Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado sobre os acontecimentos de Oaxaca do Partido Democrático Popular-Revolucionário-Exército Popular Revolucionário
01/11/2006
Comité Estatal do Partido Democrático Popular Revolucionário
Comandáncia Militar de Zona do Exército Popular Revolucionário
Oaxaca de Juárez, 31 de outubro de 2006.

AO POVO DE OAXACA.AO POVO DE MÉXICO.
AOS POVOS DO MUNDO.
AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN NACIONAIS E INTERNACIONAIS.
AOS ORGANISMOS DEFENSORES DOS DIREITOS HUMANOS.

IRMÁS, IRMÁNS, CAMARADAS:

A intervención da Policia Federal Preventiva no noso Estado non significou nengunha derrota do movimento popular oaxaqueño, ao contrário, fortaleceu as conviccións e os desexos de continuar a loita. A incursión da PFP na nosa cidade unicamente aumentou o repúdio e a organización de sectores do noso povo que se mantiñan á marxe e que hoxe se incorporan á loita; a violéncia inxusta dos militares multiplicou a resisténcia desde as barricadas e a vontade de defender a nosa cidade.


Fox e Calderon equivocaron-se ao tentar dobregar o movimento maxisterial-popular, equivocou-se o "grande estratega" Eduardo Medina Mora, exdirector do CISEN e hoxe secretário de seguridade pública federal; equivocou-se Diódoro Carrasco; equivocaron-se o PRI e o PAN ao quer impor o terror e a guerra a un movimento civil e pacífico.
Será caro para monseñor Abascal nos seus desexos de reeleizón, por decidir acabar co diálogo e a negociación através da represión; a hipocresia de xurar no nome de deus e manchar as mans coa sangue do noso povo amostran o que significa para a ultradireira a negociación e o diálogo. A resposta do noso povo foi de grande heroismo e defendou o movimento coa forza da razón, da dignidade e da organización.
As barricadas nas nosas colónias e bairros son sinónimo de resisténcia civil, mais tamén dun grande aprendizaxe histórica para o futuro, as barricadas son xa escola revolucionária para o movimento popular, onde a loita contra os opresores demostra a atitude valente de mulleres e homes livres.

Nesta grande escola esta-se a forxar o noso povo para combater a imposición governamental, xa sexa estatal ou federal; chame-se Ulíses Ruiz ou Felipe Calderón.

A toma do Zócalo por parte dos soldados foi unha vitória caricaturesca e se coidan que con isto van deter o movimento popular van errar novamente. Ainda cometendo as maiores atrocidades contra o povo, non poderán deter este descontente social que se ven xeralizando e acrecentando no Estado e no País, inevitávelmente confluiremos todas na loita revolucionária.

Se Ulises Ruiz pensa "governar" co apoio permanente da PFP, non será capaz xa que o movimento popular sempre atopara distintas formas de loita para impedir a política autoritária do priismo.

Coa orde de Fox e Calderón queda demostrado o selo co que este rexime fascista resolverá os conflitos sociais e o trato que se dará á oposición e á crítica; Fox e Abascal deven ser enxuizados política e penalmente pola sua responsabilidade directa na morte de cidadáns oaxaqueños e a violación dos direitos humanos nesta nova guerra suxa que se leva a cabo contra o movimento legal e pacífico; Calderón deve ser expulsado de Los Pinos apartir do primeiro de decembro por impostor e por validar a represión ao protexer os intereses mafiosos do priismo.

Aos oligarcas e aos seus administradores, Fox, Calderón, Ulises, Abascal, dicemos-lles que a história ainda non rematou, para nós é só o comezo de novas etapas e formas de loita, a vitória será do noso povo heroico e digno.

Compañeiros: que os desclasados da Policia Federal Represiva non nos intimiden, continuemos tomando medidas para evitar a dispersión, a desorganización e a desmobilización. Para isto é necesário que:

1. Manteñamos a unidade maxisterial-popular por riba de calquer desacordo táctico.

2. O maxistério suspenda toda negociación con governación e pospoña o regreso a aulas até que a PFP se retire do noso estado. Que se suspenda a guerra suxa emprendida contra o noso povo e saia o cacique Ulises Ruiz.

3. Continuemos fortalecendo as barricadas, coa presenza física e a defensa criativa destas.

4. Convoquemos en datas próximas unha grande mobilización popular estatal para repudiar a presenza da PFP, esixir a saida imediata de Ulises Ruiz e a declaración de persoa non grata na nosa cidade de Felipe Calderón.

5. Continuemos afianzando as relacións coa povoacións, colónias, bairros, centros de traballo, persoas dispostas a mobilizar-se para condenar a represión e defender a dignidade dos oaxaqueños.

6. Continuemos impulsando a autodefensa popular como resposta á agresión governamental.

7. Combinemos os recursos da loita legal, semiclandestina e clandestina, para evadir a detención, desaparición forzada e o asasinato da dirección do movimento popular.

8. Estabelezamos pontos de reencontro e reorganización fora do cerco policiaco-militar, por delegacións, centros de traballo, coletivos, organizacións, núcleos e manteñamos o controlo dos compañeiros para evitar desaparicións e infiltracións.

9. Estabelezamos formas de comunicación alternativas que permitan a información do movimento popular.

10. Coordenemos eficazmente o movimento nas rexións, para continuar respostanto coa organización, a mobilización e as accións políticas, continuemos todas as formas de loita até a saida de Ulises Ruiz.

11. Emprendamos un cerco popular aos corpos policiais e militares que están apostados nalgúns pontos da nosa cidade, evidenciemos que son un exército de ocupación sen respaldo popular.

12. Xeralicemos a organización, a mobilización e as accións políticas de masas en repúdio á accións represiva do governo federal e estatal, masifiquemos o rexeitamento ás políticas do PAN e o PRI reflectidas en duas personaxes: Felipe Calderón e Ulises Ruiz.

13. Continuemos organizando comboios desde os diferentes pontos do país en solidariedade co povo oaxaqueño, que a solidariedade internacional se concrete en accións políticas de repúdio ao rexime fascista de Fox e Calderón.

14. Manter-se en contacto permanente cos organismos non governamentais nacionais e internacionais de Defensa dos Direitos Humanos para que observen, denúncien e estabelezan mecanismo para a proteccións dos direitos humanos do povo oaxaqueño.

15. Informar-se, detectar e denúnciar os pontos de reunión, das rutinas e movimentos de tropas e mandos dos compos policiais e militares locais e da PFP.

16. Informar-se, detectar e denúnciar aos delatores e paramilitares.

POLA UNIDADE DE TODO O POVO!FORA A PFP DE OAXACA!
POLA LIBERDADE DOS PRESOS POLÍTICOS DE OAXACA E DO PAÍS!
APRESENTACIÓN IMEDIATA DOS DESAPARECIDOS!

POLOS NOSOS CAMARADAS PROLETÁRIOS!
RESOLTOS A VENCER!

POLA REVOLUCIÓN SOCIALISTA!
VENCER OU MORRER!

COA GUERRA POPULAR!
O EPR TRIUNFARÁ!

Etiquetas:

1 Comments:
  • At 11/17/2006 07:04:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Caros Camaradas

    Saúdo vossa luta, que considero minha também, pois os desmandos das elites na América Latina, estão a cada dia destruindo o que de pouco resta aos deserdados, de nosso continente.

    Viva a Revolução Socialista
    No México
    No Brasil
    Na América Latina e no Mundo

    Comite Executivo
    Bandeira Vermelha - Braço Armado do Partido Comunista Operário Revolucionário - Brasil

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com