Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Bertolt Brecht no cinema de Julio García Espinosa
17/11/2006
La Jiribilla, Nº 288
Por Johanna Puyol





Bertolt Brecht revolucionou a arte dramática coas suas irreverentes ideas verbo do papel do actor e do espectador ante a representación teatral. Os conceitos que separan o seu teatro da dramatúrxia clásica fixeron del un dos grandes pensadores da esquerda do século XX, esas que fan posível un público obxectivo e crítico, socialmente activo, que non se ve atrapado emocionalmente pola ficción. Non só abriron novos camiños criativos no seu campo, senón que tiveron repercusion noutras artes afíns.

É o caso do cinema de Julio García Espinosa, en cuxas películas se adaitan as ideas do dramaturgo alemán á ficción cinematrográfica cunha visión novedosa e de calidade artística que ten poucos paralelos no mundo. Para este cineasta, fundador e xestor do Novo Cinema Latinoamericano e do cinema cubano posrevolucionário, é esencial o que chamou "o espírito liberador de Bertolt Brecht" na conceizón das suas obras e na criazón dun cinema auténtico que rache cos esquemas actuais da indústria cinematográfica mundial. Comenta-nos Julio García Espinosa, a propósito do 50 cabodano da morte de Brecht, aspectos da sua relación con Brecht, ao que considera o seu mestre.


Como naceu o seu interese pola obra de Bertolt Brecht?

Comecei a coñecer o teatro de Bertolt Brecht cando estaba a estudar cinema en Europa, nos anos 50. Eixstian dous nomes que descobrín namentres estudaba alí en Itália: Stanislavsky e Bertolt Brecht; mais as teorias de Stanislavsky, como resultaba relativamente óbvio, eran de doada adaitación á actuación teatral ou cinematográfica, mentres que as de Brecht era complicado pensá-las para o cinema.

Xa nos anos 60, Vicente Revuelta, que é o máis grande teatrista que deu Cuba, apresentou obras de Bertolt Brecht en La Habana: Madre Coraje, Galileo Galilei, A alma boa de Se-Chuan... Foi quen deu a coñecer a Brecht en Cuba. Eu estaba moi ligado a Vicente porque cando chegamos de Europa comezamos a estudar xuntos marxismo para entender mellor a realidade, e deste xeito tamén se foi criando o Teatro Estudio. Esa relación fixo-me traballar con el en teatro e, finalmente, cando entrou Brecht en cena puden decatar-me de que algunhas das cousas que eu estaba emprendendo nos anos do triunfo da Revolución eran semellantes ás ideas coas que este traballaba.

As duas primeiras películas que fixen ao triunfo da Revolución, Cuba baila e El joven rebelde, teñen unha dramatúrxia tipo Hollywood. O máis que podia pensar era que non estaban moi ben feitas e que podia mellorá-las dentro desa mesma dramatúrxia, ainda que realmente coidaba que non era o meu camiño facer esa dramatúrxia perfeita. Incluso cheguei a escreber un traballo intitulado Por un cinema imperfeito no ano 1969. Mais xa cando filmo Aventuras de Juan Quinquín, en 1967, conto a mesma história de El joven rebelde, ainda que feita con outra dramatúrxia, unha máis identificada cos postulados de Bertolt Brecht, onde se ve que o cinema é unha ficción e non se trata de disimular como se estivéramos apresentando a realidade. Onde se trata de xogar limpo, para menos alienación do espectador; farcer-llo ver que está ante unha ficción. A actuación era decisiva ao deixar en claro que se trata dun actor, non do personaxe. Digo isto simplificando moito o que é a teoria de Bertolt Brecht, claro.

Participou recentemen, único representante de América Latina, no encontro en memória de Bertolt Brecht organizado en Alemaña. Cais foron as circunstáncias dese convite?

Chegou-me, efectivamente, unha convidación para a comemoración en Berlín do 50 cabodano da morte de Bertolt Brecht. Convidaron-me porque entendian que como cineasta eu soubera levar as ensinanzas de Brechet ao cinema. Ise foi, para min, a louvanza máis grande que fixeron, xa que cando un fai unha película cunha estrutura distinta á dramatúrxia de Hollywood, semella que apelícula non está ben feita. Polo xeral, todo o mundo cria cinema sobre a base, como dixo Peter Greenaway, de facer "novelas ilustradas". É unha dramatúrxia na que se fixeron grandes películas, ainda estar xa un pouco vencida. O seu síntoma máis evidente é que cando un ve unha película de Hollywood fala dos actores máis que das personaxes, cando deve ser o contrário, deve un sair máis impactado polas personaxes que polos actores. Porén, a grande atracción mercantil de Hollywood é tentar gañar-se ao público através da relación cos actores.

Recebín esta convidación e fun a Berlín. Foi a Fundación Marx e Engels quen promoveu o encontro de homenaxe a Brecht. Participaron personalidades como o italiano Dario Fo, prémio Nobel de literatura; tamén psicólogos, filósofos e dramaturgos, mais o único cineasta, non xa de Cuba senón de todo o mundo, convidado a esta homenaxe fun eu. Alí apresentei unha ponéncia intitulada "A miña relación con Bertolt Brecht", que se vai publicar no próximo número da revista Cine Cubano, en decembro. Alí analiso paso a paso o meu traballo cos postulados de Brecht até culminar nesta convidación.

Cal foi o legado de Brecht para as artes dramáticas e, por extensión, para o cinema?

Coido que o máis importante é recuperar o espírito crítico do espectador. Un non quer ser un encantador, non quer fascinar ao público, non quer que o público se entregue pasivamente. O aporte de Brecht, tanto en teatro como en cinema, é acadar un espectador máis livre, un espectador co que compartir ideas, que vexa neste cinema ou teatro o que está na vida, é dicer, o sentimento e o pensamento. Case todo o cinema tenta procurar a emoción exclusivamente; Bertolt Brecht ensina a relacionar o pensamento co sentimento como se apresenta na vida. Penso que isa é unha posibilidade moi importante, que o espectador teña a oportunidade de se distanciar e de sentir placer co que está aprendendo, o que está compartindo. Pensar pode ser tamén un placer. Favorecen-se máis hoxe as películas que non nos obrigan a pensar. Non estou contra as películas de entretimento, ainda que é necesário que o placer non proveña só de desconectar-se da realidade. O que nos propoñemos é que pensar sexa realmente un placer, que sentir-se intelixente sexa o maior dos placeres. É un proceso chegar a este ponto, mais paga a pena.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com