Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Estados Unidos: un país rico, uns cidadáns pobres
05/11/2006
El Mundo
Pablo Pardo





Mike non pode mercar un rifle. E iso ten que ser duro para alguén que luce unha gorra da Asociación Nacional do Rifle nun mitin de Karl Rove, o máximo estratega eleitoral de George W. Bush.



Este italoamericano enorme, vestido cunha camisola coas barras e as estrelas da bandeira dos Estados Unidos, semella a quintaeséncia do estadounidense de interior. E alí estaba, o venres, co seu fillo Charly, de oito anos, nun local ás aforas da vila de Florence, en Kentucky, no meio dunha xeada espectacular, no mitin de Rove.

Canto custa o rifle? "Un entre 500 e 5.000 dólares", explicaba Mike. "Ainda que as cousas non andan ben. Dixen-lle a Rove que agradeza ao Presidente o seu intento de dar isencións fiscais á educación, de xeito que o diñeiro que pagamos en impostos e que vai parar ao sistema educativo volva ás nosas mans e poder enviar aos nosos fillos a escolas relixiosas".

Mike, que ten 46 anos, é católico, e non quer que os seus tres fillos se eduquen "nunha escola na que está proibido falar de Deus".

Os problemas de Mike son representativos dos de moitos estadounidenses. Este é un país rico. O seu PIB crece máis que o de ningún país desenvolvido. A taxa de aumento da sua povoación tamén é própria dunha economia emerxente. O país acadou este martes o seu habitante número 300 millóns.

Mais os norteamericanos non son ricos. E, ainda que a cifra máxica dos 300 millóns -só acadada pola Índia e China- provoque un estourido de patriotismo, os norteamericanos están preocupados polo seu futuro.

A maioria dos norteamericanos coida que os seus fillos vivirán peor que eles, unha porcentaxe que non se acadaba desde a recesión do ano 1990.

A desconfianza sobre a sua clase política está xeralizada, despois de que o autoproclamado partido dos valores leve un ano ininterrumpido de escándalos. E ise é un dos elementos definitórios das eleizóns lexislativas do 7 de novembro, nas que a formación política do presidente Bush pode perder o controlo dunha das duas Cámaras do lexislativo.

"Non está claro se os demócratas van gañar votos, ou se simplesmente vai existir un voto de castigo aos republicanos", explicou a El Mundo o profesor de Ciéncia Política da Universidade de Cincinnati, Michael Margolis.

INSATISFACCIÓN

Ademáis de polos escándalos, a economia dá abondosos motivos de insatisfacción. Ser estadounidense é como ser empregado dunha empresa que cada dia ten máis benefícios, e cada dia paga menos aos seus empregados. Iso no caso de que gañe máis de verdade e non sexan trucos de contabilidade. Porque a medición do crecimento económico dos Estados Unidos ten trampa.

Washington mide-o tendo en conta as melloras da produtividade no sector do software, un conceito coñecido como prezos hedónicos. Iso permite reducir a inflación e aumentar -cando menos, estatísticamente- a producción.

É o único país que usa ese modelo que, de aplicar-se ao Estado español, elevaria en 0,80 pontos porcentuais o crecimento en cada trimestre. Mais o certo é que o crecimento económico, sexa o grande que sexa, non afecta a todos os estadounidenses.

Todo nos Estados Unidos vai ben. Agás os salários. E, sobretodo, os dos pobres. O salário mínimo oficial está estabilizado en 5,15 dólares brutos a hora (é dicer, sen descontar impostos) desde 1996. Iso significa que o poder adquisitivo dos traballadores que o perceben caiu un 20% nestes 10 anos, polo que 19 estados o elevaron unilateralmente.

Ademáis, na agricultura non hai nengún salário mínimo. Traballa-se polo que sexa. E, ainda cobrando máis que o salário mínimo, as cousas non van ben para os norteamericanos.

Os soldos meios levan descendo desde 2001, agás no caso de quen ten ingresos brutos superiores a 900.000 dólares anuais. Se as famílias estadounidenses sobreviven actualmente é grazas a tres factores: a incorporación da muller ao mercado laboral, os baixos tipos de interese e o boom da vivenda, que fan que a xente solicite créditos sen parar coa sua casa como aval.

Agora, estas tres patas están amosando moita fraxilidade. Desde que Bush chegou á Casa Branca, a porcentaxe de povoación que traballa o procura emprego desceu un ponto, até o 63,1%.

Asemade, a era de baixos tipos de interese rematou. E a coñecida burbulla imobiliária esta-se a pinchar.

Un panorama difícil nu país no que case non hai sanidade pública, e no que, desde que George W. Bush chegou ao poder, os prezos dos seguros médicos creceron un 100%.

Mentres, a matrícula das universidades públicas creceu en termos reais un 275% desque o actual presidente ocupa a Casa Branca, e a das privadas -as únicas que verdadeiramente permiten acceder á clase meia- un 75%.

Así que non é raro que até Mike duvide que, co que aforra de impostos, poidese mandar aos seus tres fillos a un coléxio privado relixioso. "Teriamos que facer un esforzo en casa"·, admite con resignación. O rifle terá que agardar.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com