Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Derrota dos republicanos no Congreso e Senado dos EEUU..., e que?
09/11/2006
Por MadialeVa

Todos os presidentes dos Estados Unidos, desde George Washington a George W. Bush, foron presidentes xenocidas. Os líderes dun país que medrou escravizando, invadindo, e bombardeando. Por que ia ser unha boa nova que Bush perda estas eleizóns? Alguén me pode dicer por que foi mellor Clinton? Non foi Clinton responsável de inumeráveis crimes contra a humanidade?



Só desde 1945 Estadous Unidos atacou a China (1945-1946), Corea (1950-1953), Guatemala (1954), Indonésia (1958), Cuba (1959-1960), Guatemala (1960), Congo (1964), Perú (1965), Vietnam (1961-1973), Laos (1964-1973), Guatemala (1967-1969), Camboia (1969-1970), Salvador (1980), Nicarágua (1980), Granada (1983), Líbia (1986), Panamá (1989), Iraq (1991-2006), Bósnia (1995), Sudán (1998), Afganistán (1998), Xugoslávia (1999), Afganistán (2001). E só falamos de ataques directos. Poderiamos engadir as inumeráveis ocasións e lugares os que os seus asasinos profisionais acaban coa vida de loitadores anti-imperialistas, como o patriota portorriqueño Filiberto Ojeda Rios.

Todos presidentes imperialistas sen nengún respeito polo resto dos povos do mundo. Todos eles merecentes dun tribunal internacional por xenocídio. Cando alguén anticapitalista sexa o presidente dos EEUU, entón será motivo de ledícia. Mentres tanto, o mellor que lle pode pasar a o próximo presidente ianqui, sexa Bush ou sexa alguén dos demócratas, é receber unha mínima parte da dor que sementaron e sementan por todo o planeta.

É por iso polo que non gosto desta teima anti-Bush, personalizando os males dun sistema económico nunha persoa. Como se o dia que Bush perda a presidéncia dos EEUU, rematará o imperialismo norteamericano. Coido que o problema non é que determinado presidente sexa parvo, reaccionário ou conacho perdido. No antibushismo pode militar desde un colunista dese imperialismo progre que representa El País até un franquista dos de toda a vida. O antibushismo é tan amplo que non di nada. O anticapitalismo é a clave, aí xa empezan a cair as máscaras.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com