Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Hungria, rematar o traballo encetado no 56?
23/09/2006



Lois R. Neto

É complicado, e por suposto antimaterialista, tentar facer unha análise de calquer acontecimento sen contar cunha visión máis ou menos completa. No caso de Hungria, o reducido número de galegos que non dominamos a língua maxiar, estamos nas mans dunhas poucas axéncias de información que venden a sua visión ao mundo. Segundo estas axéncias, estariamos ante unha revolta popular, na que unha minoria fascista gañou-se o interese das cámaras por mor do emprego da violéncia (por exemplo, a toma das instalacións da televisión pública). Esta minoria, segundo as axéncias "oficiais", é rexeitada por unha maioria pacífica indignada polo "descobrimento" das falácias do multimillonário que ostenta a presidéncia de Hungria, mais indignada tamén polo comportamento desta "minoria" violenta.

Temos outra ubre informativa na que zugar: o comunicado que elaborou o Partido Comunista Obreiro Húngaro. O mesmo non dista moito da versión das axéncias "oficiais": unha maioria anoxada polas mentiras do presidente, e unha minoria de extrema direita que tenta utilizar as protestas para autopublicitar-se. Ainda que si hai unha salvedade: a maioria dos que protestan farian-no, segundo este partido, ao despertar do seu soño e comezar a entender o que significa o capitalismo. Así afirman: "A maioria da xente saiu á rua estes dias para protestar contra a política neoliberal". Coido que o Partido Comunista Obreiro Húngaro está a confundir os desexos coa realidade. Desde a distáncia, e coas limitacións xa comentadas, non son capaz de ver signos externos que confirmen o carácter anticapitalista do descontento. Máis ben semella o contrário.

E aquí pode estar a chave. O capitalismo mundial, coa colaboración dos podéres húngaros, queren levar definitivamente a Hungria polo rego da ortodóxia neoliberal. Os mandamentos de Maastricht, coa introducción do euro, precisa de agudizar ainda máis as políticas antisociais que os socialdemócratas abandeiran. O "descobrimento" das declaracións do presidente poden ser un ponto de inflexión que permita apertar, máis outra vez, os parafusos neoliberais. A situación económica é un desastre, e tivemos que mentir para agachar esta realidade..., é hora de poñer-nos en sério na tarefa de ser, dunha vez por todas, un país "moderno". A estas alturas, tanto a direita non socialdemócrata como a socialdemócrata, alén de liortas eleitorais, están lanzando esta mesma mensaxe. O terreno semella xa sementado.


Ler máis

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com