Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O novo Plano Bush
03/09/2006
Publicado en Red Voltaire

Por: Salim Lamrani



Xusto antes da hospitalización do presidente cubano Fidel Castro, o presidente estadounidense George W. Bush aprovou un novo plano para o derrocamento das institucións cubanas. A diferéncia do anterior, este novo plano designa unilateralmente aos futuros dirixentes "democráticos" da illa e fixa un prazo para a realización do golpe de Estado: 18 meses. O plano inclue un anexo secreto sobre os meios paramilitares ou militares que serán despregados.


En maio de 2004, Washington fixo público un longo informe de 454 páxinas, que elaborou a Comisión de Asisténcia a unha Cuba Libre (Commission for Assistance to a Free Cuba, CAFC), destinado a dar o golpe definitivo ao governo cubano e provocar a sua caida. As sancións económicas endureceron-se e afectaron moito á calidade de vida da povoación cubana. Pouco satisfeito dos resultados conseguidos, o 10 de xullo de 2006, o presidente Bush aprovou o novo informe de 93 páxinas, redactado baixo a dirección da presidenta da CAFC e actual secretária de Estado, Condoleezza Rice, e do secretário de Comércio, Carlos Gutiérrez. O obxectivo proclamado está claro: acabar coa orde constitucional vixente en Cuba. Os meios utilizados despregados para a sua elaboración son impresionantes: perto de 100 persoas procedentes de 17 departamentos e axéncias federais traballaron durante meses para criar este novo documento.

Este plano, que consta de sete capítulos, dispón dun orzamento total de 80 millóns de dólares para 2007 e 2008, co fin de reforzar o cerco imposto a Cuba subverter a orde estabelecida. Este diñeiro reparte-se do seguinte xeito:

- 31 millóns de dólares para financiar ainda máis á oposición interna,
- 10 millóns para actividades nas universidades,
- 24 millóns para reforzar a propaganda contra a illa,
- 15 millóns para incorporar á comunidade internacional ao plano de ocupación de Cuba.

Ademaís, o informe prevé un finanzamento de cando menos 20 millóns de dólares anuais para os seguintes anos "até que a ditadura deixe de existir".

Nesta ocasión, Washington incluso fixou un prazo para o derrocamento do governo de La Habana: 18 meses como máximo. Contráriamente a Irak, onde a administración Bush nomeou un procónsul, Paul Bremmer, após a invasión do país, en Cuba, o posto de procónsul xa está ocupado por Caleb McCarry.


Caleb McCarry aplaudido por Condoleezza Rice


As groseiras acusacións do Departamento de Estado provocarian o riso se os seus obxectivos non foran tan alarmantes. Por exemplo: "os cubanos continuan a ser encarcelados por actividades que os estadounidenses consideran normais: ler e ver o que queiran; ter acceso á información do estranxeiro, incluso a internet; organizar encontros en cada para falar do futuro do país; dispor dunha biblioteca ou asinar peticións". Segundo o governo estadounidense, este tipo de actividades castiga co privación da liberdade en Cuba.

No mesmo rexistro, o informe afirma que "o rexime castrista non satisfai as necesidades humanitárias máis básicas do povo cubano. A malnutrición crónica, a auga potável contaminada e enfermidades crónicas non tratadas afectan ainda a unha porcentaxe significativa do povo cubano". E lóxicamente (como ousar duvidá-lo?), a "situación non mellorará mentres Fidel Castro esté no poder".

Descoñecimento da realidade cubana ou vontade deliberada de desinformación?

Esta afirmación revela un profundo descoñecimento da realidade cubana ou unha vontade deliberada de desinformación. De feito, todas as organizacións internacionais, desde as Nacións Unidas, pasando polo Banco Mundial, elóxian unánimamente o sistema social cubano e o índice de desenvolvimento humano da illa do Caribe. Cuba desfruta da esperanza de vida máis alta e da tasa de mortalidade infantil máis baixa do Terceiro Mundo. Cuba apresenta unha tasa de mortalidade infantil inferior á dos próprios Estados Unidos. A UNICEF sinaña incluso que Cuba é a única nación de América Latina e o Caribe que logrou erradicar a desnutrición infantil.

A primeira medida adoptada preconiza un maior finanzamento para os grupos "disidentes". Washington prevé acelerar o reclutamento de indivíduos cuxa misión será participar no derrocamento do actual governo. Aos 50 millóns de dólares previstos no primeiro informe de 2004 engade-se unha nova soma de 31 millóns. O plano de Bush incluso cita polo seu nome ás persoas encarregadas de reunir as forzas subversivas: Martha Beatriz Roque, Oswaldo Payé, Guillermo Fariñas e as Damas de Branco, entre outras.


A mercenária Martha Beatriz Roque ante a antenta mirada de James Cason, xefe da misión norteamericana en Cuba


En marzo de 2003, as autoridades cubanas arrestan a 75 axentes a soldo do governo estadounidense. Esas persoas foron severamente condenadas a causa da sua submision a unha poténcia estranxeira. Ricardo Alarcon, presidente da Asemblea Nacional cubana avisou aos membros da "disidéncia" que todo aquel que conspire con Washington e aceitara o seu diñeiro teria que "pagar as consecuéncias".

"Mentres exista esa política, haberá persoas que se verán envoltas (...). Conspirarán cos estadounidenses e aceitarán diñeiro (de Estados Unidos). Iso é un delicto segundo as leis cubanas. Non coñezo nengún país que non clasifique tal actividade como un delicto", subliñou Ricardo Alarcón. "Ixaxine que algúen nos Estados Unidos esté sostido, adestrado, equipado e asesorado por un governo estranxeiro. Iso en si mesmo é un delicto. É un delicto moi grave nos Estados Unidos e pode custar moitos anos de prisión, moitos máis dos que pode custar aquí en Cuba", finalizou.

24 millóns de dólares adicionais para Rário e TV Martí

A administración Bush tamén asignou 24 millóns de dólares adicionais a Rádio e TV Martí, co fin de ampliar as transmisións de programas subversivos cara a Cuba, o que constitue unha violación da lexislación internacional. Os membros da "disidéncia" cubana receberán unha parte desta soma para mercar e distribuir equipas de rádio e televisión que permitan captar os progrmas que se transmiten desde Estados Unidos. O plano estadounidense tamén convida a outros países a transmitir programas subversivos cara a Cuba. Tamén prevé "adestrar e equipar a xornalistas independentes da imprensa escrita, radiofónica e televisiva en Cuba".

Washington quer destruir a legalidade constitucional cubana

Washington quer destruir a legalidade constitucional que prevé que o vicepresidente, Raúl Castro, tome as rendas do país no caso da desaparición do presidente cubano, Fidel Castro. Para isto, a administración Bush elaborou un programa dirixido á comunidade internacional para que esta non recoñeza ao eventual novo governo cubano. Os países que sigan aos Estados Unidos na sua política da agresión gozarán de apoio económico mentres que os demáis terán que pagar as consecuéncias da sua desobediéncia.

Ademáis, os títulos II e IV da lei Helms-Burton de 1996, que prevén sancionar aos países que invistan en Cuba, aplicaran-se en adiante, tras estar suspendidos durante dez anos consecutivos por mor das protestas da comunidade internacional e en particular da Unión Europea. Washington incluso designou o seu branco prioritário: Venezuela e o seu presidente Hugo Chávez, primeiro sócio comercial de Cuba, e mencionado quince veces no informe.

O presidente venezolano reaccionou ante a publicación do último plano, cualificando-o de "nova ameaza imperialista". "Continuaremos a alianza estratéxica con Cuba. Agora é cando Venezuela apoiará ao povo e á Revolución Cuban", asegurou, ao tempo que aconsellou á administración Bush que elaborara un plano de transición para os Estados Unidos, para salvar o seu próprio sistema.

Pola sua banda, o vicepresidente da República Bolivariana, Vicente Rangel, expresou o seu rexeitamento ao plano denunciando a intención estadounidense "de agredir e xulgar á República de Cuba". "O informe publicado podo Departamento de Estado confirma o intervencionismo estadounidense, aberte e flagrante, no nome de princípios que non respeita. O sua imparável vontade de asoballar a povos e violar o direito internacional confirma-o.", declarou. Tamén condenou "a obsesión que o governo de Bush ten co (seu) país".

Washington tamén planexa elaborar unha lista de altos funcionários cubanos que deverian ser neutralizados nunha Cuba ocupada. Estados Unidos nen sequer disimula as suas intencións de recolonizar a illa. De feito, Washington afirma que esas persoas serán "sancionadas polo governo estadounidense segundo o estabelecido pola lei estadounidense", como se Cuba fose un novo estado da Unión.

Medias para danar a economia cubana

Para danar a economia cubana, as autoridades dos Estados Unidos aplican agora penas máis severas a todo cidadán estadounidense que viaxe a Cuba e reducen ainda máis as viaxes de orde humanitária. Criou-se unha nova axéncia para perseguir minuciosamente as exportacións de níquel, importante fonte de ingresos para Cuba, e opor-se á compra a terceiros países de produtos elaborados con níquel cubano. O envio de remesas de diñeiro a Cuba foi restrinxido ainda máis. mentres que se reforzaron as condicións esixidas para que as empresas estadounidenses poidan vender produtos alimentícios a Cuba. Até o Consello de Igrexas Cubanas viu-se afectado polas novas limitacións e xa non pode receber axuda humanitária.

As novas medidas tamén buscar complicar a asisténcia médica que Cuba brinda ás nacións do Terceiro Mundo. Por exemplo, perto de 250.000 latinoamericanos que padecian de catarata e outras enfermidades oculares ligadas á pobreza, recobraron a vista despois de operar-se gratuitamente en Cuba. Do mesmo xeito, perto de 60.000 médicos cubanos e persoal do sector da saúde emprestan actualmente os seus servizos gratuitamente nas rexións rurais do Terceiro Mundo auxiliando aos máis pobres en América Latina, Ásia e África. Apartir de agora, Estados Unidos proibe toda exportación de equipamento médico "destinado a ser utilizado en progrmas a grande esclada para pacentes estranxeiros", cando a maior parte da tecnoloxia médica mundial é de orixe estadounidense.

O presidente da Asemblea Nacional de Cuba, Ricardo Alarcón, non deixou de condenar esta decisión: "Que Bush (...) despreza aos pobres e aos negros dos Estados Unidos, que non lle importa se morren abandonados, iso xa se sabe. Mais agora sabemos tamén, porque ven de recoñecé-lo abertamente, que o seu ódio alcanza tamén a todos os pobres, a todos os índios, a todos os negros e mestizos do mundo".

Os capítulos II e VII enumeran ponto por ponto as reformas políticas económicas e sociais que Cuba teria que emprender obrigatóriamente para ser considerada "democrática". Todo se menciona minuciosamente, desde eleizóns pluripartidistas e a instauración dunha economia de mercado, pasando pola devolución das propriedades nacionalizadas nos anos 60, até a privatización dos servizos de educación e saúde.

Por exemplo, no sector da educación, Washington insiste en que será obrigatório cambiar os programas, os livros escolares e a formación dos profesores cubanos.

Nunha palavra, a reorganización da sociedade cubana seria completamente controlada e dirixida polos Estados Unidos.

A extrema direita de orixe cubana da Florida reaccionou con entusiasmo ante a publicación desta nova política de agresión. Alfredo Mesa, director executivo da Fundación Nacional Cubano-Americana, organización extremista implicada no terrorismo internacional, expresou a sua satisfacción polo "compromiso dos Estados Unidos en elaborar unha tramitación cara a democrácia en Cuba".

Pola contra, várias personalidades estadounidenses condenaron as novas medidas do presidente Bush. Wayne S. Smith, ex xefe da Sección de Intereses Norteamericanos na Habana baixo o governo de Reagan de 1979 a 1982, subliñou que o plano está condenado ao fracaso. "Non hai moitos cubanos que estexan de acordo coa idea de abandonar a saúde e a educación universal e gratuita, así como outros servizos importantes que brinda o seu governo", analisou.

Wayne S. Smith sinala que o governo estadounidense apresenta unha imaxe de Cuba completamente allea á realidade. "A idea principal presente neste novo informe é que o rexime estaria a piques de colapsar e, enunciada como tal, é unha idea estrafalária. Pasaron dous anos (desde a publicación do primeiro informe en 2004) e a economia cubana amosa sinais dun forte crecimento. Incluso a CIA estima o crecimento nun 8%. Agora Cuba mantén novas relacións económicas vitais con Venezuela e China e existen sinais da presenza de reservas petroleiras nas costas da illa. Vários países ofereceron os seus servizos para emprender perforacións. As cousas están mellorando, non están empeorando", aponta, antes de asegurar que "as acusacións do informe son falsas".

No tocante á inxeréncia internacional de Cuba que menciona o informe, Wayne S. Smith foi moi claro. "Médicos cubanos estiveron en numerosos países, entre eles Guatemala e Haití, ademáis de Venezuela e Bolívia. En todos os casos louvaron-se a calidade e o desinterés da sua intervención. Se esa é a inxeréncia internacional da que fala o informe, faria falla máis inxeréncia. Se non é o caso, o informe devería proporcionar exemplos do intervencionismo do que falan".

No que ao finanzamento da oposición interna se refire, Wayne S. Smith expresou a sua total desaprobación. "Cando Estados Unidos declara que o seu obxectivo é derrocar ao governo cubano e despois afirma que un dos meios para lográ-lo é proporcionar diñeiro aos disidentes cubanos, estes atopan-se de feito na posición de axentes pagados por unha poténcia estranxeira para derrocar ao seu próprio governo", sinalou.

Lucius Walker, presidente da organización humanitária Pastores pola Paz sinalou co seu índice acusador o orzamento de 80 millóns de dólares destinados a "anexar Cuba" cando Washington "non outorga recursos para abrir as escolas de Nova Orleans, nen bolsas para que os afroamericanos e os latinoamericanos poidan estudar mediciña nos Estados Unidos". "Hai que loitar contra esta lei, pois nengún governo ten dirieto a dicer a outro governo ou a outro povo o que deven facer co seu país", finalizou.

A diferenza do informe de 2004, este novo plano contén un anexo, clasificado como secreto "por razóns de seguridade nacional", que é motivo de grande preocupación para as autoridades cubanas, xa que supón o uso da violéncia e o intervencionismo militar. Os informes clasificados dos anos 60, hoxe parcialmente desclasificados, revelan que Estados Unidos puxo en marcha unha feroz campaña de terrorismo e sabotaxe contra o governo revolucionário, organizou unha invasión da illa por mercenários e incluso planificou unha invasión militar total polas tropas estadounidenses.

Que agacha o anexo secreto

Efectivamente, como sinala Ricardo Alarcón, "nos Estados Unidos a seguridade nacional é un conceito que está indisolúvelmente asociado ao militar ou a actividades encubertas (de tipo paramilitar)".

Engadiu: "Despois de divulgar todo o que divulgaron -decenas de millóns de dólares máis para os seus mercenários, novas limitacións económicas e accións ilegais contra o comércio internacional e a soberania de Cuba e outras nacións, castigos adicionais para os cubanos e para cidadáns doutros países- e de facer público hai xa máis de dous noas o seu Plano no que até o máis mínimo detalle descrebe a sua intención de recolonizar Cuba; despois de todo isto, que é o que a estas alturas ten que ocultar co máximo segreto? Que agachan por razóns de seguridade e efectiva realización? Máis ataques terroristas? Novas tentativas de asasinato contra Fidel? A agresión militar? Tratando-se de Bush e os seus cómplices, calquer cousa é posível".

O problema de saúde de Fidel Castro e a sua hospitalización, o 31 de xullo de 2006, debilitan a Cuba e representan unha "oportunidade" para as ambicións imperiais do poderoso viciño. Estados Unidos está máis tentado que nunca a emprender unha nova aventura militar para reconquistar unha illa da que foi expulsado pola revolución popular de 1959 e que mantén a sua resisténcia.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com