Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Raul Kossoy e Ana Maria Estevao, mártires do Partido da Liberación da Arxentina
11/10/2006

Liberación nº 220, Outubro 2006
Periódico do Partido da Liberación da
Arxentina


No Liberación nº 209 publicamos un artigo completo sobre os camaradas Raul Kossoy e Ana Maria Estevao, que o 20 de outubro de 1975, en pleno governo de Isabel Perón e a Triple A, foron secuestrados e asasinados a tiros na zona sul bonaerense.

Alí lembrabamos que "Os camaradas traballaban e militaban nesa zona, onde Raul atendia políticamente a fábricas onde o partido tiña influéncia, como Rigolleau en Berazateguie Astilleros Rio Santiago en Ensenada. Ana Maria era xornalista do quincenário La Voz de Solano, muito querida e aprezada alí e en toda a zona. O seu velório e o seu enterro foi multitudinário. En setembro de 1976 desapareceu o camarada de orixe paraguáia Santiago Servín, director desta publicación".

Os asasinatos foron parte da tarefa represiva do governo lopezreguista de Isabel. Esa fase foi impulsada polo imperialismo e a oligarquia para que fixera parte do traballo suxo e adiantara a axenda da ditadura. Despois ese governo foi apartado dun manotazo e colleron o seu lugar os representantes do terrorismo de Estado e da entrega maiúscula do país.

Como parte da educación política das novas xerazóns e da homenaxe a aqueles loitadores, o Partido da Liberación fomentou que a Tendéncia Clasista 29 de Maio puxera os seus nomes aos Centros Populares. Así é que un Centro Popular se chama "Ana Maria Estevao" e outro "Raul Kossoy" en Floréncio Varela. Funcionan perto un do outro, como Raul e Ana traballaban no Partido. E están en casas de traballadores desocupados, parte dese povo sinxelo que os dous representaron coa sua loita. Como eses centros participan da loita por Pan e Traballo, pode-se dicer que Raul e Ana continuan tamén nesa pelexa xunto con novos compañeiros.

Este 20 de outubro os dous serán lembrados e homenaxeados en Floréncio Varela.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com