Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A herdanza é para os marxistas
07/11/2006
Cecília Fleta
El Pais 03/11/06





Se os pais de Michael May ergueran a cabeza e viran o que fixo o seu fillo coa herdanza que lle deixaron, volverian morrer do desgosto. Cando Michael May,arquitecto prexubilado de 57 anos, herdou após a morte da sua mai, hai agora dous anos, decidiu facer unha grande doazón ao Partido Marxista Leninista de Alemaña (MLPD). O MLPD, que tan só contas cuns 2.300 militantes e non está representado en nengún parlamento, recebeu de May dous millóns e meio de euros, a doazón máis elevada a un partido alemán desde a II Guerra Mundial.

"Aos meu pais non lles gostaria", recoñece May. "Seguramente preferirian que o dera a algunha organización caritativa, se non o queria gastar eu", engade. Os pais de May non estaban afiliados a nengún partido político, "nen sequer votaban sempre aos mesmos", di. Mais dar todo o seu diñeiro ao partido marxista leninista... Porén, May defende a sua decisión. Despois de 25 anos traballando na minaria na zona do Ruhr, explica, chegou á conclusión de que o MLPD era o único que respaldaba aos traballadores na loita polos seus direitos. Hoxe, continua a sua actividade política no partido e no sindicato da minaria IG BCE, participando en todos os actos e manifestacións.

May non era mineiro. Era o arquitecto encarregado de elaborar os informes periciais dos desperfeitos que a extracción nas minas provocaba nas casas próximas, para calcular así as indenizacións a pagar. Mais como empregado da Deutsche Steinkohle AG, a empresa que explota todas as minas de carbón de Alemaña, fixo sempre causa común cos mineiros.

Hoxe, prexubilado cun soldo de 2.000 euros netos mensuais, gaña suficiente para os seus gastos e non precisa luxos. Ademáis de diñeiro, May herdou duas casas en Düsseldorf e vendeu unha delas. A outra, un edifício de vivendas que están alugadas, continua sendo propriedade sua. Ainda así, May vive de aluguer: paga 400 euros mensais por unha vivenda nun agradável bairro de casas de ladrillo chamado Meerbeck, en Moers.

Conduce o mesmo Skoda Fabia que tiña antes e asegura que non lle importan os luxos nen as grandes viaxes. A pensión paga as viaxes. "a semana próxima imos a Gran Canária a bailar salsa", explica ilusionado. Acostuma ir coa sua noiva a un local da viciña cidade de Duisburgo, onde un cubano dá aulas de baile. "Dixeron-nos que en Gran Canárias hai bons locais de salsa así que imos á praia e a praticar os pasos", di cun sorriso de orella a orella.

"Eu non necesito o diñeiro. Os meus pais xa me deron suficiente: unha educación, estudos, unha formación intelectual". Do mesmo xeito, considera que a sua filla de 29 anos tivo todas as facilidades para estudar e construir un futuro e non necesita este diñeiro. A herdanza procede dos aforros de toda a vida do seu pai, arquitecto con estudo próprio en Düsseldorf. Ainda que non di canto herdou exactamente, asegura que non lle queda moito, agás ese edifício de vivendas, porque xa deu a maior parte ao partido.

Para Stefan Engel, presidente do MLPD, a doazón de May non foi nengunha surpresa. "Hai máis de 20 anos que nos dixo que nos daria a sua herdanza cando morrera a sua mai", di Engel no seu despacho da se central do partido en Gelsenkirchen. No curos dunha reorganización, o partido está montando novas ses en várias cidades do país e formando persoal para elas. A isto adicarán a doazón de May.

O MLPD está vixiado polo Instituto Federal para a Protección da Constitución, o servizo secreto interior alemán, pola sua "orientación maoísta-estalinista" e a sua incompatibilidade coa Constitución do país.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com