Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Criado o Mando Político Unificado da Resisténcia Iraquiana
03/11/2006
Por Carlos Varea, Pedro Rojo e Houmad El Kadiri
Iraqsolidaridad, 31/10/06

O anúncio da criazón do MPURI é trascendental, ao unificar práticamente a base social, política e militar anti-ocupación, integrando a persoalidades e organizacións tanto da Frente Patriótica Nacionalista e Islámica como do Congreso Fundacional Nacional Iraquiano, até agora dous blocos ben relacionados mais sen conexisón formal entre si. Isto significará un notável reforzamento do campo anti-ocupación e da sua resisténcia armada, nun momento no que EEUU recoñeceu por meio do seu embaixador en Bagdad novos contactos con sectores da resisténcia iraquiana e petición de intermediación a países árabes viciños, pasos que, ainda que imediatamente desmentidos por voceiros de formacións armadas iraquianas, evidéncian cando menos as tentativas da Administración Bush de frear o colapso final da ocupación.



Izzat Ibrahim, ex vice primeiro ministro iraquiano, peza clave na unión da resisténcia anti-imperialista




Remitindo-nos a distintas fontes iraquianas, o diário independente editado en Londres en árabe al-Quds al-Arabi confirmou na sua edición do dia 27 de outubro a criazón do denominado Mando Político Unificado da Resisténcia Iraquiana (MPURI), após "contactos e xestións" entre persoalidades e organizacións sociais, políticas e militares do campo anti-ocupación e contrário ao proceso político imposto polos EEUU.

Interlocutores iraquianos da Campañá contra a Ocupación e pola Soberania de Iraq (CEOSI) tanto no interior do país como en Europa confirmaron a esta a criazón do MPURI.

O MPURI está formado por 25 membros (15 do exterior e 10 do interior de Iraq) que representan ao Partido Baaz Árabe Socialista, a Alianza Patriótica Iraquiana, o Comando Xeral das Forzas Armadas (integrado por antigos mandos militares), as correntes de "comunistas patrióticos" opostos á liña colaboracionista das dirección do Partido Comunista Iraquiano, a Asociación de Ulemas Musulmáns (a máxima instáncia relixiosa sunní de Iraq), o aiatolá shií Ahmed al-Hussaini al-Bagdadi, a Corrente Nacionalista e Naserista e o Exército al-Rashidín, o Exértico Islámico e as Brigadas da Revolución de 1920, estas tres últimas formacións tamén militares, a primeira integrada por ex militares e as duas restantes de filiación islamista sunní no takfirista.

Colapso da ocupación

O anúncio da criazón do MPURI é trascendental, ao unificar práticamente a base social, política e militar anti-ocupación, integrando a persoalidades e organizacións tanto da Frente Patriótica Nacionalista e Islámica como do Congreso Fundacional Nacional Iraquiano, até agora dous blocos ben relacionados mais sen conexisón formal entre si.

Isto significará un notável reforzamento do campo anti-ocupación e da sua resisténcia armada, nun momento no que EEUU recoñeceu por meio do seu embaixador en Bagdad novos contactos con sectores da resisténcia iraquiana e petición de intermediación a países árabes viciños, pasos que, ainda que imediatamente desmentidos por voceiros de formacións armadas iraquianas, evidéncian cando menos as tentativas da Administración Bush de frear o colapso final da ocupación.

Entre os membros deste mando político figuran Qais Mohamad Nuri (baazista), Jader Wahid al-Murshidi (vinculado ao aiatolá shií al-Bagdadi), Auni Qalamyi, Ahmed Karim, Yusef Hamdam, Abdelyabar al-Kubaysi, Abderrazaq al-Saadi, Abdelkarim Hani, Arshed al-Zibari, Buzina Nasiri, e representantes da Asociación de Ulemas Musulmáns.

Segundo fontes iraquianas consultadas, o ex viceprimeiro ministro de Iraq, Izzat Ibrahim seria o nexo de conexión nos contactos entre as persoalidades e organizacións políticas, militares e comunitárias que integran o MPURI.

Un comunicado da dirección do Partido Baaz -no que esta formación recoñece o carácter plural da resisténcia iraquiana e reitera o seu compromiso nun proxecto integrador e democrático de reconstrucción nacional de Iraq- anticipou a criazón en poucos dias desta nova estrutura do campo anti-ocupación, sen dúvida unha moi boa nova para a causa da liberación de Iraq.



Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com