Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Fidel desmellorado? Si, afortunadamente
07/09/2006



Camilo

Non, tranquilidade. Non nos roubou un verme a clave desta páxina e colgou un texto anticastrista. Tampouco é que me alede que o Comandante se vira obrigado a entrar no quirófano, por suposto que non. Se continuan lendo entenderán o por que do título.

Semellara que ningún dos integrantes do exército mediático procapitalista tivera nunca que someterse a unha operación cirúrxica. Seica non saben que o lóxico é sair debilitado do quirófano? Coidan os tertulianos que se unha persoa de 80 anos non comeza a bailar frenéticamente hip-hop o dia despois dunha operación é que está mal, moi mal? Enbranquecer e perder masa corporal é o normal após unha operación.

O normal, iso é o importante. O motivo da miña ledícia. Ver a Fidel no cuarto do hospital como un tipo normal, como cando vas ver a un amigo ou a un familiar. Coa sua bata e as suas zapatillas. Con pixama de toda a vida ou cun chandal. Nas imaxes que todos vimos, o compañeiro Fidel non aparece disfrazado, vese que non o pintaron con maquillaxe. É o que hai. Eis a diferencia. Lembremos cando chegaban as eleccións ao noso país e presentaban as fotografias de Fraga. Un duro traballo co Photoshop. Mais que Fraga semellaba un neto seu. E así acontece cada vez máis, as propostas ideolóxicas non existen e o "combate" electoral centrase nunha boa fotografia do candidato, nunha boa escolla dalgunha frase estúpida, nunha boa elección das cores do traxe e mil caralladas polo estilo.

Nas eleccións cubanas elixes á unha persoa do teu barrio, persoa que coñeces polo seu traballo diario, e dese coñecimento emanan os motivos da tua escolla. Nas eleccións burguesas debemos optar entre caras sorrintes pegadas por miles, como se o que se decidirá non fose un posto político senón o trono dun concurso de beleza.

E por Fidel non vos preocupedes. A Revolución sobrevirá a Fidel, e nisto boa parte do mérito é de Fidel. O mérito de liderar un proceso de enriquecemento cultural do conxunto da poboación que fará imposíbel os soños imperiais de dominio e explotación.

Viva Fidel! Viva Cuba Revolucionaria! Patria ou Morte! Venceremos!

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com