Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Existe unha nova esquerda?
11/09/2006



Partido Comunista Marxista-Leninista de Ecuador
08/05/06




Fernando Henrique Cardoso, expresidente brasileiro, visitou o noso país coa tese da nova esquerda, que, no seu critério, "superou as conceizóns que foron marxinadas pola história". Unha nova tentativa para apresentar as propostas da teoria científica do socialismo e comunismo como trasnoitadas e carentes de relación coa realidade.

O seu discurso, envolto nun manto de academicismo, non fai máis que apresentar un socialismo totalmente entregado aos intereses do capital, perdido na procura dunha "nova funcionalidade da esquerda" que el reclama. O que na realidade pretende é que as organizacións sociais se desorienten diante dun suposto determinismo superior do capitalismo que deve inibir aos povos da loita, xa que iso non seria o camiño.

O discurso de Cardoso é perigoso pois apresenta o denominado "socialismo light" como a alternativa actual para os povos, a quen atribue outros intereses acordes co sistema, mais moi afastados de transformacións profundas que eliminen a explotación. Nen na sua xestión como presidente do Brasil, nen nas suas exposicións, deixa ver unha proposta coerente que, cando menos, amaine os ataques que veñen padecendo os povos do mundo por parte do capital que os explota sen misericória, eliminando direitos sacrificadamente acadados.

Quen, como Cardoso, argumentan que a nova esquerda deve adicar as suas loitas ao meio ambiente, a paz, etc., pretenden eliminar a loita de clases como motor do cámbio das sociedades. Ademáis descoñecen que a esquerda, desde sempre, ten entre a razón das suas loitas a defensa do meio ambiente, os direitos das mulleres, dos indíxenas, etc. e que nunca eliminou a sua intención, endexamáis agachada, de tomar o poder pola via da insurrección armada, para reivindicar ás clases traballadoras e, através desta acción, criar as bases indispensáveis para abolir as restantes inxustizas.

Esta visión do socialismo inscrebe-se nunha nova tentativa do reformismo. A exposición da nova esquerda pretende confundir para que fixen o seu camiño noutro norte distinto ao da toma do poder e a construcción do socialismo. A presenza de Cardoso no noso país é un esforzo da burguesia ecuatoriana neste sentido.



Ler máis

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com