Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A ONU continua a reprimir aos seguidores de Arístide
06/09/2006
Disparos da ONU contra viciños dun bairro pobre de Haití

Znet (28/08/06)
Judith Scherr





Nunha investigación para avaliar se a vida en Haití mellorou baixo a nova presidéncia de René Préval, o empregado postal retirado David Welsh de Berkeley, e o activista do Comité de Acción por Haití, Ben Terrell, obtiveron unha amarga resposta... dos canóns dos rifles da ONU.

O xoves, Welsh, Terrell e outros tres integrantes dunha delegación que se reunira con activistas haitianos en Port-au-Prince, foron a Cité Soleil, un bairro desesperademente pobre onde Lavalas manten-se forte, á veira do mar. (Lavalas é o movimento político do líder popular Jena Bertrand Aristide, desaloxado pola forza do governo en 2004 por tropas estadounidense e exilado en Suláfrica. Despois da sua remoción, os EEUU enviaron marines ao país. Uns poucos meses depois, os marines foron substituidos por tropas da ONU que ocupan Haití actualmente.)

Acompañados por catros haitianos, os estranxeiros entraron en Simon Pele, un bairro de Cité Soleil, onde as forzas da ONU atacaran, supostamente, a viciños nas semanas anteriores. O plano do grupo consistia en entrevistar aos residentes para averiguar que pasara realmente.

"Vimo unha igrexa, un centro médico e unha escola completamente destruidos por explosións e non estaban en condicións de funcionar xamáis", dixo Welsh.

Ao pouco de empezar as entrevistas, viron catro veículos blindados aproximando-se. "Dous baixaron por unha rua e dous avanzaron pola rua onde estabamos", comentou Welsh cando foi entrevistado o sábado en Berkeley. Habia actividade nos postos do mercado diante das casas e habia moita xente na rua, incluidos nenos. Acompañando aos carros blindados tripulados por soldados brasileiros ia un camión cheo de area e unha pá mecánica, coa que formaron unha barreira na rua, "aparentemente para bloquear unha posível fuxida dos viciños", dixo Terrell nunha entrevista telefónica desde Haití o domingo.

Por mor da sua experiéncia prévia, a xente comprendeu que este era o primeiro paso dunha "operación" da ONU que remataria nun ataque sobre o bairro, dixo Welsh, engadindo que a pá mecánica e o camión semellaban atemorizar á xente máis que a visión familiar das tropas ocupantes na parte superior dos blindados.

Depois, as tropas dispararon. "Disparaban á rua e ao interior das casas", comentou Welsh, descrebendo os disparos como repetidos e, aparentemente, ao chou. Tanto Welsh como Terrel afirmaron sentir duas detonacións que viñan das vivendas desde onde se poderia ter devolto o ataque con armas de pequeno calibre.

Os soldados ignoraron aos estranxeiros, que filmaron e fotografaron o incidente coa esperanza de que a sua presenza poidese impedir un asalto a gran escala dos soldados da ONU sobre a xente. "Tentamos falar con eles, mais non quixeron", dixo Welsh, quen, durante algún tempo, estivo a unha distáncia de metro e meio do lugar desde onde os soldados disparaban. En certo momento, "vin a cinco ou seis brasileiros sair correndo dos carros e entrar no bairro".

En discusións con amigos haitianos, depois do incidente, Terrol asegurou que "a ONU non está a dicer a verdade a Préval, nen a aqueles que están no governo e queren axudar á xente. Están contando que a povoación dos bairros dispara primeiro. Iso non é o que nós vimos. As chamadas "forzas de paz" da ONU están desenvolvendo un papel moi destructivo. Se estes son casos lexítimos nos que é necesário arrestrar a algúen poderian mandar a policia".

Ese dia, segundo Terrell, houbo un morto e nove feridos, ainda que os membros da delegación, vendo-se obrigados a abandonar a zona por seguridade, non poideron comprobar estas cifras.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com