Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O xenocídio da Unión Patriótica
18/09/2006


ANNCOL
Por José María Carbonell


O xenocídio da U.P. demostra o xeito de exercer o poder da oligarquia e o império. 5.000 membros da U.P. asasinados desde 1985, incluindo 2 candidatos presidenciais, senadores, representantes á Cámara de Deputados, concelleiros, alcaldes e membros de base, amosan a dimensión do Terrorismo de Estado en Colómbia.

Os dias 14, 15 e 16 celebra-se en Bogotá o I Encontro Nacional de Coordenacións Rexionais de Vítimas e Familiares do Xenocídio contra a Unión Patriótica.

Será o momento para homenaxear ás vítimas do maior xenocídio cometido contra partido político algún do que teña coñecimento a história mundial. Realizaremos a comemoración sinalando que as 5.000 vítimas deste extermínio foi -e é- cometido polo estado colombiano, levado a cabo en moitos casos polas próprias forzas militares e noutros por bandas narco-paramilitares dirixidas polos primeiros.

As primeiras vítimas: Administración de Virxílio Barco

A Unión Patriótica nace da sinatura dos Acordos de La Uribe o 28 de maio de 1985 entre as FARC e o governo colombiano presidido por Belisário Betancur Cuartas, como un partido político legal, recoñecido polo estado colombiano, no que participaban non só membros da guerrilla senón activistas e militantes de organizacións políticas de esquerda como o Partido Comunista Colombiano e outros sectores.

Nas primeiras eleizóns nas que participa a U.P., en 1986, acada 320.000 votos, un éxito para a esquerda no país (2,93%) e elixe 5 senadores, 9 representantes á Cámara, 14 deputados departamentais, 351 concelleiros e 23 alcaldes. Mais os inimigos da Paz, aplicando a nefastra progringa Doutrina de Seguridade Nacional, representados en sectores das forzas militares e membros da oligarquia que viron a sua permanéncia no poder en perigo, adiantan o Plano "Baile Vermello" e de 1985 a 1986 xa foran asasinados 243 membros da U.P.

En 1986, xa na administración de Virxílio Barco Vargas (1986-1990), o representante á Cámara, Leonardo Posada, é asasinado o 30 de agosto e o senador Pedro Nel Jiménez o 1 de setembro do mesmo ano.

Os asasinatos continuan e en 1987 son asasinados máis de 150 dirixentes. Ese ano comenten-se os asasinatos do senador Pedro León Valéncia (14 de agosto), o magnicídio de Jaime Pardo Leal (candidato presidencial) o 11 de novembro, cuxo braxo executor foi Gonzalo Rodríguez Gacha, alias "O Mexicano", membro do Cartel de Medellín, baixo a dirección da Brigada de Intelixéncia Militar (BIM). O 14 de decembro é asasinado o Representante Octávio Vargas Cuellar.

No ano 1988, a U.P. obtén o 0,74% da votación, sentindo-se os efectos da campaña de extermínio que ese ano se cobrara a vida de máis de 300 dirixentes. Mália isto, acada nas chamadas eleizóns de "mitaca" 13 deputados, 15 alcaldes e 256 concelleiros. A campaña de extermínio é sistemática, cobrando-se a vida de 5 deputados, 45 concelleiros e 4 alcaldes; ademáis de 9 candidatos a Consello, 5 a Alcaldia e 1 a Deputado.

Durante 1989 a campaña de extermínio toma a dimensión das masacres contra as povoacións que apoiaban á U.P., ano no que, quizais, se produce o maior desprazamento de líderes desta organización política. As FARC anúncian o retiro dos seus representantes na U.P., e a continuidade da sua loita armada. Este anos son asasinados José Antequera, o 3 de marzo de 1989, nun atentado no que resultou tamén ferido o entón senador Ernesto Samper Pizano, quen se achegara a saudá-lo casualmente. Gabriel Jaimes é asasinado o 27 de outubro.

Como resumo, durante o governo de Virxílio Barco Vargas -pai da hoxe embaixadora colombiana en Washington- foron asasinados 1 candidato presidencial, 2 senadores, 2 representantes á Cámara, 5 deputados departamentais, 45 concelleiros e 4 alcaldes municipais.



A continuidade do xenocídio

Durante a administración de César Gavíria Trujillo (1990-1994), a política de extermínio continua, mália existir conversar de paz coas FARC e outros grupos guerrilleiros e aprovar-se a Constitución de 1991, que pretendia ser un mecanismo para reconciliar aos colombianos. Para a Asemblea Constituinte, a U.P. -pésie á campaña de extermínio- participa nestas eleizóns e elixe a dous membros: Alfredo Vásquez Carrizosa e Aída Abella.

O 22 de marzo de 1990 foi asasinado Bernardo Jaramillo Ossa, candidato presidencial da U.P., sendo o segundo candidato presidencial asasinado. O 14 de setembro foi asasinado o deputado Carlos J. Vélez.

En 1992 puxo-se en marcha o plano "Golpe de Graza" coa continuidade do extermínio das comunidades de base políticas da U.P. Durante o ano 1993 foron asasinados 129 líderes da U.P., ao tempo que encetaba o "Plano Retorno", que consistia na criminalización dos líderes da U.P. que continuaban a sua loita legalmente e a utilización dos "Mocha-Cabezas"(1), a fin de criar terror nos simpatizantes da U.P.

O 9 de agosto de 1994 foi asasinado o senador da U.P. Manuel Cepeda Vargas.

Durante as administracións de Ernesto Samper Pizano e Andrés Pastrana continua-se coa política de extermínio da U.P.

As vítimas durante o governo de Álvaro Uribe Vélez

O governo de Álvaro Uribe Vélez non foi a excepción da aplicación da política de extermínio da U.P., embora ver esta organización política reducida a sua presenza a nível nacional polo asasinato dos seus líderes e simpatizantes e o desprazamentos das suas comunidades de base.

Durante os tres primeiros anos de governo de Álvaro Uribe Vélez foron asasinados máis de 150 membros da U.P. e do Partido Comunista Colombiano (PCC). O vicepresidente Francisco Santos e membros da campaña eleitoral de Uribe Vélez sinalaron nun anúncio radial que o extermínio da U.P. foi produto das suas relacións coas FARC, tenando botar un manto de impunidade á responsabilidade estatal.

O governo torpedeou o logro dunha "solución amistosa" ante a demanda dos familiares das vítimas ante a Corte Interamericana de Direitos Humanos (CIDH) polo xenocídio da U.P:, cuxa responsabilidade é negada sistemática e perversamente polos persoeiros governamentais. Do mesmo xeito, o governo persiste na persecución dos membros da U.P. que viven no exílio como única forma de salvar a vida.

Mais os povos non esquecen e no seu momento aplicarán a xustiza popular. Casos hai moitos e recentes.

Facemos hoxe, desde ANCCOL, unha sentida homenaxe aos camaradas da U.P. e do PCC que ofereceron as suas vidas por unha nova Colómbia. Vivirán por sempre na nosa memória e na história co seu exemplo revolucionário.

1. (NdT) Alcume de grupos paramilitares radicados especialmente na rexión bananeira de Urabá, afeitos a amputar as cabezas dos militantes de esquerda.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com