, entrevistando-se con ela mentres estaba desaparecida. Anos máis tarde, recoñecou-no por televisión. Ainda que se mantiveron en reserva, agardaban a senténcia os familiares de Patrícia Dell'Orto, que foi asasinada no pozo de Arana. "Non me maten, quero criar á miña meniña", berrou mentres a arrestaban. Un disparo silenciou o seu berro. No xuizo, a cena foi revivida por un sobrevivinte: o albanel de 76 anos, Júlio López, por quen todos perguntaban no xuizo. Patrícia e Ambrósio desapareceran no circuito Camps, como as tres enfermeiras, Nora Formiga, Elena Arce e Margarita Delgado.

Depois dos mortos

As nubes pecharon-se pola tarde como unha condena, mentres se sucedian no Salón Dorado os alegatos da defensa, que solicitou a absolución do represor. "Non hai unha soa prova que vincule ao ex comisário", asegurou o advogado Luis Boffi Carri Pérez, mentres que o seu colega Adolfo Casabal Elia considerou que "outros países remataron coas guerras intestinas e na Arxentina continuamos con resentimento". Ao seu carón, Etchecolatz sentaba revirado. Pedira, horas antes, retirar-se alegando "problemas de saúde", como fixo durante todo o xuizo.

O ex policia de 77 anos transfigurou-se á hora de dicer as suas últimas verbas. "Devo falar na miña dobre condición de prisioneiro de guerra e detido político", dixo cunha voz cascada e sepulcral que foi subindo de volume. "Este xuizo foi instalado como un quebra-cabeza para nenos bobos ou grandes avivados. Vostedes van condenar a un enfermo. Como dixo Borges, vostedes non son xuices supremos, este agarda-nos despois de mortos", sinalou aos maxistrados. "Non sei render-me e despois de mortos termos muito que falar". "Non é este tribunal quen me condena, senón que son vostedes quen me condenan", finalizou Etchecolatz. E os xuices pasaron a outro cuarto.



Pintado de vermello

O amplo e barroco Salón Dorado inzou-se de militantes de organismos de direitos humanos. Entre o público estaba o Secretário de Direitos Humanos da Nación, Eduardo Luis Duhalde, e o seu par na província, Edgardo Binstock. Tamén estaban as dirixentes de esquerda Patrícia Walsh e Vilma Ripoll. A tensión apretaba cada gorxa, cando Etchecolatz volveu entrar, arrodeado por sete penitenciários e inumeráveis policias. Quitaron-lle as esposas, mais non o chaleque antibalas, que finalmente non o protexeu das bombas de pintura.

O xefe do operativo acabou coa cabeza pintada de vermello, mentres continuaba dando instruccións polo seu "walkie talkie". "Basta!", berraron várias Madres de Plaza de Mayo, mentres axitaban os seus brazos para que se volveran sentar. Rozanski sermoneou-nos: "Pedin-lles que me deixaran terminar. É evidente que se son agredidos, o xuizo non é como deve ser. Dimos-lles garantias á defensa...".

"E que garantias tiveron os nosos vellos!?" - respostou un militante de H.I.J.O.S., subido a unha cadeira, mentres os seus compañeiros erguian un bosque de fotos de desaparecidos.

Finalmente, o xuiz rematou de ler a senténcia -cuxos fundamentos se coñeceran o martes 26- ante un advogado afundido nunha maré policial. Os militantes de H.I.J.O.S. estouparon en berros, cantos, bágoas, apertas. Algúns lembraban a Júlio López. Outros chamaban aos seus avós. E todos coreaban: "Vas ao cárcere, Etchecolatz, non é o Estado é a loita populaaaaaaaaaaar".



Ler máis>

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com