Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Partido Guatemalteco do Traballo celebra os seus 57 anos
29/09/2006



RedGlobe
28/09/06

O comunismo en Guatemala desde os seus inícios nos anos 20 do pasado século, organizou a loita polos direitos e reivindicacións da clase obreira, mais especialmente foi o instrumento que nos permitiu artellar o programa e a estratéxia para a revolución guatemalteca e a construcción do Socialismo. Isto caracterizou as e aos comunistas que desde eses anos encetaron unha loita férrea contra rexímenes ditatoriais (como o de Ubico), contra rexímenes militares (desde 1954 a 1986), contra a oligarquia e a burguesia servil aos intereses do imperialismo norteamericano. As aportacións do noso partido á unidade da esquerda guatemalteca contribuiron a organizar a resisténcia anti-imperialista, á fundación das organizacións revolucionárias e a acadar acordos que posibilitaron o cese do fogo e criar as posibilidades para un proceso de transición democrática.

Como organización da clase obreira e do povo guatemalteco, pasamos por distintas etapas de represión, persecución e morte. Tivemos que padecer delacións, traicións, ademáis de intentos externos e internos, conscientes e inconscientes, de liquidar-nos. No desenvolvimento da nosa estratéxia revolucionária dirixida á conquista do poder fixemos aportacións obxectivas, tivemos acertos e cometimos erros. Mantivemos loitas heroicas; e a nosa organización axudou en procesos e coxunturas de alta complexidade social como a loita contra a ditadura de Ubico e o trunfo da Revolución de Outubro de 1944. Na clandestinidade continuamos a impulsar a unidade da esquerda e aportando ao desenvolvimento do movimento popular e revolucionário, tanto guatemalteco como latinoamericano. Na etapa de negociación as nosas aportacións políticas e ideolóxicas permitiron, somados ás contribucións de organizacións irmás, artellar accións e propostas para procurar unha saida negociada ao conflito armado interno.

Os esforzos por liquidar-nos en 1997 que se sucederon no interior do partido e fora del, ocasionaron-nos un dano moi severo que estivo a piques de facer-nos desaparecer definitivamente. Porén, no 2003 conseguimos iniciar un proceso orientado á reconstrucción partidária. Neste esforzo estamos até a vitória final.

Hai 57 anos, a organización comunista adoptou o nome de Partido Guatemalteco do Traballo. Os comunistas de hoxe, firmes e comprometidos coa clase obreira e o povo guatemalteco, estamos empeñados no obxectivo da reconstrucción do noso glorioso partido e en avanzar na estratéxia revolucionária que nos permita a toma do poder e a construcción do Socialismo, por ser este o único proxecto político capaz de garantir á clase obreira e ao povo en xeral un mañá diferente, unha Guatemala mellor.

Saúdamos a todas e todos os comunistas revolucionários e organizacións do povo guatemalteco, facemos-lles un chamamento para que non se deixen atrapar polas "posibilidades" do sistema e para recuperar o proxecto, o programa e a estratéxia da revolución democrática e popular.

PARTIDO GUATEMALTECO DO TRABALLO
VIVE



Ler máis

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com