Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A ONU impón severas sancións a Corea do Norte
31/10/2006
Worker's World
Por Fred Goldstein




O Consello de Seguridade da Organización das Nacións Unidas votou 15 a 0 por impor sancións á República Popular Democrática de Corea, (RPDC) como represália á sua proba nuclear do 9 de outono. A resolución para impor sancións fixo-se através do Consello de Seguridade dirixido polo governo dos Estados Unidos, que ten 10.000 mísiles nucleares e é a única poténcia que utilizou armas nucleares nunha guerra.

As sancións violan a constitución da ONU, que recoñece o direito das nacións á sua autodefensa contra calquer agresión directa ou indirecta. Washington leva ameazando á RPDC con ataques nucleares desde a guerra de Corea de 1950-1953. As probas e o desenvolvimento de armas nucleares pola RPDC dan-se estritamente dentro do marco de infinitas ameazas por parte de Washington.

Recentemente a administración de Bush definiu á RPDC como parte do "eixo do mal", ameazou ao governo do Corea do Norte cun "cámbio de rexime" e autorizou ao Pentágono no 2002 para desenvolver "planos flexíveis" para usar armas nucleares contra estados que non as teñen, incluindo á RPDC, como tamén o autorizou a ser o primiero en atacar con armas nucleares. O Secretário de Defensa, Donald Rumsfeld ameazou á RPDC cun ataque nuclear no ano 2003. E o Pentágono comezou a desenvolver unha nova xerazón de armas nucleares dirixidas ao ataque das plantas subterráneas da RPDC e de Irán.

Outra parte do "eixo do mal" de Bush é Iraq, que foi ameazado cun "cámbio de rexime" após o 11 de setembro, e foi invadido e derrocado o governo de Saddam Hussein. Irán tamén está baixo constantes ameazas militares e económicas por parte de Washington.

A administración de Clinton ameazou duas veces á RPDC cunha guerra nuclear, unha vez en 1993 cando o governdo de Pyongyang dixo que este abandonaria o Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNPN) como resposta ás demandas de que devia permitir intrusivas inspeccións pola Axéncia Internacional de Enerxia Atómica (AIEA).

Un ataque contra as instalacións nucleares de Corea do Norte pola administración de Clinton foi paralisado só polas negociacións no último minuto entre o ex presidente Jimmy Carter e o entón líder norcoreano Kim Ill Sung. Clinton levou a cabo exercícios nucleares contra a RPDC en 1998.

Agora mesmo o Pentágono ten submarinos nucleares e mísiles destructores no mar perto da península coreana como tamén avións con capacidade nuclear na illa de Guam. Estados Unidos exercita probas militares regularmente que constituen práticas abertas para unha guerra contra a RPDC.

A imprensa capitalista chamou ao governo de Corea de Norte "paranoico" e "irracional". Paranoico quer dicer que se ven ameazas onde non existen. Irracional quer dicer que se fan cousas que non teñen sentido. As ameazas dun ataque nuclear polo governo dos Estados Unidos son reais e existiron claramente durante muitos anos. Polo que ten sentido tentar desenvolver un plano de prevención ante unha ameaza.

A resolución das sancións é "unha declaración de guerra"

A RPDC declarou ante a ONU que "a resolución non pode ser tomada doutro xeito que como unha declaración de guerra." De facto, a resolución de sancións viola a Constitución da ONU, que proibe actos de agresión e protexe o direito á soberania das nacións.

Do ponto de vista do imparável chauvinismo e prepoténcia imperialistas, a resolución pode ser considerada como "moderada" comparada cos requisitos orixinais que eran máis severos. Mais do ponto de vista da RPDC, as sancións especificadas na resolución só poden ser consideradas como un ataque contra a sua supervivéncia económica e militar e incluso contra a sua soberania como nación. A resolución está inzada de mandatos arrogantes de estilo colonialista.

"Demanda" que a RPDC free calquer proba nuclear ou lanzamento de foguetes balísiticos. "Decide que a RPDC suspenda toda actividade relacionada co seu programa de foguetes balísiticos" e que "abandone todas as armas nucleares e programas nucleares existentes completa, verificável e irreversívelmente".

Isto non é todo. A sección 8 da resolución decide que "todos os estados membros" impedirán o "subministro, a venda ou a transferéncia á RPDC" de "calquer tanque de combate, veículo de combate blindado, sistema de artillaria de alto calibre, aeronave de combate, helicóptero de ataque, buque de guerra, foguete ou sistema de foguetes ...ou materiais relacionados, incluindo repostos". Chama incluso á prevención de calquer "adestramento técnico, servizo de asesoramento ou asisténcia relacionada co subministro, manufactura ou utilización" dos materiais militares especificados.

Isto equivale a un mandato para minar totalmente o aparello militar da RPDC precisamente cando está ameazada de guerra.

Chama a todos os estados membros a conxelar de imediato os fondos, outros activos ou recursos económicos que estexan nos seus territórios ...que pertenzan ou estexan controlados, directa ou indirectamente por persoas ou entidades ...que participen ou proporcionen apoio a armas nucleares ou programas de foguetes balísticos.

Require que todos os estados membros "tomen todos os pasos necesários para impedir a entrada no seu território das persoas designadas... por ser responsáveis de, ou incluso por apoiar ou promover, as políticas da RPDC en relación aos ...programas relacionados co nuclear, os foguetes balísiticos, xunto a membros das suas famílias".

Esta estipulación virtualmente proibe a todos os oficiais de governo, líderes de partidos, ou persoas militar e os seus familiares viaxar, agás teñan permiso das grandes poténcias.

Tamén esixe a revisión de todo carregamento que entre ou saia da RPDC. Esta demanda de que outros países revisen carregamentos da RPDC pode ser considerada, en si mesma, como unha demanda de acto de guerra.

Nengunha ameaza desde Corea

A histéria máis recente impulsada pola administración de Bush e os meios comunicativos é a suposta "ameaza" da RPDC de levar a cabo unha segunda proba nuclear. Están todos actuando como se a RPDC estivera ameazando á povoación dos Estados Unidos.

Ao contrário que a administración Bush, a RPDC prometeu non ser a primeira en lanzar unha arma nuclear. Noutras palavras, o programa de armas nucleares da RPDC é estritamente un freo contra un posível ataque nuclear lanzado por Washington. Tamén é lóxica militar que a RPDC non encete unha guerra nuclear contra o poder imperialista que ten armas nucleares de abondo como para eliminar o planeta.

A única "ameaza" causada polas probas nucleares da RPDC é a ameaza ás ambicións nucleares do imperialismo estadounidense en Ásia e a ameaza á sua capacidade de comezar unha "guerra preventiva" e levar a cabo "o cámbio de rexime" na RPDC, unha meta que ten desde hai tempo e que gañou forza coa queda da Unión Soviética e dos países socialistas da Europa do Leste.

A RPDC xa experimentou unha guerra, dirixida polos Estados Unidos, na que 4 millóns de coreanos morreron e todas as aldeas, vilas e cidades do país foron bombardeadas. A RPDC foi atacada nesa ocasión pola mesma razón que agora: por ser un país socialista que non se dobrega ante o imperialismo.

Corea foi dividida por Washington após a Segunda Guerra Mundial. As forzas coreanas de liberación dirixidas por Kimm II Sung expulsaran aos imperialistas xaponeses de Corea, acabando así con 35 anos de brutal colonización nipona. Mais o sul foi ocupado por tropas estadounidenses que entón foron armadas fortemente polo Pentágono para prerarar a guerra cos revolucionários socialistas do norte.

O governo da RPDC, estabelecido en 1948, ofereceu en múltiplas ocasións as bases para superar a crise. Formulou demandas para o recoñecimento da sua soberania e para garantir que os Estados Unidos non atacaran o norte da península, para normalizar as relacións cos Estados Unidos, incluindo a sinatura dun pacto de paz para rematar formalmente a Guerra Coreana. A RPDC ofereceu numerosas propostas para a desnuclearización da península coreana e da rexión circundante.

Pola sua banda, Washington aumentou as suas ameazas e as suas demandas arrogantes e intimidantes co obxectivo de acrecentar as tensións. Acurralou á RPDC nunha esquina onde ten que submeter-se ás ameazas imperialistas ou loitar pola sua vida. A RPDC elexeu loitar na defensa da sua salvación nacional. É o governo estadounidense a verdadeira ameaza á paz e á estabilidade.



Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com