Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ricardo Alarcon, os asasinos de Miami e dous xornalistas desvergonzados
14/09/2006



Por Camilo

Onte, mércores 13 de setembro, tiven a oportunidade de seguir en directo unha rolda de prensa de Ricardo Alarcón na canle Cubavisión. Diante dunha morea de xornalistas de todo o mundo, o Presidente da cubana Asemblea Nacional do Poder Popular, no marco da XIV Cimeira do Movimento de Países Non Aliñados, repasou polo miudo todo o relacionado cos ataques terroristas aos que a Illa se ve sometida desde que rachara as ataduras coloniais do viciño do norte.

Ante familiares das vítimas do avión cubano que Posada Carriles derrubou no outubro de hai 30 anos, e onde morreron 73 persoas, Alarcón falou da complicidade deste co governo ianqui, sinalando que o maxistrado federal Norbert Garney recomendou a posta en liberdade de Carriles. Contrapuxo este proceso xudicial co dos Cinco: pan e rosas para quen derruba un avión civil e, polo de agora, 8 anos de prisión para quen tenta parar as mans a estes desgraciados mercenarios. Falou tamén doutras tristes figuras da gusaneira terrorista de Miami, como o criminal Orlando Bosch ou o non menos criminal Novo Sampoll.

Case unha hora de intervención sen papel por medio, demostrando que este fundador do Partido Comunista Cubano ten táboas de abondo para o que lle boten. Logo da charla veu o turno das perguntas. Xornalistas panameños, nicaraguenses, dominicanos, etc.. quixeron maís información sobre as relacións do goberno da Casa Branca cos terroristas de Miami, perguntaron tamén aspectos relacionados coa Cimeira. A nota surrealistas puxeronna dous pseudo xornalistas, un dunha televisión catalana e outro norteamericano.

O primeiro, despois do relatorio de Alarcón, onde citou informes oficiais ianquis, sentencias xudiciais e outros dados obxectivos, tan só quixo preguntar se a baixa temporal de Castro ia posibilitar cambios que "abriran" o modelo cubano. Non preguntaba se via posíbel nun futuro cambios nos xenocidas da Casa Branca, non. Tampouco lle interesaba a sorte dos Cinco, ou as manobras dos asasinos de Miami e de Washington. O seu anceio era a "abertura" de Cuba. Un pseudo xornalista que sabe quen lle paga, un simple can dos donos do pastel.

A pregunta do xornalisto ianqui foi ainda mellor, queria saber se non lle parecia, a Alarcón, unha falta de respecto paro co governo ianqui e os propios ianquis os grandes cartaces que o goberno cubano situou xunto á Oficina de Asuntos Norteamericanos, e onde se pode ler "Bush Terrorista". Na resposta de Alarcon, este utilizou as propias verbas de Bush: "Calquer acto de terrorismo internacional, xa sexa cometido por un Estado ou por un individuo, é unha ameaza á paz e a seguridade internacional e deve ser rexeitado inequívoca e uniformemente. De igual xeito, os Estados que amparen e axuden aos terroristas son tan culpábeis como os terroristas e deben ser chamados a render contas."



Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com